Bioloxía e Xeoloxía

O MGB nun proxecto mundial de defensa do salmón

Alumnado do IES MGB, baixo a coordinación da profesora Magaly Barreiro, participa nun grupo de traballo internacional de estudio e protección do salmón no Atlántico Norte. Trátase do único representante español neste proxecto vinculado ao programa europeo Erasmus Plus e promovido por un centro escocés.

Máis información nesta ligazón.

DN24C5F1.jpg

Saída ao río Ulla

O martes 24 de maio o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitará distintas localizacións no río Ulla co fin de realizar un vídeo sobre a etioloxía do salmón e a relación co medio. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus+ da Unión Europea.

Estarán acompañados pol@s profesor@s Magaly Barreiro e Suso Iglesias.

ndice.jpeg

Visita do alumnado de 1º de ESO ao Museo de Historia Natural da USC

O vindeiro venres 20 de maio o alumnado de 1º de ESO visitará o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e fará un estudo de árbores no parque que rodea o museo. Estarán acompañados pol@s profesor@s Loly Castro, Mª José Parcero, Regina Puente e Ramón Aller.

museo-con-logo-reducida.jpg

Comezo das actividades do "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK"

O mércores 6 de abril tivo lugar unha charla impartida por Pablo Caballero Javierre (xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Pesca) con motivo do inicio das actividades a realizar polo grupo de traballo constituído por escolas europeas, creado por iniciativa da NASCO (North Atlantic Salmon Conservation Organization) baixo o amparo do programa Erasmus+ da Unión Europea e no que participa o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO do noso centro xunto a rapaces de escolas doutros países do Atlántico Norte nos que se atopa o salmón (Salmo salar)

 

Salmón

A vida nunha pinga de auga

Vídeo que mostra varios tipos de microorganismos atopados polo alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía ao observar ao microscopio unha pinga de auga, entre eles, o protagonista, un xénero pertencente ao reino Protoctista, o Vorticella sp.

Charla sobre a doazón e os transplantes

O vindeiro xoves 18 de febreiro a 5ª e 6ª horas terá lugar na Sala de Usos Múltiples do centro unha charla divulgativa sobre a doazón e transplantes impartida por un técnico da Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia. Esta actividade está dirixida ao alumnado de 3º de ESO.

Modelos de células en plastilina

Xa temos na galería flickr do centro as fotos dos modelos de células feitos en plastilina polo alumnado de 1º de ESO baixo a dirección da súa profesora, Loli Castro

IMG_0831

IMG_0837

Exposición do herbario de 1º ESO

Na sala de usos múltiples do centro está exposto un herbario realizado polos alumnos/as de 1º ESO coordinado pola profesora Loli Castro dentro da materia de Ciencias Naturais. Na exposición podedes atopar follas de árbores de Galicia, follas de especies invasoras, de árbores froiteiras e de árbores e arbustos ornamentais.
A exposición estará aberta, a toda a comunidade educativa, durante os recreos do mércores 13  e xoves 14 deste mes de maio.

Saída a Santiago de Compostela

O vindeiro venres, 17 de abril, alumnado de 1º da ESO do noso centro realizará unha saída cultural a Santiago de Compostela onde visitarán Meteogalicia e o Museo de Historia Natural. A actividade está organizada polo Departamento de Xeoloxía e Bioloxía.

naturais3.jpeg

Saída a Picos de Europa

Por fin! Xa temos o video da actividade organizado polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia a Picos de Europa.

A ANTÁRTIDA NO MGB

A profesora de Bioloxía do centro, Magaly Barreiro, impartirá unha charla sobre a Antártida na que exporá aspectos científicos e curiosidades deste continente acompañándoos de imaxes das súas viaxes.  A actividade terá lugar na sala de usos múltiples do centro o vindeiro xoves, 19 de xuño. Vai dirixida ao alumnado de da ESO.

antártida.jpeg

SAÍDA "PROXECTO RÍOS"

O vindeiro martes, día 27 de maio, terá lugar a 2ª saída enmarcada dentro do Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO A e C acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns ( A Estrada), onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro.

prox. rios.jpeg

Novo blog no centro

Temos un novo blog no centro, cuxa dirección é xeoloxiamgb.blogspot.com.es. Nel podedes atopar noticias sobre xeoloxía, o traballo que se fai na aula e demais cuestións relacionadas co tema.

blog.JPG

ÁFRICA NO IES MANUEL GARCÍA BARROS.

O vindeiro venres, 11 de abril, dentro das actividades programadas para o presente curso 2013/14, a profesora Magaly Barreiro ofrecerá unha charla informativa sobre África que acompañará con fotografías e vídeos das súas viaxes a este continente. Vai dirixida ao alumnado de 1º da ESO e terá lugar entre as 08:45 e as 10:25 na sala de usos múltiples.

images.jpeg

SAÍDA CULTURAL PROXECTO RÍOS.

O vindeiro mércores, día 23 de outubro, terá lugar a 1ª saída enmarcada dentro do Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO B acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns ( A Estrada), onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro. A actividade desenvolverase en horario matinal, de 10:25 a 13:35 horas.

No caso de mal tempo a saída tería lugar o vindeiro mércores, 30 de outubro.





prox. rios.jpeg
Distribuir contido