Skip to Content

Proceso de admisión de alumnado 2021/2022

Presentación de solicitudes de admisión:

O día 01/03/2021 comeza o procedemento de admisión para o alumnado de centros non adscritos. As solicitudes presentaranse desde o día 1 de marzo de 2021 ata o 22 de marzo de 2021. Neste período os pais/nais ou titores legais do alumnado interesado deben presentar o modelo de solicitude ED550B. O formulario ED550B tamén será facilitado gratuitamente polo centro, ademais de estar tamén dispoñible na páxina web da Consellería.

Para presentar as solicitudes, os pais, nais ou titores, terán as opcións que figuran na aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) que son as seguintes:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no Centro.
  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no Centro.

As solicitudes presentadas no Centro teñen que vir acompañadas da documentación orixinal e as fotocopias feitas de dita documentación.

As solicitudes poderán ademais presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A solicitude é única, e presentarase no centro de primeira opción, pois no caso contrario produciríase unha duplicidade. A presentación da solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.

O alumnado que ten garantía de permanencia no centro, no caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, no caso de presentar solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de presentación de solicitudes de admisión.

  • Servizos complementarios que oferta o IES David Buján: Transporte escolar.

Normativa admisión alumnado curso 2021/2022:

Convocatoria das probas de acceso a ciclos, de Grao Medio e Grao Superior

Os prazos para presentar a solicitude son os seguintes:
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación abrangue do 15 ao 26 de Marzo de 2021, ambos os dous inclusive.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación abrangue do 18 de Febreiro ao 3 de Marzo de 2021, ambos os dous inclusive.
Requisitos para grao medio: non cumprir requisitos académicos e ter ou cumprir 17 anos no ano de realización da proba.
Requisitos para grao superior: non cumprir requisitos académicos e ter ou cumprir 19 anos no ano de realización da proba.
 
Axuntamos o calendario das probas (ENLACE) e a orde da convocatoria (ENLACE).

Proxecto Cansat da Axencia Espacial Europea EP. 2

Continuamos con éxitos no poxecto Cansat da Axencia Espacial Europea no que participa alumnado de 1° bacharelato, dirixidos pola profesora Isabel Parada Pereira e Pedro Rodríguez Barbeito.

Pero esto non remata aquí, ....continuará!

Podedes velo no seguinte link, pinchando na imaxe.

Encontro do proxecto "Talentos inclusivos" do CITIC da UDC coa asociación Aspace.

Hoxe, na clase de Cultura científica, tivo lugar un encontro do proxecto "Talentos inclusivos" do CITIC da UDC.  

O proxecto trata de fomentar vocacións TIC entre o alumnado e as dificultades das persoas con discapacidade.

Casos Covid. Información para as familias

Ante a aparición de novos casos confirmados de COVID no IES David Buján, queremos tranquilizar e explicar á comunidade educativa que o Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos dos casos rexistrados.

O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias afectadas e as consideradas contacto estreito, para indicar o procedemento a seguir.

No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos según as indicacións e seredes informados das mesmas.

Novo aviso sobre o reparto de máscaras

Entre hoxe, martes 19 de xaneiro, e mañá, mércores 20, repartiranse ao alumnado beneficiario as máscaras lavables e reutilizables correspondentes ao programa de Axuda da Consellería de Educación. Corresponden 4 máscaras de 50 lavados para cada alumno beneficiario.

Horarios das liñas de transporte público do concello, co horario adaptado para uso do alumnado do centro.

Nos arquivos adxuntos, figuran os horarios das liñas de transporte público que poden ser utilizadas polo alumnado do IES David Buján tanto para ir ao instituto como para regresar aos seus domicilios. Aparece resaltado en cores o horario do bus (ida e regreso) que mellor se axusta ao horario lectivo do centro.

Liña Entrexardíns (A Coruña) - Os Campóns (Cambre)

Liña Universidade Laboral - Os Campóns - Carral - Tabeaio

Representando o IES David Buján na nova edición virtual de Galiciencia

O pasado venres 11, o alumnado do Proxecto europeo "Being a biomaker", de 1º de bacharelato, presentando o seu proxecto "Biomakers en la escuela" nesta nova edición virtual de Galiciencia. Con este proxecto obtiveron o premio da categoría especial "La innovación del futuro". NORABOA CHIC@S!!

Distribuir contido


by Dr. Radut