IN03 - Sistema basculante para botellas de grande formato

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Hostalaría e turismo
Instalación e mantemento
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: CIFP Compostela, Santiago de Compostela
Centros colaboradores:
CIFP Politécnico de Santiago
Entidades colaboradoras:
Asociación de Hostalaría Compostela
Obxectivos:

•    Crear un prototipo que permita o manexo e o servizo de botellas de grandes formatos na hostalaría.
•    Integrar características ergonómicas que faciliten o acceso e a manipulación de botellas, mellorando a experiencia do persoal e da clientela.
•    Garantir a durabilidade e a resistencia do sistema para o seu uso continuo en ámbitos comerciais e eventos de alta demanda.

Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dun prototipo de sistema basculante para o servizo de bebidas en botellas de gran formato, adaptable aos diferentes tamaños de botellas e adecuado para ámbitos comerciais de alta demanda.

Participantes:

Coordinador: Marcelo Vidal García