Bioloxía e Xeoloxía
O alumnado de Ciencias Naturais de 1º ESO no Museo de Historia Natural da USC
Enviado por admin o 11 Xuño, 2019 - 15:50O pasado 24 de maio o alumnado de 1º ESO de Ciencias Naturais, acompañados pola súa profesora Dolores Castro, desenvolveu parte do traballo de aula no Museo de Historia Natural da USC.
O noso apoio ao movemento FridaysForFuture na prensa
Enviado por admin o 8 Xuño, 2019 - 16:06Onte, a iniciativa do alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato, realizamos no centro un acto simbólico de apoio ao movemento FridaysForFuture que recolle a prensa de hoxe.
Alumnado de Bioloxía do MGB no Unistem Day
Enviado por admin o 15 Marzo, 2019 - 16:16O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato asistiu hoxe á xornada Unistem Day celebrada da facultade de Medicina da USC. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Presenza do noso centro na XIV Olimpiada de Bioloxía
Enviado por admin o 19 Xaneiro, 2019 - 15:55O Faro de Vigo recollle a participación da alumna Nerea Neira, acompañada da profesora Irene Portas, na XIV Olimpiada de Bioloxía.
Exposición sobre Especies Invasoras
Enviado por Vicedirec. o 12 Outubro, 2018 - 23:16Do 8 ao 19 de outubro teremos no noso centro a exposición "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Trátase dunha iniciativa da asociación ecoloxista ADEGA que nos presenta a realidade das especies invasoras de flora e fauna que existen en Galicia e a problemática asociada ás mesmas.
Máis información nesta ligazón.
Visita á Facultade de Bioloxía
Enviado por Vicedirec. o 12 Marzo, 2018 - 11:26O pasado martes 6 de marzo alumnado de 2º de Bacharelato, acompañado pola profesora Magaly Barreiro, visitou a Facultade de Bioloxía da USC. Agradecemos ao persoal deste centro a súa atención e dedicación en aras de achegar a ciencia ao alumnado de bacharelato do noso instituto.
Visita a Meteogalicia
Enviado por Vicedirec. o 19 Xaneiro, 2018 - 16:29Hoxe venres 19 de xaneiro trece alumn@s de 2º de Bacharelato da asignatura de "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente", acompañados pola súa profesora Loli Castro, visitaron as instalacións de Meteogalicia en Santiago. Moitas grazas pola atención recibida.
Máis información nesta ligazón.
Charla sobre a Antártida
Enviado por Vicedirec. o 21 Xuño, 2017 - 10:55Hoxe mércores 21 de xuño o alumnado de 1º de ESO asistíu a unha charla sobre a Antártida da profesora Magaly Barreiro Ponte.
Moitas grazas por compartir as túas experiencias viaxeiras con nós!
Volvendo a casa II
Enviado por Vicedirec. o 19 Maio, 2017 - 23:37Alumnado de 1º de Bacharelato, coordinado pola profesora Magaly Barreiro Ponte, acaba de elaborar a segunda parte do vídeo sobre a etioloxía do salmón e a súa relación co medio. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus+ da Unión Europea.
Visita ao Museo de Historia Natural
Enviado por Vicedirec. o 5 Maio, 2017 - 11:22O pasado xoves 4 de maio o alumnado de 1º de ESO viaxou a Santiago a visitar o Museo de Historia Natural da USC. Realizaron distintas actividades no propio museo e aprenderon sobre as árbores do xardín que o rodea. Estiveron acompañados pol@s profesor@s Dolores Catro, Marisa Otero e Ramón Aller.
Alumn@s de Xeoloxía en Santiago
Enviado por Vicedirec. o 20 Abril, 2017 - 10:38O pasado martes 4 de abril o noso alumnado de Xeoloxía de 2º de Bacharelato viaxou a Santiago, acompañado pola profesora Magaly Barreiro Ponte, para realizar dúas actividades: un paseo petrolóxico pola cidade e unha visita á Facultade de Bioloxía da USC. Nesta última, tiveron ocasión de coñecer a biblioteca e tres dos seus laboratorios: Xeoloxía e Edafoloxía, Bioloxía Funcional e Microbioloxía e Parasitoloxía, onde tiveron unha pequena toma de contacto coa investigación.
Alumnado do MGB no "Unistem Day"
Enviado por Vicedirec. o 19 Marzo, 2017 - 23:01O pasado venres 17 de marzo corenta e cinco alumn@s de Bacharelato da materia de Bioloxía participaron no "Unistem Day" (evento europeo sobre células nai) na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Estiveron acompañad@s polas profesoras Loly Castro, Magaly Barreiro e Mercedes Martínez.
Máis información nesta ligazón.
Visita á piscifactoría de Carballedo
Enviado por Vicedirec. o 11 Xaneiro, 2017 - 12:13O pasado luns 9 de xaneiro alumnado de 1º de Bacharelato visitou a piscifactoría de Carballedo, no concello de Cotobade. Foi unha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus + da Unión Europea.
Estiveron acompañad@s polas profesoras Magaly Barreiro e Beatriz Mera.