Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

S2401016 Análise e tratamento de datos con tecnoloxías intelixentes nos Polos creativos

Summary: 

Últimas prazas para o curso de Análise e tratamento de datos con tecnoloxías intelixentes nos Polos creativos
Undefined

Últimos días para inscribirte no curso de Análise e tratamento de datos con tecnoloxías intelixentes nos Polos creativos

Análise e tratamento de datos con tecnoloxías intelixentes con Polos creativos

G2401149 Ensinanza e aprendizaxe baseados en datos. Un camiño cara á acción e á inclusión

Summary: 

Gallego

Desenvolver a alfabetización de datos é crucial por dúas razóns clave.

  • En primeiro lugar, os datos poden brindar información sobre a dinámica da aula, o benestar do alumnado e a inclusión, o que axuda a deseñar actividades de aprendizaxe máis efectivas.
  • En segundo lugar, co auxe da tecnoloxía educativa baseada en datos —como os sistemas de xestión da aprendizaxe, os paneis de control e as ferramentas de aprendizaxe adaptativa—, é esencial avaliar críticamente como estas ferramentas inflúen no ensino e a aprendizaxe.

Este curso presenta principios clave e estratexias prácticas para o uso eficaz de datos na educación. Explorarás como os docentes recompilan e interpretan datos para mellorar a aprendizaxe dos estudantes, personalizar a instrución e fomentar aulas inclusivas. Ademais, explorarás prácticas de datos na aula con espírito crítico; reflexionarás sobre a ética e os beneficios dos datos, así como sobre as ferramentas dixitais baseadas en datos.

G2401149  Ensinanza e aprendizaxe baseados en datos. Un camiño cara á acción e á inclusión

S2401088 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa

Summary: 

Con Mariana Morales
Gallego

Avaliar convértese, a miúdo, nunha carreira de obstáculos que o alumno supera e o docente certifica, pero que non responde á finalidade de mellorar a aprendizaxe nin en cantidade nin en calidade.

Nesta actividade propoñémosche realizar unha avaliación formativa que permita realmente o crecemento do alumnado. Por iso convídannos a reflexionar sobre algunhas prácticas de avaliación que quizais repetísemos sen expornos a fondo se funcionan ou non.

  • Por que facemos o que facemos?
  • Que sustento teórico ten?
  • Recollemos evidencias cuxa análise dá lugar a unha acción inmediata posterior capaz de mellorar o proceso de aprendizaxe?

A avaliación formativa non é algo trimestral, mensual ou semanal. Debe suceder á vez que a aprendizaxe, é dicir, dentro das nosas aulas. E, ademais, é posible lograr que os estudantes participen nela de maneira moi activa. Trátase dun labor gratificante para o docente, que comproba como os seus alumnos aprenden máis.

  • Relatora: Mariana Morales
  • Datas:
    • 9 de maio
      • das 16:30 ás 20:30h
    • 10 de maio
      • das 09:30 ás 14:00h
      • das 15.30 ás 18:00h
    • 27 de maio
      • das 17:00 ás 21:00h
    • + 5 horas de traballo individual para achegar unha proposta que deberá ser exposta o último día do curso)
  • ​​​​​​​Código en fprofe: S2401088
S2401088 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa

Día Mundial da Poesía

Summary: 

Día da poesía
21 de marzo
Gallego

Este 21 de marzo, Día Mundial da Poesía evocamos a Chus Pato

 cando o corpo rompe

cando o granito rompe

cando xa nada pode consolarno

 nacemos

Chus Pato, Sonora.

Premio Nacional de Poesía, participará nos Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado coa conferencia "Reflexións sobre Sonora".  Podedes anotarvos en Fprofe. Código: G2402006 #cafilinguas

Día da poesía

Climántica. Novos retos tras 18 anos educando sobre o cambio climático

Summary: 

Esta actividade formativa busca actualizar e mellorar a educación sobre o cambio climático a través de enfoques interdisciplinares e competenciais
Gallego

A actividade Climántica: novos retos tras 18 anos educando sobre o cambio climático busca actualizar e mellorar a educación sobre o cambio climático a través de enfoques interdisciplinares e competenciais. Para iso, céntrase en adaptar modelos mentais clave ao ensino, analizar materiais didácticos creados con metodoloxías transversais e debater estratexias e proxectos en curso co apoio de Erasmus+ e da Secretaría de Estado de Educación. Tamén aborda a eficacia das políticas actuais de mitigación e adaptación, a dificultade de cambiar crenzas e actitudes, e a necesidade dun enfoque multidisciplinar para comprender os retos ecolóxicos globais e locais.

Climántica. Novos retos tras 18 anos educando sobre o cambio climático

G2402038 Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular

Summary: 

Xornada do Día das Letras Galegas
O cancioneiro popular
Gallego

O vindeiro 26 de abril de 2025, no Pazo de San Roque terá lugar a Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular.

A Xornada terá dúas partes:

  • Pola mañá diversos estudosos farán un percorrido polas principais caracterìsticas que definen o noso cancioneiro así como un repaso das principais figuras.
  • Pola tarde achegaremos diversas propostas didácticas a partir do traballo nos nosos centros de infantil, primaria, secundaria, FP e adultos.

Agardámosvos!

Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular

G2403007 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Fiz Vergara Vilariño

Summary: 

Fiz Vergara Vilariño
Gallego

O Roteiro do poeta Fiz Vergara Vilariño está dedicada á figura do ilustre escritor galego Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla, concello de Samos, o 15 de abril de 1953.

Desde neno Fiz padecía distonía muscular, enfermidade que o conduciu á morte, á temperá idade de corenta e catro anos, o 18 de xullo de 1997.

Datos de interese:

  • Relatora: María Casar
  • Data: 7 de xuño de 2025
  • Lugar: Santalla
  • Código en fprofe: G2403007

Ao longo do percorrido (en coche e a pé), iremos atopando, en puntos referenciados, as obras de 13 artistas que lembran algún poema ou aspecto da vida do poeta

  1. Aira Padrón, artista Primitivo Lareu
  2. Cruce de Foilebar, artista Xesús Otero-Yglesias
  3. Requeixo, artista Manuel Buciños
  4. Muiño de Locai, artista Álvaro de la Vega
  5. O Pedregal, artista Violeta Bernardo
  6. Altamira, Santalla, artista Miguel Macía
  7. O Muiño, artista Fernando Yáñez
  8. A Fonte da Cova, artista Mónica Alonso.
  9. Aira de Tesín, artista Poy
  10. Pozo de Monteiro, artista Caxigueiro
  11. Veiga de Fía, artista Eduardo Valiña.
  12. Augadalte, artista Paco Pestana
  13. A Pedra do Río, Pozo de Beltrán, artista Manuel Caamaño.

 

    G2403007  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Fiz Vergara Vilariño

    Programa PIALE

    Summary: 

    Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2025
    Gallego

     

    Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE)

    O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 3 de marzo ata o 21 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

     

    A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/piale/

     

    Orde do 31 de xaneiro de 2025 (DOG)

    PIALE