IN18 - Aplicación da realidade aumentada no mantemento industrial

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Lugo, Lugo
Entidades colaboradoras:
Schneider Electric – Delegación Galicia
Fontecelta
Entrepinares
Obxectivos:
  • Adquirir e mellorar as competencias profesionais.
  • Realizar a montaxe dun adestrador con tecnoloxía de RA.
  • Difundir as vantaxes do emprego da RA no mantemento industrial.
Síntese do proxecto:

Deseño e montaxe dunha maqueta de control de proceso que simula unha planta de produción e embotellado de líquidos, na cal se implementa unha capa de realidade aumentada coa que se pode interactuar.

Participantes:

Profesorado e alumnado da familia profesional de Electricidade e Electrónica.

Coordinador: José Luis Blanco Carballido