Taller de Creación Artística
"Animales Artificiales" no diario La Voz de Galicia
Enviado por Secret. o 18 Marzo, 2011 - 10:56Nesta ligazón poden acceder á información do diario La Voz de Galicia, do mércores 16 de marzo, sobre o novo proxecto audiovisual Animales Artificiales, que se atopa en pleno proceso de rodaxe, levado a cabo polo taller de creación artística MGB do noso Centro.
Dairas no Diario El País
Enviado por Secret. o 15 Marzo, 2011 - 10:00Nesta ligazón podedes leer o que saíu publicado onte, luns 14 de marzo, no diario El País sobre Dairas.
Tamén podes descargar o artigo en versión *.pdf
Premios á Innovación Educativa
Enviado por Secret. o 22 Febreiro, 2011 - 12:16O Faro de Vigo de hoxe, martes 22 de febreiro, informa sobre a entrega dos premios á Innovación Educativa, un dos cales foi para Dairas.
Dairas no Faro de Vigo
Enviado por Secret. o 21 Febreiro, 2011 - 12:20Hoxe, luns 21 de febreiro de 2011, o xornal Faro de Vigo, informa sobre a curtametraxe DAIRAS.
Animais Artificiais
Enviado por Vicedirec. o 18 Xaneiro, 2011 - 13:53O mércores 19 e o xoves 20, pola tarde, os integrantes da banda do MGB acudirán ao estudo de gravación "Phonos" para realizar as tomas de son da curtametraxe "Animais Artificiais" con temas propios e versións. Os membros do Taller de Creación Artística do MGB baixo a batuta de Miguel Carbajal tratarán de dar un paso máis de cara ao novo traballo. Sorte e ánimo.
Novo proxecto audiovisual
Enviado por Secret. o 17 Xaneiro, 2011 - 11:09Información de La Voz de Galicia sobre o novo proxecto que vai emprender o taller de creación MGB.
Premio a Innovación Educativa
Enviado por Secret. o 10 Xaneiro, 2011 - 11:03Orde pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa para o profesorado de centros de ensino non universitario.
Animais artificiais
Enviado por Vicedirec. o 21 Decembro, 2010 - 16:30Novo traballo do Taller de Creación Artística do MGB, unha curtametraxe inspirada na obra teatral "Animales Artificiales" de Ana Vallés. Non deixedes de ver o vídeo "A señora da limpeza"(Sorprendente a súa soltura detrás da cámara)
Proxección de "Dormes" e "Amelia"
Enviado por Vicedirec. o 21 Decembro, 2010 - 13:22O alumnado de 1º e 2º ESO asistirá mañá, mércores día 22, á proxección de Dormes do Taller creación artística MGB e Amelia de terra de Montes (documental), nas dúas últimas horas de clase na sala de usos múltiples. Suspéndese o Karaoke.
Felicitación a Dairas
Enviado por Secret. o 30 Novembro, 2010 - 10:30Premer aquí para leer a felicitación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo premio CREARTE 2010 obtido pola curta Dairas.
"Dairas" na prensa
Enviado por Secret. o 26 Novembro, 2010 - 09:47O xornal La Voz de Galicia do 25 de novembro de 2010 e o Faro de Vigo, tamén na mesma data, informaron que a curta "Dairas" recibíu o primeiro premio da Conselleria de Educación á innovación educativa.
Dairas en CURTOPIA
Enviado por Vicedirec. o 18 Novembro, 2010 - 14:33Dairas foi proxectada o día 16 na mostra de animación galega: Certame internacional Curtopia de Vigo,dentro da programación oficial. A dirección do festival comunicoulles aos representantes de Dairas ,alí presentes, que a curtametraxe tivo moi boa acollida.
Unha vez máis parabéns.
Dairas na prensa
Enviado por Secret. o 4 Novembro, 2010 - 10:28Premendo aquí podedes acceder á nota de prensa aparecida na Voz de Galicia do 29 de outubro de 2010, na que se recolle o pase especial de "Dairas", a curtametraxe de animación premiada recentemente polo Ministerio de Cultura, que tivo lugar no Teatro Principal da Estrada o día 30 de outubro. A nova vai acompañada dun artigo firmado pola directora do MGB, Gisèle Maïssa, que leva por título "Grazas, Dairas".
Rolda de prensa
Enviado por Vicedirec. o 26 Outubro, 2010 - 13:06Os membros do Taller de Creación Artística MGB darán o próximo xoves 28 ás 13.30 h. unha rolda de prensa aos medios de comunicación por recibir o Premio Crearte 2010 pola realización da curtametraxe "Dairas".