Skip to Content

O alumnado do StemBac (2º bacharelato) na Maker Faire Galicia.

O alumnado do StemBac participando de forma virtual na Maker Faire Galica co seu proxecto "Estación para o control de augas de ríos".
O seu proxecto, ten como obxetivo principal, a creación dunha sonda de baixo coste con diferentes sensores que permitan realizar investigacións relacionadas coa calidade das augas dos ríos, e foi galardonado co 3º PREMIO na modalidade de divulgación científica.

Noraboa por ese gran traballo, e o esforzo e ilusión entregada!

Información sobre o reparto de máscaras entre o alumnado

O DOG do 13 de novembro vén de publicar a Orde que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado  en centros docentes públicos dependentes da consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

IMPORTANTE:  o prazo para realizar a solucitude remata o venres 27 de novembro (dez días hábiles desde o seguinte á publicación no DOG).

Poden consultar a orde aquí: Orde que regula o reparto de máscaras entre o alumnado.

Adxuntamos un resumo da solicitude das máscaras. RESUMO

Titorías, profesorado, correo de contacto, hora de atención ás familias e outra documentación de interese do curso 2020/2021

Titorías dos diferentes grupos, contacto e hora de atención ás familias.

Profesorado por departamentos, contacto e hora de atención ás familias. 

Anexo V. Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19

Modificación das NOFC á situación Covid-19.

Plano de aulas e portas de entradas e saídas.

Plan de Acollida e de benestar emocional.

Plan de Continxencia

Feira dixital Diverciencia Virtual en Algeciras: o proxecto do STEMBac "Creando multisondas en la escuela para medir la calidad del agua"

O traballo dos nosos alumnos/as do STEMBac en #Diverciencia "Creando multisondas en la escuela para medir la calidad del agua".
No esquezades votar o proxecto do noso alumnado!! Clicka aquí.
Moita sorte!!

Información Fondo Solidario Libros de texto 2º, 3º e 4º ESO

Libros de 2º ESO:
mércores 07 de outubro repartiranse os libros de texto do fondo solidario ao alumando de 2º da ESO
Os libros deben ser recollidos pola persoa solicitante. De non ser así, presentarán unha autorización asinada acompañada da copia do DNI do solicitante.
horario de recollida é de 16:00 a 19:30h.
 
Libros de 3º e 4º ESO: Os libros de texto do fondo solidario entregaranse ao alumnado correspondente, previa autorización asinada polas familias, e en canto dispoñamos de todos os exemplares. Mandaremos un aviso pola plataforma Abalar.
 
Fondo libros da ANPA: Poderanse recoller os libros de texto da ANPA de 2º, 3º, 4 º de ESO e Bacharelato, o mércores 07 de outrubro de 16:00 a 19:30h.

Aviso importante do fondo solidario de libros de texto

mércores 30 de setembro repartiranse os libros de texto do fondo solidario ao alumando de 1º da ESO
Os libros deben ser recollidos pola persoa solicitante. De non ser así, presentarán unha autorización asinada acompañada da copia do DNI do solicitante.
O horario de recollida é de 16:00 a 19:30h.
 
Tamén se poderán recoller nese horario os libros do fondo da ANPA de 1º de ESO

Información para a comunidade educativa

Ante a noticia publicada na prensa dun caso confirmado de COVID no IES David Buján, queremos tranquilizar e explicar á comunidade educativa que o Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos, tanto para este caso como para calquer outro que xurda no futuro.

O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias que puideran estar afectadas para indicar o procedemento a seguir.

No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos según as indicacións e seredes informados das mesmas.

Indicar que os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade de posibles afectados e garantir o seu anonimato segundo establece a Lei de Protección de Datos.

 

Normas básicas de organización e funcionamento no curso 2020/2021

Achegamos una presentación que resume as normas do Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 para o curso 2020/2021.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut