Xefatura de estudios
Días non lectivos no MGB
Enviado por admin o 23 Outubro, 2019 - 09:06Os días non lectivos autorizados polas autoridades educativas para o presente curso son o 4 de novembro e o 20 de marzo. Polo que estes días non haberá clases no noso instituto.
Reunión de inicio de curso coas familias o vindeiro martes 1 de outubro
Enviado por admin o 23 Septembro, 2019 - 11:17O vindeiro martes 1 de outubro teremos a presentación familias, titores e equipo directivo na sala de Usos Múltiples do centro no horario que figura na circular que vos entregarán os vosos fillos e fillas entre hoxe e mañá, e que podedes consultar no enlace.
Normativa respecto do uso dos móbiles
Enviado por admin o 10 Septembro, 2019 - 08:33O pasado 10 de setembro enviamos aos domicilios do alumnado a circular de inicio de curso na que se informa da nova normativa respecto do uso dos móbiles, acorde coa normativa estatal e autonómica, e recollida nas NOF (normas 11 e 16).
Parabéns ao noso alumnado polos excelentes resultados nas probas ABAU
Enviado por admin o 23 Xuño, 2019 - 15:24Un ano máis, felicitamos orgullosos ao noso alumnado polos excelentes resultados nas probas ABAU. Con 55 matriculados, obtivemos un 98,2% de APTOS, fronte ao 91,5% da media galega.
Parabéns a toda a comunidade e especialmente aos futuros universitarios.
Listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente nas actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Enviado por admin o 11 Xuño, 2019 - 11:18No enlace pódese consultar as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente correspondentes ao disposto no artigo 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Contido da charla da ABAU 2019
Enviado por admin o 5 Abril, 2019 - 16:35Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (4 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2019, adxuntamos ficheiro do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.
Charla ABAU 2019 impartida polo profesor Augusto Otero o vindeiro 4 de abril
Enviado por admin o 28 Marzo, 2019 - 09:29O XOVES 4 de ABRIL todo o alumnado de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “ABAU 2019: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.
Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler máis.
Enquisas de convivencia (circular nº3)
Enviado por admin o 26 Febreiro, 2019 - 09:35Durantes estes días e ata o 17 de marzo como data límite, a comunidade educativa do MGB realizará unhas enquisas de convivencia da Consellería como parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 . As instruccións para a realización das enquisas ás familias serán distribuídas estes días mediante a circular nº3. Calquera dúbida, poñédevos en contacto co equipo directivo de centro.
O vindeiro 2 de novembro non haberá clases no MGB
Enviado por admin o 30 Outubro, 2018 - 17:16Lembrade que o día 2 de novembro non haberá clases no noso instituto ao ser autorizado como non lectivo polas autoridades educativas.
Recepción ás familias do alumnado do MGB o martes 2 de outubro
Enviado por admin o 28 Septembro, 2018 - 13:11O vindeiro martes 2 de outubro titores e equipo directivo reunirémonos coas familias do noso alumnado a partir das 18:15. Podedes consultar o horario na Circular Nº 2 xa enviada.
Comezo do curso 2018-2019: listas de grupos e materias e presentacións
Enviado por XefeEstudos o 11 Septembro, 2018 - 18:38O venres 14, ás 10, faremos públicas no Centro as listas provisionais de grupos e materias. Atenderemos calquera erro ou omisión ata as 11:30.
O luns 17 arranca o curso 2018-2019. O alumnado deberá presentarse no Centro no seguinte horario:
- 9:30, 2º de Bacharelato (recepción polos titores)
- 10:00, 1º de Bacharelato (reunión en Usos Múltiples con Dirección e titores)
- 11:00, 4º da ESO (recepción polos titores)
- 11:30, 3º da ESO (recepción polos titores)
- 12:00, 2º da ESO (recepción polos titores)
- 12:30, 1º da ESO (reunión en Usos Múltiples con Dirección e titores)
A prensa recolle os excelentes resultados do alumnado do MGB nas probas ABAU nos últimos anos.
Enviado por XefeEstudos o 15 Xullo, 2018 - 19:35A prensa de hoxe recolle os excelentes resultados do alumnado do García Barros nas probas ABAU, e mesmo detaca a singularidade do noso Centro, o terceiro de Galicia entre os que presentan entre 50 e 99 alumnos.
Resolución ás revisións das reclamacións presentadas aos Departamentos
Enviado por admin o 25 Xuño, 2018 - 12:02As resolución ás reclamacións presentadas ante os Departamentos Didácticos serán entregadas o venres 29 ás 10:00h na Secretaría do Centro.
Resultados da ABAU-2018 na convocatoria ordinaria de xuño
Enviado por Vicedirec. o 25 Xuño, 2018 - 10:43O alumnado de 2º Bacharelato do IES Manuel García Barros acadou un 100 % de aprobados na Avaliación do Bacharelato para o Acceso a Universidade na convocatoria ordinaria de xuño.
Presentáronse ás probas 51 alumn@s.
En Galicia a media de aprobados foi do 90,7 %.
Noraboa ao noso alumnado!!!
Calendario de exames de setembro e entrega de notas
Enviado por XefeEstudos o 1 Xullo, 2016 - 09:56No seguinte enlace podedes descargar o calendario de exames de setembro para a ESO e para o Bacharelato, e as datas de entrega de notas, revisións de exames e reclamacións.