Skip to Content

Clubes de lectura

Clausura do Clube de Lectura de adultos do IES Valga 2018-2019

Clausura Clube de Lectura 2018-2019

 

A escritora Arantza Portabales clausura as actividades do Clube de Lectura do IES de Valga, participando neste xoves, ás 16h30, nun encontro onde se vai comentar o seu libro Deixe a súa mensaxe despois do sinal, que fora gañador do Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas.

Arantza Portabales

 

Arantza Portabales (Donostia, 1973) é unha escritora galega filla de emigrantes no País Basco que regresou coa súa familia a Marín en 1985. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.
 Comezou a escribir en 2013, no xénero do microrrelato. Mantén activo o blog de microficción Una nube de historias onde que publica regularmente microfición. Con Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017) foi tamén finalista do Premio San Clemente e do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A novela foi traducida ao castelán, ao italiano e ao hebreo. En 2019 publicou a novela negra Beleza Vermella ao mesmo tempo en galego (Galaxia) e castelán (Lumen).

Nesta sesión, tamén se vai realizar unha lectura solidaria de No camiño do vento, poemario escrito por Sesé Mateo. Esta autora Chapela (1965-2017), foi unha traballadora do social, feminista e poeta, asasinada pola súa parella nun crime de violencia de xénero. A recadación polas vendas deste libro, publicado postumamente, vai destinada para a Fundación Mujeres.

O Clube de Lectura
O Clube de lectura quere facer un convite especial a todas as persoas da zona interesadas nas súas actividades –mesmo sen teren relación directa co centro- para formaren parte del. A única condición é ter interese e gusto pola lectura. Portabales súmase, e é a última das autora convidadas durante este ano lectivo, engadíndose a unha lista composta por Inma López Silva, Marcos Calveiro e Rosalía Rial.

A poeta Rosalía Fernández Rial no Clube de Lectura da nosa Biblioteca

A poeta Rosalía Fernández Rial no Clube de Lectura da nosa Biblioteca

Os participantes no Clube de lectura de adultos da Biblioteca do noso Centro tiveron ocasión de coñecer de primeira man todos os aspectos do poemario "Ningún amante sabe conducir", xa que contaron coa presenza da súa autora Rosalía Fernández Rial. Foi na tarde do xoves 14 de marzo.

A poeta Rosalía Fernández Rial é a próxima convidada do Clube de Lectura do IES de Valga: xoves 14 marzo ás 16:30 horas

A poeta Rosalía Fernández Rial é a próxima convidada do Clube de Lectura do IES de Valga A poeta carballesa Rosalía Fernández Rial vai participar este xoves 14 de marzo, às 16:30h., nunha nova sesión do Clube de Lectura do IES de Valga, onde se vai falar do seu libro Ningún amante sabe conducir.  Trátase dunha actividade aberta a calquera persoa con interese na lectura.

Rosalía Fernández Rial (Carballo,1988) é licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou e toca o acordeón, fai teatro e, sobre todo, escribe. A súa tese de doutoramento presentada na USC é Expresión dramática e teatral para a clase de linguas no ensino secundario

Para alén de Ningún amante sabe conducir, publicou os libros de poesía En clave de sol, Átonos, Vinte en escena, Contra-acción e Sacar a bailar.Tamén cultivou a narrativa en Bonus Track e o ensaio en Aulas sen paredes.

Ningún amante sabe conducir

Esta obra foi publicada pola Edicións Positivas em 2014. En palabras do crítico Xosé Manuel Eyré, “a riqueza simbólica trascende o poemario e áchase tamén inoculada na prosa poética e na teatralización, mais o poemario en si responde a unha concepción como road movie, que á súa vez é un subxénero que sempre se asimila á narrativa”. 

O Clube de Lectura

O Clube de lectura quere facer un convite especial a todas as persoas da zona interesadas nas súas actividades –mesmo sen teren relación directa co centro- para formaren parte del. A única condición é ter interese e gusto pola lectura. Para este fin poden contactar co responsábel da Biblioteca, Miguel Fernández. 

 
   

Xoves 17 de xaneiro Clube de Lectura co escritor vilagarcián Marcos Calveiro

arcos calveir no Clube de Lectura da Biblioteca     Lembramos que o xoves 17 de xaneiro e a partir das catro e media da tarde contamos no Clube de Lectura de adultos da Biblioteca do noso Centro coa presenza do escritor Marcos Calveiro. Será un encontro para conversar ao redor da súa obra "O Xardineiro dos Ingleses". Contamos coa vosa presenza.  
   

O escritor Marcos Calveiro no Clube de Lectura da Biblioteca o vindeiro 17 de xaneiro

O escritor Marcos Calveiro no Clube de Lectura da Biblioteca o xoves 17/01/2019    O vindeiro xoves, 17 de xaneiro, e a partir das 16:30 horas, estará connosco no Clube de Lectura de Adultos da Biblioetca do IES Valga, o escritor Marcos Calveiro para conversar e afondar  arredor da súa obra "O  Xardineiro dos Ingleses". Contamos coa vosa presenza!!!.   
   
Distribuir contido


by Dr. Radut