Gallego

Plan anual de Formación do Profesorado 2019/20

Summary: 

Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/20
Gallego

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2019/20.

Para consultas e inscricións en actividades formativas do vindeiro curso, cómpre entrar en www.edu.xunta.gal/fprofe

Descarga aquí o plan:

Plan Anual de Formación do Profesorado 2019/20
Plan Anual de Formación do Profesorado 2019/20

G1814011: Conferencia de Andria Zafirakou (Global Teacher Prize 2018)

Summary: 

O vindeiro 27 de maio contaremos con Andrea Zafirakou no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Gallego

Data: 

27/05/2019

Lugar: 

Palacio de Congresos - Santiago de Compostela

Tema: 

Sección: 

Áreas-CAFI: 

G1814011: Conferencia de Andria Zafirakou (Global Teacher Prize 2018)

Summary: 

O vindeiro 27 de maio contaremos con Andria Zafirakou no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza unha conferencia aberta a todo o profesorado galego o luns día 27 de maio ás 18:30 horas no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago.

A conferencia correrá a cargo de Andria Zafirakou,  galardoada co Global Teacher Prize 2018 (coñecido como o “Nobel de Educación”) polo seu traballo por unha escola inclusiva, atendendo á diversidade nun dos barrios con maior diversidade cultural de Londres.

Contarase con tradución simultánea.

Para poder asistir, debe inscribirse en FPROFE, na actividade con código G1814011.

G1814011: Conferencia de Andria Zafirakou (Global Teacher Prize 2018)

Premios internacionais de alfabetización da UNESCO 2019

Summary: 

Convocatoria dos Premios internacionais de alfabetización da UNESCO 2019
Gallego

Xa poden presentarse candidaturas para os Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO, edición de 2019.

Estes premios valoran a excelencia e a innovación no campo da alfabetización, desde  1967. Recoñecéronse máis de 490 proxectos e programas emprendidos por gobernos, organizacións non gobernamentais e persoas de todo o mundo.

Cada ano, os premios organízanse arredor dun tema específico. O enfoque deste ano é sobre "Alfabetización e multilingüismo".

Estes premios compóñense actualmente dos dous Premios UNESCO de Alfabetización Rey Sejong, patrocinados pola República de Corea e dos tres premios UNESCO-Confucio de Alfabetización, patrocinados pola República Popular China.

O proceso de nominación levarase a cabo a través dunha plataforma na Rede. Os solicitantes poden acceder ao formulario de solicitude na Rede solicitando a creación dunha conta de usuario a través desta ligazón: www.unesco.org/ilp/account.

A data límite para as nominacións é o domingo 23 de xuño de 2019.

Tamén atopará información relevante no sitio web dos Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO: http://en.unesco.org/themes/literacy/prizes

Calquera consulta relacionada co proceso de solicitude e nominación debe dirixirse á Secretaría dos Premios Internacionais de Alfabetización da UNESCO (teléfono: +33 1 45 68 08 59; correo electrónico: literacyprizes@unesco.org ).

 

UNESCO
UNESCO

Convocatoria dos cursos de verán 2019 MEFP - UIMP

Summary: 

Vén de publicarse a convocatoria dos cursos de verán 2019 do Ministerio de Educación y Formación Profesional en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo
Gallego

Trala publicación no BOE, o pasado día 9 de abril, vén de abrirse o prazo para presentar a solicitude de participación nalgún dos cursos de verán que parten do Ministerio de Educación y Formación Profesional, en colaboración coa UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo). Trátase dunha iniciativa cunha ampla traxectoria dentro da formación do profesorado. Este año inclúe catorce cursos de formación. Todos eles contemplan 30 horas presenciais no mes de xullo e, ademais, dez deles inclúen unha fase na Rede de 20 horas que se levará a cabo de setembro a novembro.

Estes cursos supoñen unha excelente oportunidade para que os docentes das distintas comunidades autónomas intercambien experiencias e coñecementos, o que supón, ademais dunha extraordinaria experiencia formativa, unha enriquecedora experiencia a nivel persoal.

Incluíronse nesta ocasión unha ampla variedade de temáticas, que cobren desde o pensamento computacional á coeducación, pasando polos proxectos colaborativos ou os recursos educativos abertos. Esta é a listaxe concreta:

 

Semana do 1 ao 5 de xullo

  • Sevilla: “Os espazos naturais como recursos educativos”
  • Madrid: “Metodoloxías innovadoras para unha nova escola (no centenario do Instituto-Escuela)”
  • Valencia: “Un REA é para sempre. Educación Aberta na aula”
  • Santander: “Aulas pola igualdade: o valor de coeducar”
  • Huesca: “Proxectos colaborativos en contextos plurilingües”
  • A Coruña: “FP e innovación tecnolóxica. Industria 4.0”
  • A Coruña: “Estratexias para a innovación metodolóxica nos ciclos formativos de FP”

 

Semana do 8 ao 12 de xullo

  • Madrid: “A arte como recurso educativo”
  • Tenerife: “Achégate ao Cosmos”
  • Sevilla: “Pensamento computacional e Intelixencia Artificial: de cero a cen nun verán”
  • Cuenca: “O papel de FOL (Formación e Orientación Laboral) e EIE (Empresa e Iniciativa Emprendedora) nos títulos de FP”
  • Santander: “A educación de persoas adultas. Máis alá dunha visión compensatoria”
  • A Coruña: “Aprendizaxe activa e significativa en clases STEM”
  • Valencia: “Avanzando cara a prácticas inclusivas nos centros escolares”

 

Para realizar a solicitude, os interesados deberán acceder á seguinte páxina: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-no-universitario/cursos-y-jornadas/cursos-verano-profesorado.html. Nela poden verse tanto o texto da propia convocatoria, cos pasos a seguir para a solicitude, como a descrición dos distintos cursos. Ademais, pode consultarse a entrada do blog co anuncio: https://intef.es/Blog/cursos-de-verano-2019. O prazo de solicitudes finaliza o 9 de maio ás 12 horas.

 

Existe un cancelo oficial de Twitter para la convocatoria: #MEFP_UIMP2019.

 

Cursos Verán MEFP - UIMP
Cursos Verán MEFP - UIMP

G1802017 EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras

Summary: 

Xornada de linguas estranxeiras dentro do marco EDUlingüe2020
Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza a Xornada G1802017 EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras, unha xornada de linguas estranxeiras enmarcada nas experiencias EDUlingüe2020.

EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras terá lugar o sábado 4 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

O programa inclúe conferencias, experiencias e comunicacións presentadas por persoas relatoras de diversos contextos académicos e diferentes nacionalidades que abordarán temas como as dimensións do contido e a avaliación en CLIL, a mediación lingüística ou a ludificación na aula de lingua estranxeira. Tamén contaremos coa participación de profesorado de diversos centros educativos galegos que presentarán as súas experiencias en CLIL e no ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras: o programa de dobre titulación Bacharelato e de Baccalauréat Bachibac, os intercambios escolares, as linguas estranxeiras en STEM e ARTS, entre outras.

EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras tamén conta coa visión do alumnado que participou en diferentes programas da Estratexia EDUlingüe2020, que amosará experiencias en primeira persoa para achegar reflexións desde a súa propia perspectiva.

Data: 4 de maio

Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela)

A actividade está aberta a todo o profesorado.

Inscrición en Fprofe co código G1802017.

EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras
EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras

VII Encontros de Educación Infantil e Primaria

Summary: 

Encontros de Educación Infantil e Primaria 2019
Gallego

Data de celebración: sábado 11 de maio

Lugar de celebración: Auditorio Abanca (Preguntoiro 23) Santiago de Compostela

Horario: 9:30 -  20:00h

Horas: 8 horas

A celebración dos VII Encontros de Educación Infantil e educación primaria xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e facer visible boas prácticas de aula. Para a elaboración do programa tivéronse en conta as orientacións da Unión Europea en materia educativa, e recollidas na LOMCE que apostan por metodoloxías activas e contextualizadas que se axusten ao nivel competencial do alumnado e que favorezan a motivación por aprender.

Obxectivos:

-Analizar a situación do ensino en educación infantil e educación primaria na actualidade

-Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas

-Propiciar o intercambio de experiencias de boas prácticas entre o profesorado

 

INSCRICIÓN EN FPROFE: G1803008 Encontros de Educación Infantil e Primaria

 

Encontros
Encontros Educación Infantil e Primaria

Probas DELF e DALF. Alianza francesa. Niveis B2 e C1

Summary: 

Exames oficiais DELF e DALF
Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

 

DELF. Alianza francesa. Nivel B2

 

- Código en fprofe: G1802071

  • Exame escrito: 7 de xuño de 2019, horario, de 09:30 a 13:00h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CIFP Compostela (en Santiago de Compostela).

  • Exame oral: o profesorado será convocado un día entre o 27 de maio e o 21 de xuño de 2019 nas Alianzas Francesas correspondentes. A duración do exame será de, aproximadamente, 30 minutos.

  • Data límite de inscrición: 12/04/2019

  • Prazas: 53

Para máis información: DELF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

 

DALF. Alianza francesa. Nivel C1

 

- Código en fprofe: G1802072

  • Exame escrito: 4 de xuño de 2019, horario, de 09:30 a 13:00h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CIFP Compostela (en Santiago de Compostela).

  • Exame oral: o profesorado será convocado un día entre o 27 de maio e o 21 de xuño de 2019 nas Alianzas Francesas correspondentes. A duración do exame será de, aproximadamente, 30 minutos.

  • Data límite de inscrición: 12/04/2019

  • Prazas: 25

Para máis información: DALF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

Probas DALF - DELF
Exames oficias das probas DALF e DELF

G1802069 Roteiro Federico García Lorca en Galicia

Summary: 

Roteiro literario por Galicia da man de Federico García Lorca
Gallego

O Departamento de Linguas do CAFI pon en marcha unha nova actividade que, baixo o título de Roteiro Federico García Lorca en Galicia, percorrerá os principais espazos vinculados a Lorca nas súas viaxes a Galicia. Faremos diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos e se achegará información da vinculación dese espazo co noso autor.

 

  • En lugo, da man de Henrique Alvarellos percorreremos os seguintes puntos: Catedral (primeira viaxe), Praza do Campo (primeira viaxe), Igrexa de San Domingo e San Francisco (primeira vaixe), Rúa San Marcos (tenda de fonógrafos de Luís Manteiga, cuarta viaxe), Deputación Provincial (cuarta viaxe), Rúa Quiroga Ballesteros (casa de Ramón Martínez López, cuarta vaixe) e a Muralla (primeira viaxe) e Hotel Méndez Núñez (primeira e cuarta viaxe).

 

  • Na Coruña, con Pedro Feal visitaremos a Porta Rel (primeira viaxe),  Igrexa de Santiago (primeira vaixe), Capitanía (primeira viaxe), Praza de María Pita (primeira e terceira viaxe), Teatro Rosalía de Castro (segunda e terceira viaxe) e a Torre de Hércules (primeira viaxe).

 

  • En Compostela, da man de Henrique Alvarellos adaremos pola Rúa do Vilar (primeira viaxe), Catedral (primeira viaxe), Praza da Quintana  (segunda e terceira viaxe), Bar Viño (segunda viaxe), A Ferradura (primeira e segunda viaxe), Praza do Hospital (primeira viaxe), San Martiño Pinario (primeira viaxe), Praza da Inmaculada (segunda viaxe), Arco Pazo de Xelmírez (segunda viaxe),San Francisco (primeira viaxe), San Paio de Antealtares (primeira viaxe), Colexiata do Sar (primeira viaxe), Fonseca (primeira viaxe) e San Domingos de Bonaval (primeira e segunda viaxe).

 

A data de realización da actividade será o 6 de abril de 2019.

O Código en fprofe para pode apuntarse é  G1802069.

 

 

 

 

,

 

Roteiro Federico García Lorca en Galicia
Lorca en Compostela

G1802012 Xornadas de Educación Inclusiva. Curso 2018-2019

Summary: 

Actividade formativa dirixida a todo o profesorado que imparte docencia nos niveis non universitarios na que darán a coñecer prácticas inclusivas e se favorecerá o contacto dos centros educativos coas entidades con convenio que prestan atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Gallego

DATA: 30 de marzo.

LUGAR: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia

 

A actividade ten por obxecto divulgar experiencias inclusivas na comunidade autónoma e promover a participación da comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.

 

Educación inclusiva
Educación inclusiva