IN17 - Preparación para procesos de selección de persoal mediante realidade virtual

Familias profesionais:
Administración e xestión
Informática e comunicacións
Centro educativo coordinador: CIFP Portovello, Ourense
Centros colaboradores:
CIFP Portovello
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Entidades colaboradoras:
Grupo Cuevas
IdeiT
Obxectivos:

•    Desenvolver unha ferramenta de realidade virtual para simular procesos de selección de persoal.
•    Desenvolver unha aplicación transferible ás empresas para o seu emprego real.
•    Coñecer de xeito máis práctico o proceso de selección, habilidades e destrezas para a inmersión no mundo laboral.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dunha ferramenta de realidade virtual que simule procesos de selección de persoal, permitíndolle ao alumnado afrontar de xeito realista e gamificado estes procesos, co obxectivo de practicar e mellorar a súa preparación para eles.

Participantes:

Coordinadora: Sabela Fraga Domínguez