G1801043: Creación avanzada de recursos educativos con Ardora

Curso na Rede de 40 horas que se celebrará do 23 de xaneiro ao 27 de marzo de 2019. Está destinado ao profesorado de todos os niveis educativos. Inscrición en fprofe ata o 15 de decembro. 50 prazas.
Lun, 03/12/2018 - 10:59
Creación avanzada de recursos educativos con Ardora
Creación avanzada de recursos educativos con Ardora

Referencia: G1801043
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  23/01/2019  -  27/03/2019 
Data límite de inscrición: 15/12/2018
Lugar: Na Rede (Platega)
Prazas:  50 
Observacións prazas: 
O curso está pensado para ter un coñecemento máis amplo desta ferramenta de autor; pódese considerar como un curso avanzado ou de continuación do xa ofertado en Platega chamado <Creación de recursos educativos con Ardora>
Horas totais: 40
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Criterios de selección: Terá preferencia o profesorado que teña realizado o curso <Creación de recursos educativos con Ardora>

Obxectivos

1.Desenvolver proxectos didácticos interactivos en formato web para as aulas.

2.Ser quen de englobar distintos contidos nun único espazo.

3.Coñecer as posibilidades de avaliación que o programa presenta.

Contidos

1.Os paquetes de actividades Ardora.

   1.1.Paquetes de actividades, aspectos avanzados. A avaliación con Ardora. O servidor Abalar.

2.Páxinas multimedia.

   2.1.Web 2.0. Zoom. Galería de imaxes. Libro. Pizarra.

   2.2.Dashboard. Panorama interactivo. Texto e imaxes. Pestanas e acordeóns.

3.Páxinas en servidor.

   3.1.O servidor http. Xestión de usuarios. Anotacións colectivas. Liñas de tempo. Unha nube, o xestor de arquivos.

4.Os espazos web.

   4.1.Os espazos web. Os programas de FTP.

Asesora responsable da actividade

Tania Rodríguez García (cafi.tic.recursos@edu.xunta.es)