Skip to Content

Orientación

Xornada de portas abertas e charla sobre autoemprego na "Semana de Orientación"

charla sobre autoemprego a cargo de Santiago Resua  Comezou no noso Centro a "Semana de Orientación"  cunha xornada de portas abertas e unha charla sobre auotemprego. Despois do acto de apertura na Biblioteca, alumnado do CPI de Catoira, do CPI de Pontecesures e do IES Macías O Namorado percorreu as instalacións do noso Centro. Posteriormente, nas dúas últimas horas da mañá, tivo lugar unha charla titulada "O autoemprego: unha alternativa laboral" a cargo de Santiago Resua Nine, fundador da empresa IRONOR Metalurgia, SL Este empresario e exalumno do noso Centro explicou ao alumnado de 4º ESO, 2º Bacharelato e Ciclos a súa experiencia na creación dunha empresa partindo dos seus inicios como traballador por conta allea.

 
   

Semana de Orientación no IES Valga

Semana de Orientación no IES Valga  Semana de Orientación no IES Valga  O Departamento de Orientación do noso Centro organiza, do 11 ao 14 de febreiro, a "Semana de Orientación". Picando aquí podes ver o programa de actividades onde participarán alumnado de diferentes niveis e estudos do IES Valga, así como doutros centros.  
   

Mesa de Emprego dentro da Semana de Orientación no IES Valga

Alumnado asistente a Mesa de Emprego Ponentes da Mesa de Emprego

 O pasado martes, 6 de febreiro  e dentro da " Semana de Orientación", tivo lugar unha Mesa de Emprego para alumnado de Ciclos e FP Básica. Participaron como poñentes o orientador laboral do Concello, Juan Ramón Angueira e o presidente de Extrugasa e da asociación de empresarios dos vales Ulla e Umia, Andrés Quintá.

 
   

Xornada de portas abertas na "Semana de Orientación"

Xornada de portas abertas "Semana de Orientación" 5 02 18 Mesa redonda "a muller na familia da Fabricación Mecánica" Comezou no noso Centro a "Semana de Orientación" coa presentación dunha semana de actividades e cunha xornada de portas abertas.

Semana de Orientación no IES Valga

Semana de Orientación no IES Valga  O Departamento de Orientación do noso Centro organiza, do 5 ao 8 de febreiro, a "Semana de Orientación". Picando aquí podes ver o programa de actividades onde participarán alumnado de diferentes niveis e estudos do IES Valga, así como doutros centros.  
   
Distribuir contido


by Dr. Radut