Gallego

G1901054 - LibreOffice. Docencia e xestión de centro

Summary: 

Os obxectivos da actividade son instalar e manexar o paquete ofimático LibreOffice: procesador de textos, folla de cálculo e presentacións multimedia; elaborar diversos materiais de uso e xestión docente e coñecer as posibilidades metodolóxicas da utilización de LibreOffice como recurso didáctico na aula.
Gallego
  • Dirixido a profesorado de ensino secundario, profesorado técnico de formación profesional e mestres.
  • Curso realizado na Rede (50 horas non presenciais).
  • Temporalización: 11/02/2020  -  28/04/2020.
  • Contidos:
    1. Descarga e instalación do paquete LibreOffice. Configuración multilingua. Adición de dicionarios e tradutores. Xestión de actualizacións.
    2. Edición básica co LibreOffice - Writer.
    3. As presentacións co LibreOffice - Impress.
    4. Elementos de folla LibreOffice - Calc.
  • Código en fprofe: G1901054.

G1901054 - LibreOffice. Docencia e xestión de centro

S1901042 Developing Oracy and Literacy in English

Summary: 

Curso dirixido a profesorado de infantil, primaria e o primeiro ciclo da ESO no que se intentará desenvolver as competencias orais e escritas na lingua inglesa do profesorado asistente, ademais de proporcionar recursos prácticos para a aula, tales como apps, robótica...
Gallego

Relator: Paul Herron

  • Datas: 5, 12 e 19 de febreiro, de 17 a 20 horas

Relator: Javier Villanueva

  • Datas: 27 de febreiro, 5 e 12 de marzo, de 17 a 20 horas.

Relatora: Tamara Carreira

  • Data: 26 de marzo, de 17 a 19 horas. 

Lugar: CAFI, aula 9.

Ligazón a Fprofe

S1901042 Developing Oracy and Literacy in English

Data: 

05/02/2020 - 26/03/2020

Lugar: 

CAFI

Horario: 

17:00 - 19:00 / 20:00

Tema: 

Sección: 

Áreas-CAFI: 

S1901042 - Developing Oracy and Literacy in English

Summary: 

Curso dirixido a profesorado de infantil, primaria e o primeiro ciclo da ESO no que se intentará desenvolver as competencias orais e escritas na lingua inglesa do profesorado asistente, ademais de proporcionar recursos prácticos para a aula, tales como apps, robótica...
Gallego

Relator: Paul Herron

  • Datas: 5, 12 e 19 de febreiro, de 17 a 20 horas

Relator: Javier Villanueva

  • Datas: 27 de febreiro, 5 e 12 de marzo, de 17 a 20 horas.

Relatora: Tamara Carreira

  • Data: 26 de marzo, de 17 a 19 horas. 

Lugar: CAFI, aula 9.

Ligazón a Fprofe

S1901042 - Developing Oracy and Literacy in English

OBSERVA_ACCIÓN: resolución definitiva

Summary: 

Resolución definitiva do 16 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se publica a listaxe de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa “Observa_Acción” durante o curso 2019-2020.
Gallego

Data: 

16/12/2019

Lugar: 

CAFI

Áreas-CAFI: 

Roteiros literarios

Summary: 

Roteiros literarios para o Primeiro Trimestre do curso 2024 - 2025
Gallego

G2403004  - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Blas de Otero en Bilbao 

Este roteiro literario percorre os lugares que marcaron fitos na súa vida: nacemento, infancia, amores..., entre os seus queridos Bilbao e Orozko. 

  • Orozko, é o idílico paisaxe da familia materna que se liga ao campo, ao espertar do amor e á memoria dos antepasados: Ponte e praza do Concello, o frontón, o río, Casa-palacio Ugarte..

  • Bilbao é o berce da súa familia paterna e a cidade onde el mesmo naceu, pasou a súa infancia e fixo os seus primeiros estudos, marcando os seus afectos para sempre: RúaSan Agustín, Río Nervión, as Siete Calles, El Arenal, Rúa Hurtado de Amézaga, Rúa Alameda de Recalde, Rúa Egaña....

Datos importantes:

  • Data: 21 de setembro de 2024
  • Relator:  Ibon Arbaiza, director da Fundación Blas de Otero
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403004
  • Lugar: Orozko e Bilbao

 

--- o O o ---

G2403005  - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada 

O roteiro que vos presentamos é unha visita aos lugares que ben pola súa vida persoal, actividade artística ou política, teñen unha directa vinculación con Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

No longo período que vai desde 1907 a 1936, Castelao foi descubrindo valiosos elementos do rico patrimonio estradense (románico, cruceiros, pazos, paisaxes,...) e mesmo unha descuberta: a “Estela de Ouzande”, que o forneceron de imaxes que logo utilizaría na súa extensa e marabillosa obra e que nos levan da vila da Estrada a Ouzande, de alí a Guimarei, logo a Lagartóns, e desde alí a Oca co seu Pazo, Datos importantes:

  • Data: 05 de outubro de 2024
  • Relator:  Xoán Carlos Garrido e David Otero
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403005
  • Lugar: A Estrada

--- o O o ---

 

G2403008  - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Sophia de Mello Breyner Andresen 

Sophia de Mello Breyner Andresen naceu no Porto en 1919, pero viviu a maior parte da súa vida en Lisboa, onde morreu en 2004. Considerada unha das máis grandes escritoras portuguesas, foi a primeira muller en recibir o Premio Camões.

Con este itinerario búscase que o usuario percorra os espazos  para estar en contacto coa obra da escritora, colocándoa en paralelo cos lugares que a inspiraron. Con todo, non pretende condicionar a súa experiencia, senón máis ben marcar a pauta para un enfoque  único.

Datos importantes:

  • Data: 07 de decembro de 2024
  • Relator:  Fabrizio Boscaglia
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403008
  • Lugar: Lisboa

 

 

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Blas de Otero en Bilbao
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Sophia de Mello Breyner Andresen

S1903002 - A presentación de proxectos na comunicación e na oratoria

Summary: 

Presentacións eficaces e oratoria
Gallego

O contido do curso está totalmente orientado á práctica. Durante as clases aprenderás técnicas útiles para a preparación, desenvolvemento e peche dun discurso.

O obxectivo principal do curso é ensinarlles aos asistentes a realizar presentacións en público efectivas.

Este curso non pretende estandarizar a retórica dos participantes, senón axudarlles a atopar a retórica propia de cada un. Atopar ao seu propio orador.

O alumno aprenderá a:

- Analizar un discurso.

- Estruturar a liña narrativa dun discurso para que resulte eficiente.

- Comunicar de maneira eficiente encima dun escenario.

- Crear estratexias para a improvisación do discurso, e construción da  autoconfianza nun mesmo.

 

Relator: José Manuel Dopazo Mella

Datas:

- 29 - 01 - 2019: 17:30 - 21:00h
- 05 - 02 - 2019: 17:30 - 21:00h
- 12 - 02 - 2019: 17:30 - 21:00h
 

Lugar: CAFI (Santiago de Compostela)

 

A presentación de proxectos na comunicación e na oratoria.
A presentación de proxectos na comunicación e na oratoria.

G1901075 - Mocidade desmontando o patriarcado. Metodoloxía para o empoderamento xuvenil na prevención de violencias machistas. Plan Proxecta

Summary: 

Desmontando falsos mitos.
Gallego

Que é o  patriarcado? O  patriarcado é un modelo de organización social que lles dá privilexios aos homes sobre as mulleres. É un sistema que desenvolveron historicamente todas as culturas ao longo e ancho do planeta, que distribúe de maneira desigual o poder económico, político e social en función do sexo, e que ademais se presenta coma se fose a única forma de organización social posible. É un modelo  androcéntrico, é dicir, que sitúa ao home como centro e medida de todas as cousas, e presenta á muller como a alteridade, como o outro, o diferente, o que non é estándar. Por iso aceptamos que o termo home sirva para designar a toda a humanidade ou que o masculino se considere «linguaxe neutra».

O sistema patriarcal está na base das desigualdades entre mulleres e homes, e é o conxunto de valores e crenzas no que nos educaron. Ás veces custa velo, porque é algo que temos moi arraigado, témolo  interiorizado e normalizado.

As sociedades patriarcais asignan diferentes tarefas ás persoas en función da súa pertenza a un ou outro sexo: ás mulleres confíreselles un rol reprodutivo, ligado ao coidado da familia, ao sostemento do fogar e ao espazo privado, e aos homes un rol produtivo, o do traballo remunerado, o espazo público e a toma de decisións. É a división sexual do traballo, que fai unha repartición de roles en función do xénero pouco ou nada equitativo e provoca a dependencia das mulleres respecto dos homes.

A forma como esperamos que se comporte unha muller e como esperamos que se comporte un home son construcións sociais, como crer que as mulleres son máis cariñosas, que todas desexan ser nais ou que os homes teñen un impulso sexual irrefreable. Moitas das cousas que facemos e das decisións que tomamos, que cremos que facemos e decidimos libremente, están influídas pola ideoloxía patriarcal.

Que non te líen con falsos mitos!!

Se queres demontar o patriarcado, agardámoste!

G1901075 Mocidade desmontando o patriarcado. Metodoloxía para o empoderamento xuvenil na prevención de violencias machistas. Plan Proxecta

Datas:

  • 28 - 01 - 2019: 17:30 - 21:00h
  • 04 - 02 - 2019: 17:30 - 21:00h
  • 11 - 02 - 2019: 17:30 - 21:00h
  • 18 - 02 - 2019: 17:30 - 21:00h
  • 10 - 03 - 2019: sesión non presencial

Lugar: CAFI (Santiago de Compostela) - Aula 11

 

Mocidade desmontando o patriarcado.
Que non te líen con falsos mitos.

Probas DELF e DALF. Alianza francesa. Niveis B2 e C1

Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

 

DELF. Alianza francesa. Nivel B2

 

- Código en fprofe: G1902019

  • Proba escrita: luns 03 de febreiro de 2020, horario, de 09:30 a 12:00h . O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compo stela).

  • Proba oral: realizarase desde o 1 ao 25 de febreiro nunha hora determinada en cada Alianza francesa .

  • Data límite de inscrición: 16 de decembro de 2019

  • Prazas: 50

  • Observacións: non poderán ser seleccionadas as persoas candidatas que teñan acreditado o nivel B2 nin os mestres especialistas en francés.

Para máis información: DELF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

 

DALF. Alianza francesa. Nivel C1

 

- Código en fprofe: G1902020

  • Proba escrita: mércores 05 de febreiro de 2020, horario, de 09:30 a 13:30h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).

  • Proba oral: realizarase desde o 1 ao 25 de febreiro nunha hora determinada en cada Alianza francesa.

  • Data límite de inscrición: 16 de decembro de 2019

  • Prazas: 50

  • Observacións: non poderán ser seleccionadas as persoas candidatas que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en francés.

Para máis información: DALF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

Exames oficiais da probas DAFL e DELF
Exames oficiais da probas DAFL e DELF