Club de lectura: Jules Verne e o segredo das mulleres planta
Hoxe, venres 20 de novembro, tivemos a primeira xuntanza do club de lectura na biblioteca para falar do libro de Ledicia Costas: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.
O libro narra como Jules Verne chega a Vigo a bordo do seu iate para descubrir o segredo das mulleres plantas, alí coa axuda de Pierre vai en busca da botica de Philipot que custodia un antigo segredo das mulleres plantas.
O boticario vive coa súa muller Melisa, gravemente enferma, e a súa neta Violeta. Jules e Pierre xunto con Sanjurjo axudarán ao boticario e a súa neta a buscar un remedio que axude a Melisa.
Mentres comentábamos as aventuras, os sentimentos, as emocións… que vivimos mentres liamos o libro, tivemos a visita de “Ne” que nos trouxo un agasallo a cada un de nós.
Quedamos abraiadas coa sorpresa …. Xa sabedes que nos mundos da maxia todo é posible.
Agora toca somerxerse na seguinte lectura: “Un feiticeiro de Terramar” que novas aventuras viviremos? Imos alá!!!