Skip to Content

Terceira xornada da "Semana de orientación e emprego" no IES Valga

Charla sobre as cooperativas na semana de orientación e emprego 2019  David Amor co alumnado de 4º ESO na semana de orientación e emprego 2019   O mércores, 13 de febreiro  e dentro da "Semana de orientación e emprego", tivo lugar na aula de audiovisuais a terceira das xornadas con outras dúas interesantes actividades dirixidas ao alumnado de 4º ESO, 2º Bacharelato, 2º FP Básica e de Ciclos. A primeira foi unha charla-obradoiro que baixo o título de "as cooperativas, fórmula de Economía Social" tivo como poñente a Ana Oliveira, técnica da rede Eusumo. A poñente informou de tódalas posibilidades que dá o cooperativismo nos diferentes sectores económicos e mostrou con exemplos reais o futuro desta modalidade empresarial.

Na segunda das actividades, o actor David Amor explicou coa súa charla "Namórate do que fas" a súa experiencia laboral no mundo da televisión e do espectáculo en xeral, conseguindo namorar  coa súa disertación ao alumnado e profesorado asistente. 

 
   


page | by Dr. Radut