O martes, 12 de febreiro e dentro da " Semana de orientación e emprego", tiveron lugar na aula de audiovisuais dúas interesantes actividades dirixidas ao alumnado de 4º ESO, 2º Bacharelato, 2º FP Básica e de Ciclos. A primeira foi unha charla-coloquio que baixo o título de "o papel dos sindicatos e as condicións laborais" tivo como poñentes aos membros da CIG, Carmiña Naveiro e Eduardo Sebio. Os poñentes fixeron un repaso aos órganos representantes nas empresas, a afiliación sindical e ás consecuencias da reforma laboral do 2012.
Na segunda das actividades, realizouse un obradoiro titulado "ferramentas de comunicación coa Administración" a cargo dos técnicos da administración da USC, Ana Domínguez e Delfín Pérez, os cales informaron de cuestións relacionadas con documentos tan básicos e importantes como o certificado dixital ou a sinatura electrónica; ademais fixeron fincapé nos dereitos e deberes dos administrados fronte á Administración.
|
|
|
|