IN34 - Paisaxes acuáticas: vexetación entre dous mundos

Familias profesionais:
Agraria
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP A Granxa, Ponteareas
Centros colaboradores:
CIFP Valentín Paz Andrade
Entidades colaboradoras:
Viveiros Canedo
Obxectivos:
  • Estudar a produción de plantas acuáticas en Galicia.
  • Aprender as técnicas de Aquascaping.
  • Mellorar a formación e a empregabilidade do alumnado.
Síntese do proxecto:

Estudo e optimización das condicións de cultivo e de manexo das plantas acuáticas para acuarios e para espazos acuáticos exteriores, para a mellora da formación do alumnado no sector do Aquascaping.

Participantes:

Profesorado e alumnado das familias profesionais de Agraria e de Instalación e Mantemento.

Coordinadora: María Jesús Pena Fariñas