Felicitación de Nadal 2018
Enviado por portalcafi a Lun, 17/12/2018 - 14:06Summary:
Summary:
Summary:
O vindeiro 16 de febreiro desenvolveremos no CAFI o curso Claves para as aulas de português do século XXI para o profesorado de português.
Referencia en fprofe: G1802004
Data de realización: sábado 16 de febreiro de 2019
Data límite de inscrición: 01 de febreiro de 2019
Lugar de celebración: aula 11, primeiro andar do CAFI en Santiago de Compostela
Localización do CAFI: preme
Prazas: 25
Duración: 8 horas presenciais
Relatores: Silvia Capón Sánchez (EOI de Vigo)
Enlace a fprofe: preme
Enlace á aula virtual: preme
Obxectivos
1. Achegarse ás novas correntes metodolóxicas empregadas no ensino de portugués.
2. Enriquecerse do emprego das TIC para a clase de portugués.
3. Introducir a planificación, deseño e avaliación dun proxecto.
Contidos
1. As novas metodoloxías no ensino de portugués .
2. O emprego das novas tecnoloxías na ensinanza do portugués.
3. Introdución á aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
Summary:
O vindeiro 16 de febreiro desenvolveremos no CAFI o curso Chiavi per le corsi d'italiano nel secolo XXI (Elementi chiave nei corsi di italiano L2 del XXI secolo. Tradizione e innovazione: laboratorio e condivisione di buone pratiche) para o profesorado de italiano.
Referencia en fprofe: G1802003
Data de realización: sábado 16 de febreiro de 2019
Data límite de inscrición: 01 de febreiro de 2019
Lugar de celebración: aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela
Prazas: 25
Duración: 8 horas presenciais
Relatores: María Cristina González Piñeiro e Luis Antonio Xuncal Pereiro (EOI de Santiago de Compostela)
Enlace a fprofe: preme
Nesta actividade desenvolveremos os seguintes temas de traballo:
- A didáctica lúdica.
- A mediación.
- As novas tecoloxías.
- A avaliación formativa.
Summary:
O vindeiro 19 de xaneiro desenvolveremos no CAFI o curso Grammatik einfach erklären und verstehen mit Sprachtypologie para o profesorado de alemán. Esta actividade está organizada en colaboración coa Asociación de Xermanistas.
Referencia en fprofe: G1802066
Data de realización: sábado 19 de xaneiro de 2019
Data límite de inscrición: 08 de xaneiro de 2019
Lugar de celebración: aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela
Prazas: 25
Duración: 6 horas presenciais + 2 horas non presenciais
Relatora: Roswitha Althoff (EOI VIgo)
Enlace a fprofe: preme
Obxectivos
1. Ensinar a expresión típica alemá para acercar a estrutura da lingua alemá ao alumnado da forma máis axeitada.
2. Ensinar a orde dos elementos na oración dunha maneira holística e cunha estrutura común, non coma un número de regras sen conexión entre si.
3. Ensinar a expresión gramatical e pronuncia desde o punto de vista da utilidade comunicativa e non suxeitas a esquemas de análise lingüística.
Contidos
1. Ensino da expresión do gusto de forma máis asequible e a expresión do desprazamento de forma máis axeitada.
2. A traslación de verbos casteláns ou galegos a adverbios alemáns.
3. Ensino dos relatores lóxicos, o perfecto, a declinación do adxectivo, as oracións relativas, os verbos que rexen preposicións...
Summary:
26 de xaneiro de 2019
Salón de actos do Pazo de San Roque
(Rúa de San Roque, 2 - 15704 - Santiago de Compostela)
Ligazón a fprofe: preme
09:30 h - 10:00 h - Recollida de documentación
10:00 h - 10:15 h - Presentación e inauguración da xornadas.
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística
Elvira María Casal García, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística
Sabela Gil Gil, coordinadora central dos EDLG
10:15 h - 11:00 h - Toponimízate e a dinamización da lingua - Vicente Feijoo Ares - Seminario de Onomástica da Real Academia Galega
11:00 h - 11:40 h - A oralidade nos camiños do vento - Manuel Maseda Deán (IES Maximino Romero de Lema, de Baio)
11:40 h - 12:00 h - A dinamización do galego a través dos proxectos eTwinning - Marcos Vence Ruibal (IES San Clemente, de Santiago de Compostela)
12:00 h - 12:20 h - Pausa
12:20 h - 12:40 h - Cholo e Nela: a dinamización desde a educación infantil á contorna - Ignacio Hermida González e Carlos Luís Rodríguez Calvente (CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas, do Barco de Valdeorras)
12:40 h - 13:00 h - Construíndo a comunicación na infancia desde un laboratorio audiovisual - Ana Isabel Pérez Tomé (CEIP do Carballal, de Marín)
13:00 h - 14:00 h - Visita guiada á exposición Alba de Gloria no Panteón de Galegos Ilustres
16:00 h - 16:30 h - A lingua e a gamificación - Ana María Fernández Moreiras (IES A Cachada, de Boiro)
16:30 h - 16:50 h - Está ben ser diferentes - Verónica Fernández Vázquez (CEIP de Cervo)
16:50 h - 17:45 h - Applícate o conto e Misterio no cole de Cea - Martiño Ramos Soto e Francisco Manuel Paradelo Rodríguez (CPI Virxe da Saleta, de Cea) - (CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel, de Ourense)
CuntiStar, normalización e dinamización máis alá das aulas - Natividad J. Diéguez Pardo e Javier Carballo Vales (CPI Aurelio Marcelino Rey García, de Cuntis)
17:45 h - 18:15 h - Pausa
18:15 h - 18:45 h - Os medios de comunicación e a promoción da lingua: Informadeiro e roteiros virtuais - Serxio Rosales López (CEIP de Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa)
18:45 h - 19:15 h - A lingua delas, a nosa lingua: un proxecto de innovación en dinamización da lingua por Lidia Fernández Pastoriza e Avelino Turnes García (IES Aquis Celenis, de Caldas de Reis)
19:15 h - 20:00 h - aRi[t]mar ou a divulgación da lingua no ámbito da lusofonía - A. Gonzalo Constenla Bergueiro (EOI de Santiago de Compostela).
Actuación de Lois Pérez
20:00 h - 20:10 h - Clausura
Summary:
Referencia: G1801028
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 26/02/2019 -- 15/05/2019
Data límite de inscrición: 15/12/2018
Lugar: Na Rede (Platega)
Prazas: 100
Horas totais: 40
Destinatarios: Educación secundaria obrigatoria.
Criterios de selección:
1.- Profesorado de ensino secundario.
2.- Os criterios do Plan de Formación.
Obxectivos:
1.Propiciar o coñecemento e utilización de GeoGebra para o desenvolvemento de diversos temas na ESO.
2.Elaborar figuras para o seu uso nas explicacións do profesorado e/ou para a súa utilización ou construción directa polo alumnado.
3.Facilitar recursos didácticos xa elaborados susceptibles de utilización directa na aula.
Contidos:
1.Descrición do programa GeoGebra.
2.Contidos para 1º ESO.
3.Contidos para 2º ESO.
4.Contidos para 3º ESO.
5.Contidos para 4º ESO.
Asesor:
Javier Seoane Bascoy (cafi.tic.programas@edu.xunta.es)
Summary:
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity College.
Trinity College. GESE grados 7 a 9. Nivel B2
- Código en fprofe: G1802037
- Ligazón a fprofe
- Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 25-30 minutos que se desenvolverá entre o 06/05/2019 e o 10/05/2019. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de 30 m.
- Data límite de inscrición: 20/03/2018
- Lugar de celebración: Aulas 12 e 13 do CAFI en Santiago de Compostela
- Número de prazas: 100
Summary:
Referencia: G1801043
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 23/01/2019 - 27/03/2019
Data límite de inscrición: 15/12/2018
Lugar: Na Rede (Platega)
Prazas: 50
Observacións prazas:
O curso está pensado para ter un coñecemento máis amplo desta ferramenta de autor; pódese considerar como un curso avanzado ou de continuación do xa ofertado en Platega chamado <Creación de recursos educativos con Ardora>
Horas totais: 40
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Criterios de selección: Terá preferencia o profesorado que teña realizado o curso <Creación de recursos educativos con Ardora>
Obxectivos
1.Desenvolver proxectos didácticos interactivos en formato web para as aulas.
2.Ser quen de englobar distintos contidos nun único espazo.
3.Coñecer as posibilidades de avaliación que o programa presenta.
Contidos
1.Os paquetes de actividades Ardora.
1.1.Paquetes de actividades, aspectos avanzados. A avaliación con Ardora. O servidor Abalar.
2.Páxinas multimedia.
2.1.Web 2.0. Zoom. Galería de imaxes. Libro. Pizarra.
2.2.Dashboard. Panorama interactivo. Texto e imaxes. Pestanas e acordeóns.
3.Páxinas en servidor.
3.1.O servidor http. Xestión de usuarios. Anotacións colectivas. Liñas de tempo. Unha nube, o xestor de arquivos.
4.Os espazos web.
4.1.Os espazos web. Os programas de FTP.
Asesora responsable da actividade
Tania Rodríguez García (cafi.tic.recursos@edu.xunta.es)
Summary:
Referencia: G1801039
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 16/01/2019 - 27/02/2019
Data límite de inscrición: 15/12/2018
Lugar: Na Rede (Platega)
Prazas: 50
Observacións prazas: Imprescindible un dominio mínimo no manexo do ordenador e Internet a nivel usuario.
DESTINATARIOS:
590 - Profesores de ensino secundario (Bacharelato, ESO e Ciclos Formativos)
OBXECTIVOS:
1.Adquirir conciencia cidadá expresada a través das ferramentas de comunicación a distancia pero con responsabilidades iguais ás que podemos ter noutras actuacións.
2.Adquirir coñecementos básicos sobre as compras a través de Internet e os aspectos relacionados.
3.Coñecer os dereitos dos compradores de Internet e as vías para exercelos.
CONTIDOS:
1.Seguridade en Internet.
2.Compras na Rede.
3.Correo electrónico.
4.Banca electrónica.
5.Vías de resolución de conflitos.
6.Manexo da ferramenta Simulador de Compras da Escola Galega de Consumo.
7.Aplicacións na aula.
ASESOR RESPONSABLE:
Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)
Summary:
Do mesmo xeito que en anos precedentes, volverase desenvolver unha nova edición da actividade S1802048 “Xornadas de Actualización Fiscal “, programada para profesorado da familia de Administración e Xestión.
Obxectivos:
1.Analizar as novidades da normativa fiscal para o ano 2019.
2.Confeccionar a documentación utilizable.
3.Realizar supostos prácticos de aplicación.
Esta actividade terá lugar na biblioteca do CAFI os días 6, 12 e 13 de febreiro en horario de 16:30 a 19:30 horas .
Enlace Fprofe:
https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=89308