Educación Física

Excursión do alumnado de 1º da ESO á contorna das Fragas do Eume

Por segundo ano consecutivo o alumnado de 1°ESO vén de disfrutar 3 días no entorno das Fragas do Eume. Sendeirismo, tiro con arco, escalada, xogos de orientación, recoñecemento de árbores e moitas outras experiencias que quedarán no recordo de todos os que alí convivimos. Agradecemos a acollida do albergue Alvarella, foi un pracer poder disfrutar das súas instalacións biosostibles e do bo trato das monitoras e cociñeiras.

Alvarellas_0.jpg

Andorra 2019

A semana pasado os alumnos de 1º e 2º de BAC estiveron na estación de esquí de GrandValira, en Andorra, realizando unha actividade organizada polo Departamento de Educación Física, acompañados polos profesores Alejandra Pérez, Rosa Mato e Álvaro P. Vilariño.

Campo a Través 2018

O pasado 5 de decembro o noso alumnado de 1º ESO participou no Campionato de Campo a Través. Podedes ver as fotos da actividade na nosa galería Flickr.

IMG_8049.jpg

Baile tradicional no MGB

Ao longo deste trimestre o noso alumnado de 1º ESO recibe clases de baile tradicional nalgundas clases de Educación Física. Son impartidas pola Agrupación Folclórica estradense Tequexetéldere.

Máis información nesta ligazón.

Reunión excursión Andorra 2019

O vindeiro martes 9 de outubro no 2º recreo terá lugar na sala de Usos Múltiples do centro unha reunión para o alumnado de Bacharelato interesado en participar na actividade de esquí en Andorra. Podes consultar dende esta páxina toda a información sobre a mesma.

Andorra 2018

Dende o 27 de xaneiro ata o 3 de febreiro, un grupo de 40 alumnos e 3 profesores estivemos na estación de Grandvalira en Andorra. Aquí está o vídeo e neste álbum as imaxes!

3º e 4º de ESO de foliada

O pasado xoves 21 de decembro, para festexar o remate do trimestre, o noso alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha foliada xunto cos outros institutos da Estrada no Pavillón Coto Ferreiro. Foi unha actividade organizada polo concello como punto final ás clases de baile tradicional que se impartiron neste trimestre nas clases de Educación Física.

Moitas grazas aos organizadores e aos alumn@s e profesor@s participantes!

IMG-20171221-WA0002.jpg

Cross Escolar

O pasado mércores 22 de novembro tivo lugar o Cross Escolar na Estrada. O noso alumnado acadou excelentes resultados:

- Infantil masculino: 2º posto para Daniel Míguez Vidal de 1º ESO C.

- Infantil feminino: 1º posto para Laura Carracedo Flores de 1º ESO A e 2º para Sonia Rivadulla Blanco de 1º ESO C.

Campionato de Bádminton

Esta mañá foron disputadas as distintas finais do Campionato de Bádminton cos seguintes resultados:

1ª premio: Pablo Loureiro Reboredo (2º ESO B).

2º premio: Lois Rodríguez Moimenta (2º ESO B).

3º premio: Anxo Paz Carracedo (2º ESO C).

4º premio: José Comerón Lado (2º ESO A).

En hora boa!

Badm 2.jpg

Flag Football no MGB

Durante os meses de febreiro e marzo o club "A Estrada Bestas" impartirá clases de fútbol americano, na súa modalidade de Flag Football, ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato durante as clases de Educación Física. Está resultando unha experiencia moi interesante.
Moitas grazas a tod@s aquel@s que o facedes posible.

IMG-20170215-WA0001.jpg

Viaxe á neve

Mañá sábado 21 de xaneiro quince alumn@s de 1º e 2º de Bacharelato viaxarán a Andorra para desfrutar duns días na neve practicando esquí e snow. Estarán acompañad@s polos profesores Juan Gago e Álvaro Pérez. A volta está prevista para o sábado 28 de xaneiro. Boa viaxe!

Andorra.jpg

Alumnas do MGB xogan ao Flag Football

Varias alumnas do noso centro formarán parte este ano da nova sección feminina creada polo clube de fútbol americano estradense "A Estrada Bestas". Competirán na modalidade Flag Football. Moita sorte!

Máis información nesta ligazón.

bestas-amplian.jpg

Inscrición viaxe á neve ANDORRA 2017

Todos aqueles alumnos de 1º e 2º de Bacharelato interesados na viaxe a Andorra poden apuntarse cubrindo este formulario. Tendes de prazo ata este venres. Os detalles da viaxe podedes atopalos neste documento en *.pdf.

Vídeo de Andorra 2016

Aquí tedes o vídeo da viaxe realizada á estación de esquí andorrana de GrandValira o pasado mes de xaneiro, polos alumnos de 1º e 2º de BAC.

Campo a Través Escolar

Varios/as alumnos/as do Centro acadaron primeiros, segundos e terceiros postos en distintas categorías no "Campionato de Campo a Través Escolar". Noraboa a todos eles. Toda a información no Faro de Vigo.

Distribuir contido