IN21 - Adestrador de elevador operado por sistema periférico

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: IES Fernando Blanco, Cee
Entidades colaboradoras:
Ascensores Cume 24
SUTENOR, Suministros Técnicos del Noroeste
Recambios Roget
Obxectivos:
  • Pór en marcha un ascensor coa manobra K2 mediante dispositivo remoto.
  • Interpretar as avarías que detecta a plataforma.
  • Formar o alumnado para cubrir un nicho de mercado laboral con falta de man de obra.
Síntese do proxecto:

Deseño e montaxe dunha maqueta de ascensor con multiplicidade de manobras, e cun sistema de recepción de datos que permite a conectividade e a reparación de avarías desde un dispositivo móbil.

Participantes:

Profesorado e alumnado das familias profesionais de Instalación e Mantemento, de Electricidade e Electrónica, e de Fabricación Mecánica.