G2202019 (grao 7, B2) G2202018 (grao 10, C1) Trinity College. GESE

As probas de Trinity College GESE (Graded Examination in Spoken English) están dirixidas ao profesorado que desexe acreditar o seu nivel en inglés, para os niveis B2 (grao 7) e C1 (grao 10).
Mér, 11/12/2019 - 12:32
Trinity College London.
Trinity College London.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidades ten interese en facilitarlle ao profesorado, preferentemente vinculado aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel desta lingua, a Consellería de Cultura, Educación e Universidades dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos por Trinity London College:

G2202020 - Trinity College GESE grao 7.Nivel B2 
G2202018 - Trinity College. GESE grao 10. Nivel C1 

Estas probas desenvolveranse de xeito presencial, en Santiago de Compostela, con probabilidade no CAFI, Centro Autonómico para Formación e Innovación, a través de videoconferencia. 

Para ter máis información sobre o desenvolvemento da proba, pódese remitir correo a cafi.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal

 

Trinity College. GESE grao 7. Nivel B2

  • Código en fprofe: G2202020
  • Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 15-20 minutos que se desenvolverá entre o 08/05/2023 e o 10/05/2023. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, de 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de media hora para comprobar o DNI, asinar a asistencia e recibir algunhas indicacións previas ao exame.
  • Lugar de celebración: CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago de Compostela.
  • Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en inglés.
  • O exame farase a través dunha videoconferencia co/coa examinador/a de Trinity College.
  • Número de prazas: 50

 

Trinity College. GESE grao 10. Nivel C1

  • Código en fprofe: G2202018
  • Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 25-30 minutos que se desenvolverá entre o 08/05/2023 e o 10/05/2023. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, de 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de media hora para comprobar o DNI, asinar a asistencia e recibir algunhas indicacións previas ao exame.
  • Lugar de celebración: CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago de Compostela.
  • Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en inglés.
  • Número de prazas: 50

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI