Skip to Content

Orientación

Visita do alumnado de 4º ESO ao centros de FP de Santiago: Lamas de Abade e CIFP Politécnico

Alumnado de 4º ESO no CIFP Politécnico de Santiago

O venres 17 de marzo, o departamento de Orientación organizou unha visita aos centros educativos de Formación Profesional de Santiago: Lamas de Abade e o CIFP Politécnico para que, o alumnado de 4º ESO, puidese coñecer de primeira man outras posibilidades que, pode elexir unha vez remate a súa etapa académica no noso centro. Foron acompañados polas profesoras Esther de Andrés, Mar Tejero, Nieves Gómez e Laura Souto.

                         Alumnado de 4º ESO no IES Lamas de Abade

Visita do alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO á USC, CIFP Politécnico e EA Mestre Mateo de Santiago

Alumnado de 4º ESO vista a EA Mestre Mateo en Santiago140219  O xoves 14 de febreiro e como actividade final da "Semana de orientación e emprego" do noso centro, o departamento de Orientación organizou unha visita a distintos centros educativos de Santiago para que o alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO puidese coñecer de primeira man as posibilidades que pode elexir unha vez remate a súa etapa académica no IES Valga. Puideron visitar, segundo a opción elexida, a USC, dentro do programa "A Ponte", o CIFP Politécnico de Santiago e a EASD Mestre Mateo. Foron acompañados polas profesoras Rosalía García, Noa Carrera e Pilar Lestido.

 
   

Terceira xornada da "Semana de orientación e emprego" no IES Valga

Charla sobre as cooperativas na semana de orientación e emprego 2019  David Amor co alumnado de 4º ESO na semana de orientación e emprego 2019   O mércores, 13 de febreiro  e dentro da "Semana de orientación e emprego", tivo lugar na aula de audiovisuais a terceira das xornadas con outras dúas interesantes actividades dirixidas ao alumnado de 4º ESO, 2º Bacharelato, 2º FP Básica e de Ciclos. A primeira foi unha charla-obradoiro que baixo o título de "as cooperativas, fórmula de Economía Social" tivo como poñente a Ana Oliveira, técnica da rede Eusumo. A poñente informou de tódalas posibilidades que dá o cooperativismo nos diferentes sectores económicos e mostrou con exemplos reais o futuro desta modalidade empresarial.

Na segunda das actividades, o actor David Amor explicou coa súa charla "Namórate do que fas" a súa experiencia laboral no mundo da televisión e do espectáculo en xeral, conseguindo namorar  coa súa disertación ao alumnado e profesorado asistente. 

 
   

Charlas no segundo día da "Semana de orientación e emprego"

Charla-coloquio sobre o papel dos sindicatos e condicións laborais  Obradoiro sobre as ferramentas de comunicación coa Administración    O martes, 12 de febreiro  e dentro da " Semana de orientación e emprego", tiveron lugar na aula de audiovisuais dúas interesantes actividades dirixidas ao alumnado de 4º ESO, 2º Bacharelato, 2º FP Básica e de Ciclos. A primeira foi unha charla-coloquio que baixo o título de "o papel dos sindicatos e as condicións laborais" tivo como poñentes aos membros da CIG, Carmiña Naveiro e Eduardo Sebio. Os poñentes fixeron un repaso aos órganos representantes nas empresas, a afiliación sindical e ás consecuencias da reforma laboral do 2012.

Na segunda das actividades, realizouse un obradoiro titulado "ferramentas de comunicación coa Administración" a cargo dos técnicos da administración da USC, Ana Domínguez e Delfín Pérez, os cales informaron de cuestións relacionadas con documentos tan básicos e importantes como o certificado dixital ou a sinatura electrónica; ademais fixeron fincapé nos dereitos e deberes dos administrados fronte á Administración.

 
   

Xornada de portas abertas e charla sobre autoemprego na "Semana de Orientación"

charla sobre autoemprego a cargo de Santiago Resua  Comezou no noso Centro a "Semana de Orientación"  cunha xornada de portas abertas e unha charla sobre auotemprego. Despois do acto de apertura na Biblioteca, alumnado do CPI de Catoira, do CPI de Pontecesures e do IES Macías O Namorado percorreu as instalacións do noso Centro. Posteriormente, nas dúas últimas horas da mañá, tivo lugar unha charla titulada "O autoemprego: unha alternativa laboral" a cargo de Santiago Resua Nine, fundador da empresa IRONOR Metalurgia, SL Este empresario e exalumno do noso Centro explicou ao alumnado de 4º ESO, 2º Bacharelato e Ciclos a súa experiencia na creación dunha empresa partindo dos seus inicios como traballador por conta allea.

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut