Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Blogues

VIAXE A XENEBRA. MAIO 23

VIAXE A XENEBRA. MAIO 2023

Un ano máis o departamento de Física e Química acompañou a 24 estudantes de Física a visitar ao CERN. Este alumnado tamén visitou o Museo da Cruz Vermella, o Museo Ariana, a ONU, as fábricas de chocolate Cailler en Broc e de queixo en Gruyères, así como a cidade de Xenebra e o pobo de Gruyéres.

Foron acompañados polos profesores Loli Blanco Vieites e Jesús Serna Arnaiz.

Podedes ver toda a galería de imaxes no seguinte enlace.

 

CERN 2023

VIAXE A XENEBRA CO ALUMNADO DE FÍSICA. MAIO 2023

Un ano máis o departamento de Física e Química acompañou a 24 alumnos de Física a unha visita ao CERN. O alumnado tamén visitou o Museo da Cruz Vermella, o Museo Ariana, a ONU, a fábrica de chocolate Cailler en Broc, a fábrica de queixo de Gruyères, ademáis da cidade de Xenebra e o pobo de Gruyéres.

Dito alumnado foi acompañado dos profesores Loli Blanco Vieites e Jesús Serna Arnaiz.

Podedes ver as fotos pinchando no enlace.

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar. Alumnado ESO, curso 2023-24

FONDO SOLIDARIO de LIBROS de TEXTO e AXUDAS para a ADQUISICIÓN de LIBROS de TEXTO e MATERIAL ESCOLAR para o curso 2023/24 - 1º, 2º, 3º e 4º ESO
  AXUDAS MATERIAL FONDO SOLIDARIO

Normativa e instancia: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

(Orde do 10 de maio de 2023. DOG Nº 94 do 19 de maio)

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

(1)

 Entrega dos vales   Do 16 de agosto ao 30 de outrubro de 2023  
 Emenda dos vales   10 días desde que recibe o vale  
 Uso dos vales nas librarías  Ata o 10 de abril de 2024  
 Publicación listas provisionais    12 de xullo de 2023
 Reclamacións ás listas provisionais    2 días hábiles á publicación das listaxes provisionais
Publicación listas definitivas    21 de xullo de 2023 
Entrega dos libros ao alumnado     Entre o 12 e o 18 de setembro de 2023

(1) Os repetidores de 4ª de ESO, alunos que non obteñan praza en formación profesional básica no curso 2023/24 e formalicen a matrícula no curso de ESO que lles corresponda, os que pasen a estar en situación en tutela ou garda da Xunta de Galicia e os que se incorporen a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos. O prazo será 1 mes desde a formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.

 

Para recoller o vale o solicitante deberá vir provisto do seu DNI. Se o solicitante non o pode recoller persoalmente poderá autorizar a outra persoa, a través dun escrito asinado por vostede. A dito escrito acompañarase unha fotocopia do DNI do solicitante.

 

CUESTIONARIO ALUMNADO PLAN ESTRATÉXICO de MELLORA

O noso centro participa no programa de éxito educativo PROA+. Isto implica a realización dun Plan Estratéxico de Mellora (PEM). Por ese motivo achégase un cuestionario que axudaranos a completar o mesmo e que deberedes encher antes do martes 14 de marzo .

O enlace para encher o cuestionario é o seguinte: https://forms.gle/7Z3aDe3NQNK6DkUd8

Moitas grazas de antemán.

A Dirección

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24
 
15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admisión de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2023-2024.
 
As listaxes poderán consultarse:
  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
 
 
Listaxes provisionais
25 de abril: publicáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2023-2024.
 
As listaxes poderán consultarse:
  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
 
A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, que serán publicadas o 15 de maio de 2023.
 
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

23 de marzo de 2023:  Por haber máis solicitudes que prazas convocadas, os aspirantes de 2º, 3º, 4º de ESO, 1º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía e 2º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, teñen dez hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación das solicitudes de admisión para presentar toda a documentación para ser baremadas.

 
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
 
SOLICITUDES DE ADMISIÓN (para alumnado de fora do centro. O alumnado deste centro ten garantida praza para o próximo curso):
Presentar as solicitudes de admisión entre o 1 e 20 de marzo de 2023.
  • Na Sede electrónica da Xunta.

  • Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).

  • Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na Conserxería do Instituto e tamén máis abaixo (en documentos adxuntos: “Solicitude admisión...”.

NOTA INFORMATIVA:
 
1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
 
2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
 
3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
 
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
 
DOCUMENTACIÓN e MÁIS INFORMACIÓN: ver máis abaixo en Adxuntos.
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
 
 
Listados:
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.

 
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NA ESO E BACH (para o alumnado do centro e para o alumnado novo que foi admitido no proceso de Admisión descrito previamente):
O prazo de matrícula será indicado oportunamente.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

SOLICITUDES DE ADMISIÓN (para alumnado de fora do centro. O alumnado deste centro ten garantida praza para o próximo curso):
Presentar as solicitudes de admisión entre o 1 e 20 de marzo de 2024.
  • Na Sede electrónica da Xunta.

  • Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).

  • Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na Conserxería do Instituto e tamén máis abaixo (en documentos adxuntos: “Solicitude admisión...”.

NOTA INFORMATIVA:
  • Que, cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 
 
 
DOCUMENTACIÓN e MÁIS INFORMACIÓN:ver máis abaixo en Adxuntos.
 
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: do 23 de marzo ata o 5 de abril.
 
Listados:
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

 
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NA ESO E BACH (para o alumnado do centro e para o alumnado novo que foi admitido no proceso de Admisión descrito previamente):
  • Prazo para a matrícula ordinaria: indicarase oportunamente.
  • Prazo para a matrícula extraordinaria: indicarase oportunamente.

ADXUNTOS A CONSULTAR:

Receitario do inframundo

4 de novembro de 2022

Receitario do inframundo 

 Tras a lectura, nesta 1ª avaliacón, do libro de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, o alumnado de 1o ESO A e D quixo sumarse á temática da morte que, cun humor maxistral, recrea a nomeada autora viguesa, con divertidas aventuras do Inframundo, protagonizadas por uns personaxes moi peculiares e divertidos. Escarlatina, unha nena cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés, coprotagoniza esta historia xunto con Román, quen recibira polo seu aniversario un agasallo moi particular. Polo libro desfilan gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos. Tecidas entre elas asistimos a múltiples peripecias, cun exquisito humor macabro. Así, o dito alumnado atendeu con interese a suxestión que lles propuxen de poñerse (expresión nunca máis acaída) “coas mans na masa” e inventar pratos cos ingredientes máis noxentos posibles, “saborentos” manxares do mundo do Alén, que constitúe un bo pretexto para renderlle unha homenaxe ao Samaín. O alumnado presentou unha carta imposible de comer no mundo dos vivos: minipizza infernal; dedos de momia; galletas de carrachas e cachos de perna humana; sopa de ouriños de can, patas de araña e ollos de robaliza; pescada á galega de lesmas e cascudas; muf ins de vermes e sangue de cabalo, ....... A exposición dos seus traballos pódese ver no primeiro andar do Edificio histórico, instalada un apropiado 2 de novembro (ou mellor dito, e recollendo a denominación máis tradicional dos meses na nosa lingua, do mes dos Mortos) do ano 2022. Abofé que a rapazada aprendeu de xeito divertido dúas leccións inesquecibles: a funcionalidade creativa da lingua e as características dun texto instrutivo. Bo traballo, chefs!!!! 

     Mª Teresa Pastor Novo  (Profesora de Lingua Galega e Literatura e Coordinadora do EDLG)

Para acceder ás fotos pinchar na imaxe

receitas                                                       

Homenaxe a Isidoro Brocos

     1 de outubro de 2022

      Homenaxe a Isidoro Brocos

  A directora do centro, xunto coa alcaldesa, rende homenaxe a Isidoro Brocos, escultor e profesor da Escola de Belas Artes do Instituto da Garda, no día de Todos os Santos

 Para acceder ao artigo publicado pinchar aquí

TIME TO MOVE

31 de outubro de 2022

TIME TO MOVE 

Un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato participaron nunha charla in- formativa ae varios obradoiros realizados por representantes do equipode Ingalicia co obxectivo de dar a coñecer aos nosos xóvenes as diferentes opcións de movilidade dentro do marco da Unión Europea, como volunrta- riado, intercambios académicos, prácticas no estranxeiro, etc.

As actividades TIME TO MOVE ofrecen a oportunidade de preparar proxec- tos e recibir orientacións sobre as oportunidades internacionais que lles interesen.

Para acceder as fotos da charla informativa pinchar aquí

Xacobe Pato, exalumno do centro

30 de outubro de 2022

Xacobe Pato, exalumno do centro, saltou ao papel con "Seré feliz mañana"

Para acceder ao artigo publicado en prensa pinchar na imaxe

ex alumno

Xornada de convivencia en Vilasantar

26 de outubro de 2022

Xornada de convivencia na Escola Ecolóxica de Vilasantar

O pasado 24 de outubro a rapazada de 4º de ESO estivo coa asociación Raíña Paraíso na Escola Ecolóxica de Vilasantar. Un proxecto de inclusión social no rural. Foron acompañados polos profesores Serxio Gómez e Antonio Fondo. A experiencia resultou moi grata, para moitos foi un auténtico bautismo rural. Salientable o comportamento de todos eles.

Para acceder a todas as fotos pinchar na imaxe

Intercambio IES Eusebio da Guarda-Collège Irène Joliot-Curie

25 de outubro de 2022

Intercambio IES Eusebio da Guarda-Collège Irène Joliot-Curie


Os alumnos e alumnas do colexio Irène Joliot-Curie de Fontenilles, estiveron na nosa cidade este mes de outubro, do 15 ao 21, no primeiro encontro do intercambio que desde hai dez anos realizamos con este centro, só interrompido polos anos de pandemia. Trinta e tres alumnos e tres profesores gozaron da acollida das familias españolas e de numerosas actividades coordinadas polos membros do departamento de francés. Realizamos con eles dúas excursións : a última etapa do Camiño de Santiago e unha ruta marítimo fluvial entre Pontecesures e Vilanova de Arousa, onde foron recibidos polo seu alcalde e na que contamos coa colaboración do noso compañeiro Antonio Fondo, a quen agradecemos o seu labor de guía ao longo da xornada. Co alumnado do ciclo de Guía, información e asistencia turística pasearon pola a cidade, atentos ás súas explicacións. Tamén visitaron os museos científicos, o Aquarium Finisterrae, a Torre de Hércules, o Castelo de San Antón e a Casa Picasso. Por último, coñeceron a historia do noso centro da man da nosa directora, Isabel Ruso e como despedida, tivemos unha divertida e emotiva festa na sala Picasso, con actuacións dos alumnos e alumnas, á que acudiron convidadas as familias e que finalizou cun buffet ofrecido polas familias e servido polo alumnado do ciclo de Axencias de viaxe e xestión de eventos, na biblioteca do instituto.
As familias francesas agradecen a calorosa acollida e o bo trato que recibiron os seus fillos e fillas e xa nos esperan para o mes de marzo, cando terá lugar a segunda parte deste intercambio. Grazas a todas as persoas que fan posible esta enriquecedora experiencia!

intercambio francés     

 

Visita da Coruña da man do alumnado de 2º Ciclo Superior

25 de outubro de 2022

 

Visita da Coruña da man do alumnado de 2º de Ciclo superior

 

ciclos francés por Coruña

 

Como xa é tradición, o luns 17 de outubro, o alumnado de francés de 2º de GIAT, acompañado polo seu profesor François Davo, fixo de guía turístico para o alumnado francés e o seu profesorado do Collège Irène Joliot-Curie (Fontenilles) no marco do intercambio - xa todo un clásico do noso instituto-,  que organiza o Departamento de Francés para o alumnado de 3º de ESO. Desfrutaron dun paseo moi agradable para descubrir lugares emblemáticos do centro da nosa cidade.

Información xeral

Información xeral do departamento. Pinchar no enlace

Actividades do departamento para realizar durante as sesións de titoría no curso  23-24. Pinchar na imaxe.

Convocatoria do XVIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

18 de outubro do 2022

Convocatoria do  XVIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

Para aceder ás bases pinchar na imaxe

O periodismo é máis necesario que nunca nunha clase da ESO

12 de outubro de 2022

O periodismo é máis necesario que nuncha nunha clase da ESO

Sabela Prieto, profesora de Lingua Castelá do noso centro e gañadora do premio Periodismo na Escola da Voz de Galicia e Norvento, fala no seguinte artigo sobre a importancia do periodismo nunha clase da ESO.

Para acceder ao contido do artigo pincha na imaxe.

Plan Dixital

10 de outubro de 2022 

O noso alumno Santiago Vilas no XXV Cume Hispano Alemán

7 de  outubro de 2022

Santiago Vilas no XXV Cume Hispano Alemán celebrado na Coruña

Para acceder á toda a información do artigo da Opinión pinche no enlace

 

 

Proxectos en muro compartido

6 de outubro de 2022

Proxectos en muro compartido

O alumnado da profesora Tatiana Saldaña elaborou fiferentes traballos  sobre os temas estudados na clase: apariencia física, cine, hallowen... Estes traballos subíronse a un muro compartido a través dunha aplicación chamada Padlet. Deste xeito todo o alumnado puido ver o traballo feito polo resto e aprender de forma colaborativa, ademáis de fomentar a competencia dixital. Pode accederse a ditos traballos pinchando nos enlaces dos grupos que participaron:

                                                        1º ESO BD       1º BAC      3ºESO AD     

           

Exposición " A lírica galego-portuguesa medieval"

 

4 de outubro de 2022

Exposición: A lírica galego-portuguesa medieval: códices, facsímiles e libros antigos.

A poesía galego-portuguesa medieval, unha das grandes xoias das nosas letras, conservada fundamentalmente nos Cancioneiros da Biblioteca Nacional de Lisboa, da Biblioteca do Vaticano e no Cancioneiro de Ajuda, foi composta nun período especialmente rico para a historia e a cultura do occidente medieval. Os límites cronolóxicos da nosa lírica trobadoresca van dende finais do século XII ata mediados do XIV, acontecendo no 1354 o pasamento do conde de Barcelos, considerado o último trobador e mecenas da lírica galego-portuguesa.

A nosa lingua adquire un momento culminante nesta época, en que é cultivada por todas as capas sociais. A nivel literario, o prestixio do galego acada cotas excelsas e servirá de canle para compoñer un corpus de poesía medieval recoñecido alén e aquén das nosas fronteiras.

Así pois, o Departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración co EDLG, organiza esta exposición que, baixo o título A lírica galego-portuguesa medieval: códices, facsímiles e libros antigos quérelle amosar a toda a comunidade educativa do centro (especialmente ao alumnado de 3º ESO e 1º BACH, por ser unha parte fundamental do currículo de ambos niveis) a importancia que tivo a tradición manuscrita recompilada nos códices. De entre toda a extensa tradición compilatoria que se pode ver nesta exposición, cómpre destacar os facsímiles dos tres grandes cancioneiros antes nomeados,o Códice do Escorial das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio ou o Breviariode Amor, cuxa primeira versión estaba en occitano e do que se expón o manuscrito valenciano do século XV. Á parte disto, ilustran a exposición unhas láminas que recrean diversos aspectos da época trobadoresca, reflectidos nas cantigas, como algunhas clases sociais vítimas das principais invectivas das cantigas satíricas (como as abadesas), xograres segundo manuscritos dos séculos XI e XII, a relación de vasalaxe establecida entre o trobador e a senhor (recollida no libro Feodorum Maior, do século XII) ou unha miniatura do Libro de los juegos (conservado no Mosteiro de El Escorial), onde aparece Afonso X ditándolle ó seu amanuense.

Sen ningunha dúbida, este viaxe ao pasado coa mellor compañía posible, os libros, supón un merecidísimo tributo a un período lingüístico- literario inesquecible da nosa identidade.

                                                                  Teresa Pastor Novo (Coordinadora do EDLG)

  • Para acceder ás fotos da exposicición pinchar na imaxe.
  • Para acceder a máis fotos sobre a exposición pinchar no enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut