IN25 - Control de auga termal e mineral
- Elaborar material didáctico que propicie unha maior vinculación da formación co ámbito produtivo do termalismo e as augas mineiro-medicinais.
- Favorecer a empregabilidade e a inserción do alumnado no citado sector.
- Achegar o alumnado a competencias profesionais relacionadas co sector do termalismo e as augas mineiro-medicinais en Galicia.
Deseño e realización de material didáctico para o desenvolvemento de prácticas de laboratorio, destinado as familias profesionais de Química e Sanidade, que permitan a determinación de parámetros de control de calidade en augas termais e minerais e deste xeito vincular a docencia coa realidade socioeconómica galega.
Profesorado dos departamentos de Química e de Sanidade do CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel.
Alumnado do ciclo formativo de grao superior de Laboratorio de análise e de control de calidade e do ciclo formativo de grao medio de Operacións de laboratorio do CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel.
Coordinador: Francisco Vázquez Vázquez.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.