Skip to Content

Aviso importante do fondo solidario de libros de texto

mércores 30 de setembro repartiranse os libros de texto do fondo solidario ao alumando de 1º da ESO
Os libros deben ser recollidos pola persoa solicitante. De non ser así, presentarán unha autorización asinada acompañada da copia do DNI do solicitante.
O horario de recollida é de 16:00 a 19:30h.
 
Tamén se poderán recoller nese horario os libros do fondo da ANPA de 1º de ESO

Información para a comunidade educativa

Ante a noticia publicada na prensa dun caso confirmado de COVID no IES David Buján, queremos tranquilizar e explicar á comunidade educativa que o Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos, tanto para este caso como para calquer outro que xurda no futuro.

O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias que puideran estar afectadas para indicar o procedemento a seguir.

No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos según as indicacións e seredes informados das mesmas.

Indicar que os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade de posibles afectados e garantir o seu anonimato segundo establece a Lei de Protección de Datos.

 

Normas básicas de organización e funcionamento no curso 2020/2021

Achegamos una presentación que resume as normas do Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 para o curso 2020/2021.

 

Cambio de horario no Bacharelato para o curso 2020/2021

IMPORTANTE: No curso 2020/2021, o horario escolar para o nivel de bacharelato vese modificado da seguinte maneira.

LUNS, MÉRCORES e VENRES: de 8.30 a 14.10 h.

MARTES e XOVES: de 8.30 a 15.00 h.

Aviso sobre o fondo solidario de libros de texto

Xa está publicada a adxudcación definitiva para o curso 2020/2021:
Se fixo a solicitude a través da aplicación "fondo libros" poderá ver o resultado desde a mesma aplicación.
En caso contrario debe acudir ao centro educativo.
Lembramos que, segundo a lei de protección de datos, está prohibida a difusión da información contida nas listaxes.

Novas e normas de adaptación ao contexto Covid-19 para o curso 2020/2021

  • A día 11 de setembro de 2020 a consellería de educación anuncia o adiamento nunha semana do inicio de curso en Secundaria, para os días 23, 24 e 25 de setembro. Teñen a información no seguinte ENLACE. O novo calendario mantén a distribución escalonada no inicio do curso: 

              Mércores 23 de setembro: 1º e 2º ESO, e 1º bacharelato.

          - Xoves 24 de setembro: 3º ESO e 2º bacharelato.

          - Venres 25 de setembro: 4º ESO.

  • Ante a situación sanitaria e cumprindo o protocolo de adaptación ao Covid-19 da Xunta de Galicia, ningún alumno/a pode quedar  no recinto do centro o luns ao mediodía, incluida a cafetería. 
  • Toda a información relativa ás presentacións dos diferentes cursos, será publicada na páxina web e comunicada pola plataforma Abalar no momento en que teñamos información clara sobre a mesma.
  • Toda a información sobre as normas de inicio do curso 2020/2021 seguirá sendo publicada na páxina web.

Benvidos/as ao curso escolar 2020/2021

Benvidos/as a un novo e atípico curso escolar, curso 2020/2021.

Sabemos que estades a desexar información de como vai ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas. Estamos a traballar na adaptación do protocolo COVID-19 ao noso centro e procurar que os vosos fillos/as traballen nun entorno seguro.

En canto teñamos claro o proceder e as normas dentro do noso centro, será publicado tanto na páxina web como na aplicación Abalar. Esperamos poñelo no voso coñecemento ao inicio da vindeira semana. 

Novo número de teléfono

Por cuestións organizativas fixemos cambio do número de teléfono:

 

 881961200

Recadación de 1.000€ para a ONG Open Arms na actividade de Pedaladas Solidarias do curso 2019/2020

A actividade de Pedaladas Solidarias do curso pasado 2019/2020, debido á situación de pandemia Covid-19, quedou pendente de chegar ao seu fin. Antes de rematar este complicado ano, queremos deixar constancia do esforzo e solidariedade por parte do noso alumnado e familias, membros da comunidade educativa e o concello de Cambre, que conseguiron unha recadación de 1.000 € como donativo para a ONG Open Arms.

A ONG Open Arms envíanos unha mensaxe de agradecemento a toda a comunidade educativa do IES David Buján polo noso esforzo, aportación e solidariedade coa causa humantitaria.

VÍDEO DE AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DAVID BUJÁN 

Resumo das últimas novas

 

NOVAS ACADÉMICAS

NOVAS ADMINISTRATIVAS

ENTREGA DE NOTAS CONVOCATORIA DE  SETEMBRO, ESO e BACHARELATO. ENTREGA LIBROS DE TEXTO.

  • 2º de bacharelato: O xoves 3 de setembro ás 10.30h  os/as titoras farán entrega das notas presencialmente ao alumnado na aula de referencia. 
  • Debido á situación excepcional orixinada pola pandemia COVID-19 publicamos o protocolo a seguir para a recollida de notas.
  • ESO e 1º de bacharelato: O venres 4 de setembro ás 10.30h, os/as titores/as farán entrega das notas presencialmente a un pai/nai/titor legal por alumno/a na aula de referencia. Entregaranse tamén os libros de texto do fondo solidario.
  • Debido á situación excepcional orixinada pola pandemia COVID-19 publicamos o protocolo a seguir para a recollida de notas.
  • Autorización recollida de notas.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ABAU 2020

No seguinte ENLACE, publícanse as instrucións para a realización das probas ABAU da convocatoria extraordinaria de setembro.

Achégase  Anexo II onde se publican as Sedes das Comisións Delegadas. Nesta convocatoira de setembro, a realización das probas ABAU para o alumnado do IES David Buján será na Facultade de Filoloxía do Campus de Elviña. 

O prazo de matrícula da convocatoria de setembro será o venres 4 de setembro, na administración do centro, en horario de 9.30 a 13.30h. Resumo das instrucións e documentación a entregar para a matricula ordinaria da convocatoria de setembro das probas ABAU 2020.

Impreso oficial de matrícula ABAU

Acreditación Pago Taxas de matrícula.

Para matricularse en ciclos formativos ou calquer outra xestión que precise o título de bacharelato ou o resgardo acreditativo de haber efectuado o seu depósito este é o seu procedemento a seguir. 

 

 

Publicación na administración do centro da listaxe de adxudicación provisional da convocatoria fondo libros 2020/2021 o venres 10 de xullo de 2020.

As familias poderán consultar o resultado das súas solicitudes na aplicación de fondolibros.

Haberá dous días hábiles para presentar as reclamacións.

As listaxes definitivas publicaranse en setembro.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

No seguinte enlace aparecen publicados os libros de texto dos diferentes cursos e materias para o curso 2020/2021.

 

IMPRESOS DE MATRÍCULA CURSO 2020/2021:

Nestes enlaces pódense descargar os impresos de matrícula. A folla de elección de materias débese encher coas mesmas opcións que na prematrícula.

1. Documentación matrícula 2020/2021.

2. Datos e permisos matrícula 2020/2021.

3. Transporte escolar 2020/2021.

4. Folla elección materias 1º, 2º e 3º ESO.

5. Folla elección materias 4º ESO.

6. Folla elección materias 1º Bach.

7. Folla elección materias 2º Bach.

8. Compromiso participación StemBach.

9. Modelo Solicitude Cambio modalidade no bacharelato.

10. Modelo Solicitude Cambio de idioma da materia 1º língua extranxeira.

 

ENTREGA DE NOTAS E FONDO LIBROS DE ESO E 1º BACHARELATO.

O xoves 25 de xuño en quendas de 5 pais/nais/titores legais farase entrega das notas presencialmente na clase de referencia. Os responsables serán convocados previamente polos/as titores/as.

Debido á situación excepcional orixinada pola pandemia COVID-19 publicamos o PROTOCOLO a seguir.

Autorización recollida de notas.

 

 

DATAS DE MATRÍCULA CURSO 2020/2021:

1 de xullo: matrícula do alumnado de 1º Bacharelato

2 de xullo de 9.30 - 13.30: matrícula do alumnado de 2º Bacharelato

3 de xullo de 9.30 - 13.30: matrícula do alumnado de 4º ESO

- 6 de xullo de 9.30 - 13.30: matrícula do alumnado de 1º ESO

7 de xullo de 9.30 - 13.30: matrícula do alumnado de 2º ESO

8 de xullo de 9.30 - 13.30: matrícula do alumnado de 3º ESO

Lembramos cumprir as medidas de seguridade de distanciamento social, uso de mascarillas, hixiene de mans e un membro por unidade familiar.

As instrucións e impresos serán publicados días previos ás datas de matrícula.

 

ENTREGA DE NOTAS 2º BACHARELATO.

O martes 9 de xuño en quendas de 9 alumnos/as farase entrega das notas presencialmente na clase de referencia.

Debido á situación excepcional orixinada pola pandemia COVID-19 publicamos o protocolo a seguir.

PROCEDEMENTO MATRÍCULA ABAU:

No seguinte enlace achégase un resumo das instrucións e documantación a entregar para a matrícula ordinaria nas ABAU.

Achégase tamén as instrucións completas da CIUG para a matrícula das ABAU 2020.

Impreso de matrícula.

Taxas ABAU.

Resgardo taxas título bacharelato.

 

RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR:

Tal e como se notificou polo AbalarMóbil, durante esta semana do 1 ao 5 de xuño, as familias poderán vir recoller o material escolar dos seus fillos/as que quedou nas aulas.

Lembramos cumprir as medidas de seguridade de distanciamento social, uso de mascarillas e hixiene de mans.

FONDO SOLIDARIO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2020/2021

Convocatoria: Orde do 12 de maio de 2020

Instruccións

PREMATRÍCULA:

Esta semana, todo o alumnado da ESO e 1º de bacharelato debe ter recibido un correo electrónico coa información para facer a prematrícula.

Para calquera dúbida, poñerse en contacto coa Xefatura de estudos no correo mllugilde@iesdavidbujan.com

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020/2021

Prazos no proceso de admisión

Resolución sobre o Restablecemento no proceso de admisión 2020/2021

Modelo de solicitude

Oferta de postos escolares curso 2020/2021

Criterios de baremación

Centros adscritos, áreas de influencia e áreas limítrofes

 

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Adaptacións das Programacións Didácticas para a 3ª avaliación do curso 2019/2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS. Información da convocatoria:

probas de acceso a grado medio.

probas de acceso a grado superior.

CALENDARIO ESCOLAR FIN DE CURSO 2019/2020

Calendario escolar fin de curso

 

EXAMES TELEMÁTICOS DE PENDENTES

Calendario e horarios dos exames telemáticos de pendentes

 

DESENVOLVEMENTO 3º TRIMESTRE 2019/2020

Información para as familias sobre o desenvolvemento do 3º trimestre 2019/2020

 

CANLES DE COMUNICACIÓN COS DOCENTES

Medios telemáticos empregados e forma de contacto con cada profesor/a

 

Distribuir contido


by Dr. Radut