Skip to Content

Información fin de curso 2020/2021 e matrículas curso 2021/2022

MARTES 22 DE XUÑO:

  • Remate das clases ás 12:10. Haberá transporte escolar.

XOVES 24 DE XUÑO:

  • Entrega de notas ás 10:30h. ao alumnado na súa aula de referencia (incluídas as da avaliación extraordinaria de 2º de bach.)
  • Entrega de todos os libro de texto do Fondo Solidario. Os libros entregaranse en bolsas debidamente etiquetadas co nome e curso do alumno/a. O titor  comprobará o número e estado dos libros devoltos e, unha vez comprobadas as notas, os alumnos/as levarán para casa os libros das materias que teñan suspensas en xuño, para devolvelos en setembro.
  • Entrega dos libros de préstamao da biblioteca.
  • Este día NON se recollerán os libros de texto de préstamo do ANPA.

XOVES 24 E VENRES 25 DE XUÑO:

  •  Período de reclamación de 2º de bacharelato, de 9:00 a 13:00h.

 VENRES 25 E LUNS 28 DE XUÑO:

  •  Período de reclamación de ESO e 1º de bacharelato, de 9:30 a 13:30h.

 XOVES 1 DE XULLO:

  •  Período de matrícula de 1º e 2º ESO, de 9:30 – 13:30h.

 VENRES 2 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 3º e 4º ESO, de 9:30 – 13:30h.

LUNS 5 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 1º de bacharelato, de 9:30 – 13:30h.

MARTES 6 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 2º de bacharelato, de 9:30 – 13:30h.

Os días de matrícula recolleranse dos libros de texto de préstamo do ANPA.

Para facer a matrícula, os titores legais asinarán os seguintes impresos que se adxuntan. Este curso, o impreso de elección de  materias segundo a prematrícula xa cuberta, facilitarase en administración para ser asinado no momento.

En xuño só se matricula o alumnado que superaran todas as materias. O resto farano en setembro.

Documentación a presentar coa matrícula 2021/2022

Datos matrícula 2021/2022

Autorizacións xerais matrícula

Transporte escolar 

Bujansat gaña a fase galega do programa Cansat da ESA

 

O equipo BujanSat, formado polos alumnos Xoel García, Jacobo Núñez, Julián Ramos, Diego Rodríguez, Iago Suárez e Hugo Viqueira; e os seus profesores Isabel Parada e Pedro Rodríguez, foron gañadores na fase galega do certame Cansat da área educativa da ESA (Axencia Espacial Europea). Agora, representarán a Galicia na fase nacional que terá lugar en Granada no mes de xullo. Moitos parabéns e moita sorte!

No seguinte ENLACE podedes ver o vídeo final de conclusións, que resume o proxecto Bujansat.

O noso proxecto Cansat, Bujansat, primeiro premio en Diverciencia

O proxecto Bujansat da ESA obtivo o primeiro premio na modalidade Ingeniería Industrial da feira Diverciencia de Algeciras.

Noraboa aos alumnos: Xoel García, Jacobo Núñez, Julián Ramos, Diego Rodríguez, Iago Suárez e Hugo Viqueira; e aos seus profesores Isabel Parada e Pedro Rodríguez. Fantástico traballo en equipo.

O mércores 26 de maio farase a retransmisión do seu lanzamento, que podedes ver pinchando no seguinte ENLACE

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 21/22

Publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 21 de maio e remata o día 22 de xuño.
  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo.
  • Alumnado que repita 4º de ESO: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.

Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de administración (mañás de 09:00 a 13:30 horas).
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enlaces:

Día da ciencia da rúa ao teatro 2021

O pasado sábado 8 de maio de 2021 tivo lugar o Día da Ciencia na rúa que pasou ao teatro este ano 2021.

O noso alumnado participou cun impresionante proxecto "Leds a escena", traxes con luces led programadas con arduino, que brilaron nun baile con moita ciencia.

Noraboa polo gran traballo.

Olimpiada matemática 2021

O alumno Nicolás Iván Seoane Fraguío de 2º ESO B participou na fase local da Olimpiada matemática 2021 e clasificouse para a fase autonómica do vindeiro 20 de maio en Lugo.

Noraboa e moita sorte na seguinte fase.

Curso de mediación escolar en colaboración coa asociación Atalaia Social dentro do contrato programa Eduemociona

Os luns do mes de maio, un grupo de alumnos/as e o Departamento  de Orientación, de  14:30 a 16:30 traballamos e melloramos a nosa competencia socioemocional.

O propósito é formar ao alumnado interesado/a e comprometido/a coa boa convivencia escolar, nas habilidades necesarias para regular e conducir o proceso de comunicación e búsqueda pacífica de solucións entre as partes implicadas, empregando o diálogo como ferramenta esencial.

Para o desenvolvemento deste programa solicitamos a axuda da asociación Atalaia Social , subvencionada a través dun Contrato Programa “Eduemociona”, que se encargará da formación específica dos/as futuros/as mediadores/as escolares.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut