IN04 - Museo didáctico dos alimentos
- Recompilar e clasificar mostras de alimentos non perecedoiros e identificar as súas características propias.
- Homoxeneizar as ensinanzas impartidas en diferentes módulos pero con unidades didácticas similares.
- Deseñar e crear un espazo didáctico fixo apto para realizar diferentes tipos de actividades relacionadas coas materias primas non perecedoiras, tanto por parte do persoal directamente relacionado co centro como polo pertencente a calquera sector, público ou privado, interesado en coñecer ou amosar este tipo de produtos.
Creación dunha aula-exposición permanente de alimentos non perecedoiros, para o ensino dos módulos de coñecemento de materias primas, nas especialidades de Hostalaría e turismo, e de Industrias alimentarias.
Profesorado dos departamentos de Artes gráficas, Hostalaría e turismo e Industrias alimentarias.
Alumnado dos ciclos formativos de grao medio de Panadaría, repostaría e confeitaría e de Preimpresión dixital. Alumnado dos ciclos formativos de grao superior de Dirección de servizos de restauración e de Dirección de cociña.
Coordinador: Rafael Brantuas Canay.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.