Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Blogues

Traballos de francés sobre visibilidade bisexual

3 de outubro de 2022

Traballos de francés sobre diversidade bisexual

Con motivo do día internacional da visibilidade bisexual, celebrado o 23 de setembro, o alumnado de francés primeria lingua do grupo 3 ESO C, coa súa profesora Sara Pajon, realizou uns pósters sobre mulleres francófonas bisexuais, que expuxemos nos taboleiros do grupo Iguais na diversidade. Deste xeito, dende a materia contribuímos a dar visibilidade ao colectivo bisexual ao mesmo tempo que fomentamos o coñecemento de distintas mulleres francófona célebres, como as escritoras Simone de Beauvoir ou Marguerite Yourcenar, entre outras.

Máis pósters no seguinte enlace.

AS PRIMEIRAS PROFESORAS DO INSTITUTO DA CORUÑA

As catedráticas de Xeografía e Historia Marieta Chavert Díaz e Ana Romero Masiá realizan un interesante estudo sobre as primeiras profesoras do Instituto da Guarda.

Roteiro pola Coruña modernista

Martes 27 de setembro de 2022

Roteiro pola Coruña modernista 

Este pasado luns 26 de setembro un grupo de profesores e profesoras participou no roteiro A Coruña modernista, organizado polo Departamento de Xeografía e Historia, en colaboración co EDLG. O profesor Abel Fernández Maroño foi o encargado de explicar a historia dos edificios máis emblemáticos deseñados nese estilo artístico, construídos na cidade herculina nos primeiros anos do século pasado. Resultou moi interesante porque, á parte da información histórica achegada, serviu tamén para recrear curiosas anécdotas relativas á flora dos Xardíns de Méndez Núñez, costumes cotiás das mulleres doutrora, modas provenientes de ultramar ...... Mesmo algún dos asistentes tamén comentou curiosidades de certos nomes das rúas que antes foran castelanizados, pero que recuperaron a toponimia orixinaria galega e que explican moitos detalles da historia da nosa cidade, como a rúa Alcabaleiros, que eran os que cobraban as alcabalas (os tributos que os vendedores lles pagaban ao fisco nos contratos de compravenda e os dous contratantes, no de permuta). Tamén a profesora de Lingua galega e literatura Beni Vidal comentou a malfadada Casa Viturro, ao redor dun episodio de violencia machista acontecido nela hai moito tempo, que xa recrea a escritora Antía Yañez en Senlleiras. Esta lenda negra presente nesta edificación queda patente ou rexistrarse outro infortunio hai poucos anos. En resume, un roteiro moi interesante, que mesmo puideron seguir os participantes con cadanseu folleto explicativo, na tradución e confección do cal colaborou o EDLG. Aquilo que dixera Viente Risco de que : “Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo”, sen ningunha dúbida podería aplicárselle á nosa cidade, porque descubrimos nunha hora de roteiro un mundo de historia sobre a universalidade da nosa urbe. 

                                                         Teresa Pastor Novo (Coordinadora do EDLG)                                                                                                                                                                                                                    

 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA (para o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º BACH)

TRINITY EXAMS AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA 

 

Os alumnos interesados en presentarse ás probas de acreditación de nivel de inglés terán que formalizar a matrícula nas oficinas do centro en horario de 9 a 14 horas. 

Data límite: 20 de setembro

Na matrícula indicarán o nivel B1, B2 ou C1 ao que se queren presentar. En caso de dúbida sobre o nivel, poden asesorarse cos seus profesores de inglés.

Unha vez formalizada a matrícula os alumnos firmarán un compromiso de presentación ás probas, que terán lugar posiblemente no segundo trimestre do curso 2022-23.

 

 

Presentación na sede do Parlamento Europeo en Madrid do Proxecto "Europa mira ao Mar"

15 de setembro de 2022

Presentación na sede do Parlamento Europeo en Madrid do Proxecto "Europa mira ao Mar"

Os días 4 e 5 de setembro unha representación de 9 alumn@s de 1º de Bach, que traballaron no Proxecto TADEUS,  acompañados polas profesoras Mª José Barreiro e Mª José Rivas, viaxaron a Madrid para presentar o seu Proxecto de investigación dos Fondos Estructurais da UE.

A presentación tivo lugar na sede do Parlamento Europeo en Madrid onde foron recibidos por Teresa Coutinho, Directora da Oficina do Parlamento Europeo en España, e Juan González Mellizo, Xefe de Comunicación e prensa da Comisión Europea, entre outros membros. Interveu tamén no acto Nino Versace, Director de Ingalicia.

Ao rematar a presentación os nosos alumnos recibiron os diplomas acreditativos do 2º Premio polo Proxecto na sede de INJUVE, onde foron recibidos por David Lafuente, subdirector de INJUVE España e pola directora adxunta, Cristina Naveira, que nos fixeron entrega dunha placa de recoñecemento polo proxecto "Europa mira ao mar"

PARABENS aos nosos alumn@s polo traballo realizado !!!

Para acceder a todas as fotos pincha na imaxe.

 

O Instituto Eusebio da Guarda prepara a volta do seu alumnado ao novo curso

7 de setembro de 2022

 Artigo da Opinión sobre a volta ás aulas. Pinche na imaxe para acceder á información

Xornada benvida ao novo profesorado en Santiago

6 de setembro de 2022

Xornada de benvida ao novo Profesorado en Santiago

A directora do Instituto deu a benvida ao novo Profesorado de Ensino Secundario no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

Pincha na imaxe para acceder a máis información.

Horario do Instituto en agosto de 2022

HORARIO DO CENTRO EN AGOSTO DE 2022

 

  • Do 1 ao 15 de agosto este centro permanecerá pechado agás o 11 e 12 de agosto que estará aberto de 10:00 a 13:00 h.

 

  • Do 16 ao 31 de agosto o centro estará aberto de 10:00 a 13:00 h.

 

Programas e Proxectos nos que participa o Instituto

Programas e Proxectos nos que participa o Instituto Eusebio da Guarda 

XUBILACIÓNS XUÑO 2022

30 de Xuño de 2022

Xubilacións Xuño 2022

Mª Jesús Quintáns Rodríguez

Pedro Luis Rodríguez Porca 

Alta porcentaxe de aprobados nos exames DELF na convocatoria de abril 2022

3 de xullo de 2022

"Alta porcentaxe de aprobados nos exames DELF na convocatoria de abril 2022 “

 

Novamente neste curso 21-22, unha parte do alumnado que cursa Francés tanto de 1ª coma de 2ª lingua concorreu ás probas DELF Scolaire dentro dos niveis A2, B1 e B2 obtendo uns bos resultados.

 

Lamentablemente algún dos nosos alumnos non puido estar presente nos exames por mor da Covid. Neses casos o Ministerio de Educación Francés mantén a posibilidade de presentarse na vindeira convocatoria sen perder os dereitos ao exame.

 

Aproveitamos a ocasión para recordar que a Consellería de Educación mediante a resolución do 10 de xuño de 2022 está a xestionar as probas de nivel lingüístico, polo que invitamos ao alumnado que desexe presentarse aos exames DELF no curso 22-23 que presente o correspondente compromiso asinado na Conserxería do centro. Prazo ata o 10 de abril.

 

Félicitations et bonnes vacances!!!"

 

“2º Premio Proxecto TAEUS” do Parlamento Europeo para os nosos Embaixadores Junior de 4º ESO

30 de xuño de 2022

“2º Premio Proxecto TAEUS”

do Parlamento Europeo para os nosos Embaixadores Junior de 4º ESO

Os nosos 18 Embaixadores  Junior de 4º ESO obtiveron o 2º Premio do Proxecto TAEUS a nivel nacional e expoñeran o seu Proxecto** “Europa mira al mar”** no mes de setembro na sede do Parlamento Europeo en Madrid. 

!! Parabens a todos!!

 

sdfsd

21 de xuño de 2022

titulo

gdffgdfg

 

 

MATRÍCULA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24

MATRÍCULA EN DIÚRNO
 
Sen prexuízo do establecido na Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8/11/2022)
 

 Realizarase na Secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 h. 

 
Alumnado de ESO:                               
  • 1º ESO : 3, 4 e 5 de xullo.
  • 2º ESO:  29 e 30 de xuño
  • 3º ESO: 29 e 30 de xuño
  • 4º ESO: 26, 27 e 28 de xuño

Alumnado de BACHARELATO:

  • 1º BACH: 26, 27 e 28 de xuño
  • 2º BACH:
    • Alumnado de 1º BACH que aprobou todo ou con unha ou dúas materias suspensas na convocatoria ordinaria, para cursar 2º BACH: 6, 7 e 8 de xuño.
    • Alumnado pendente de matricular de 2º BACH: 6 e 7 de xullo

IMPRESOS DE MATRÍCULA: Poden recollerse en Conserxería ou nos seguintes enlaces:

 

Neste enlace está a información sobre as novas materias LOMLOE.

 
 
 

Acto da USC de Recoñecemento aos Mellores Expedientes

23 de xuño de 2022

Acto da USC de Recoñecemento aos Mellores Expedientes

 

 

 

Nacho Roura, psicólogo e exalumno do Eusebio

23 de xuño de 2022

Nacho Roura, psicólogo e exalumno do Eusebio

Resultados da ABAU (Selectividade) na convocatoria ordinaria 2022

17 de xuño de 2022

ABAU (Selectividade) ordinaria 2022

NURIA YANYUAN ROCA BARROS, segunda mellor cualificación de acceso á Universidade de toda Galicia.

MAGNÍFICOS resultados nas probas de acceso á universidade na convocatoria ordinaria (xuño) de 2022 para o noso alumnado do

 IES P. Eusebio da Guarda:

 

98 % de APROBADOS (moi por encima da media de Galicia que foi do 93 %), de 120 presentados, en diúrno.

 

Nunha análise inicial, e estando pendentes da reclamacións pertinentes, podemos concluír o seguinte sobre as cualificacións da proba de acceso á Universidade:

 

  • O 12 % acadou unha media igual ou superior a 9.
  • O 40 % acadou unha media igual ou superior a 8.
  • So menos do 12 % acadou unha media inferior a 6.

 

PARABÉNS ao alumnado e as súas familias así como ao seu profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut