Historia

Historia do IES Pontepedriña

O IES Pontepedriña, que na súa orixe tivo o nome de Instituto de Bacharelato Mixto nº 6, entrou en funcionamento no curso 1990-1991, impartíndose clases de BUP e COU.

     Foi un dos centros de España nos que se implantaron anticipadamente e con carácter experimental as ensinanzas reguladas pola LOXSE. Deste xeito, a ESO e o bacharelato estanse a impartir no IES Pontepedriña desde o ano escolar 1993-94 (a implantación con carácter xeral en todos os centros de España iniciaríase no ano 1995-96).

     A oferta educativa de formación profesional iniciouse no curso 1998-99 cos ciclos formativos de grao superior de Comercio internacional e de Animación sociocultural. Posteriormente ampliouse coa incorporación, no curso 1999-2000, do ciclo de grao medio de Comercio e no 2000-01 do ciclo de grao superior de Xestión comercial e márketing.

     Desde o curso 1999-2000 estánse a impartir en 3º e 4º de ESO ensinazas bilingües (galego-inglés) de Bioloxía e xeoloxía xunto con Música. De feito, o IES Pontepedriña foi un dos dous centros de Galicia nos que se iniciou con carácter experimental o programa de Seccións europeas, como se denominou nese momento, e que actualmente recibe o nome de Seccións bilingües.

     Así mesmo, os programas de formación en centros de traballo para os alumnos de formación profesional específica estánse a desenvolver parcialmente no estranxeiro: EE.UU, Inglaterra, Irlanda e Francia.

     Por outra parte, no IES Pontepedriña participaron e participan, como lectores ou como estudiantes universitarios en formación, persoas de moitos países e nacionalidades europeas: británicos (Inglaterra e Escocia), Portugal, Francia e Bretaña, Alemania, Rumanía, Italia, Armenia e Irlanda, colaborando na inmensa maioría dos casos, co profesorado das materias de linguas.

     Por último, desde o curso 2010-2011, o centro está a participar no proxecto Abalar, polo que as aulas de 1º e 2º de ESO inclúen nas súas dotacións un miniportátil por cada alumno.

Distribuir contido