Skip to Content

A poeta Rosalía Fernández Rial é a próxima convidada do Clube de Lectura do IES de Valga: xoves 14 marzo ás 16:30 horas

A poeta Rosalía Fernández Rial é a próxima convidada do Clube de Lectura do IES de Valga A poeta carballesa Rosalía Fernández Rial vai participar este xoves 14 de marzo, às 16:30h., nunha nova sesión do Clube de Lectura do IES de Valga, onde se vai falar do seu libro Ningún amante sabe conducir.  Trátase dunha actividade aberta a calquera persoa con interese na lectura.

Rosalía Fernández Rial (Carballo,1988) é licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou e toca o acordeón, fai teatro e, sobre todo, escribe. A súa tese de doutoramento presentada na USC é Expresión dramática e teatral para a clase de linguas no ensino secundario

Para alén de Ningún amante sabe conducir, publicou os libros de poesía En clave de sol, Átonos, Vinte en escena, Contra-acción e Sacar a bailar.Tamén cultivou a narrativa en Bonus Track e o ensaio en Aulas sen paredes.

Ningún amante sabe conducir

Esta obra foi publicada pola Edicións Positivas em 2014. En palabras do crítico Xosé Manuel Eyré, “a riqueza simbólica trascende o poemario e áchase tamén inoculada na prosa poética e na teatralización, mais o poemario en si responde a unha concepción como road movie, que á súa vez é un subxénero que sempre se asimila á narrativa”. 

O Clube de Lectura

O Clube de lectura quere facer un convite especial a todas as persoas da zona interesadas nas súas actividades –mesmo sen teren relación directa co centro- para formaren parte del. A única condición é ter interese e gusto pola lectura. Para este fin poden contactar co responsábel da Biblioteca, Miguel Fernández. 

 
   


page | by Dr. Radut