Taller de Creación Artística
"Dairas" en EstradaTelevisión
Enviado por webmaster o 1 Marzo, 2010 - 13:57Emisión do xoves 25 de febreiro de 2010 en EstradaTelevisión.
Rolda de prensa de "Dairas"
Enviado por webmaster o 26 Febreiro, 2010 - 11:35Hoxe saen na prensa varios artigos. Podes lelos dende aquí:
- Plastilina para una historia de carne y hueso (Faro de Vigo, 26/02/2010)
- "Dairas": una historia de solidaridad y plastilina desde el aula estradense (El Correo Gallego, 26/02/2010)
- El corto de animación "Dairas" se exhibirá en toda Galicia para recaudar fondos para el Sahara (Voz de Galicia, 26/02/2010)
O Concello concede unha axuda económica para Dairas
Enviado por webmaster o 29 Xaneiro, 2010 - 13:20Charla didáctica sobre animación "Stop motion"
Enviado por webmaster o 21 Xaneiro, 2010 - 22:49O pasado mércores recibimos a visita de Jose Miguel, do departamento de Formación da Productora Mr. Misto Films.
Grazas as súas explicacións, os integrantes do Proxecto "Dairas", a curta de animación que prepara o Taller de Creación Artística do MGB, puidemos adentrarnos nos segredos da técnica de animación coñecida como stop motion, e visualizar algúns dos vídeos dos pioneiros do xénero, como Ray Harryhausen.
A Historia de Luis. Curtas de animación no MGB.
Enviado por webmaster o 14 Xaneiro, 2010 - 22:26Nas vacacións de Nadal os alumnos que participan en "Dairas", a curtametraxe de animación que está preparando o Taller de Expresión artística do MGB, realizaron unha serie de ensaios e probas con programa MovieMaker, de cara á montaxe final da nosa curta.
Así Abel Carbajal presentou "Érase unha vez Rodolfo", Marta Rodríguez "Parchís" e Ariadna Silva "A Historia de Luis".
Aquí tedes unha mostra. Pode que falten medios técnicos, pero sobra imaxinación e talento...
"Dairas" na TVG
Enviado por webmaster o 31 Outubro, 2009 - 21:56Este é o resultado da visita da TVG ao MGB, emitido o sábado 31 de outubro.
Nace un novo blog no Planeta MGB: "Dairas"
Enviado por webmaster o 29 Outubro, 2009 - 19:47Hoxe, co motivo da visita da TVG ao MGB para interesarse polo novo proxecto do Taller de Creación Artística, "Dairas", aproveitamos para dar a coñecer á Comunidade Educativa o nacemento dun novo blog dentro do Planeta MGB.
O seu enderezo http://dairasmgb.blogspot.com, e estas as súas intencións:
pd: estade atent@s a TVG na fin de semana, de 12 a 14 horas, o sábado ou o domingo saímos na tele!!
Dairas, novo proxecto do Taller de Creación Artística do MGB
Enviado por webmaster o 22 Outubro, 2009 - 12:13Onte presentouse á prensa o novo proxecto do Taller de Expresión artística do MGB, "Dairas", unha curtametraxe de animación sobre a vida nos campamentos de refuxiados saharauis. Neste novo proxecto están implicados os profesores Miguel Carbajal, Xoán Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño. Con eles traballarán uns 20 alumnos e alumnos de ESO e Bacharelato.
Podedes ler as reseñas completas aparecidas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.
Imaxe: Campamentos de refuxiados saharahuis, Tinduf, Arxelia, 2006. Fotografía de Santiago Berges
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6