G1801039 Comercio electrónico. Plan Proxecta

Curso na Rede de 30 horas que se celebrará do 16 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2019. Está destinado ao profesorado de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos. Inscrición en fprofe ata o 15 de decembro. 50 prazas.
Mér, 28/11/2018 - 11:34
G1801039 - Curso "Comercio electrónico" - Plan Proxecta
G1801039 - Curso "Comercio electrónico" - Plan Proxecta

Referencia: G1801039
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  16/01/2019  -  27/02/2019
Data límite de inscrición: 15/12/2018
Lugar: Na Rede (Platega)
Prazas:  50
Observacións prazas: Imprescindible un dominio mínimo no manexo do ordenador e Internet a nivel usuario.

DESTINATARIOS:

590 - Profesores de ensino secundario  (Bacharelato, ESO e Ciclos Formativos)

OBXECTIVOS:

1.Adquirir conciencia cidadá expresada a través das ferramentas de comunicación a distancia pero con responsabilidades iguais ás que podemos ter noutras actuacións.

2.Adquirir coñecementos básicos sobre as compras a través de Internet e os aspectos relacionados.

3.Coñecer os dereitos dos compradores de Internet e as vías para exercelos.

CONTIDOS:

1.Seguridade en Internet.

2.Compras na Rede.

3.Correo electrónico.

4.Banca electrónica.

5.Vías de resolución de conflitos.

6.Manexo da ferramenta Simulador de Compras da Escola Galega de Consumo.

7.Aplicacións na aula.

ASESOR RESPONSABLE:

Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)