Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021

Publicamos as Instrucións pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021, publicado o 19 de maio, no Diario Oficial de Galicia.

No seguinte ENLACE, publícase a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.

AbalarMóbil para a comunicación entre as familias e o centro e profesorado.

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Achégase o enlace da páxina da Xunta coa información para a súa instalación. AbalarMóbil.

Conmemoración dos 150 anos da táboa periódica.

Para poñer fin ao ano da táboa periódica, o equipo da biblioteca, gratificounos coa táboa periódica da posesía, que será exposición permanente no corredor da biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut