Skip to Content

Becas do Ministerio de Educación curso 2021/2022

Dende o 3 de agosto ata o 30 de setembro de 2021, ábrese o periodo para solicitude de becas para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, do Ministerior de Educación e Formación Profesional. 

Para solicitala é necesario facelo dentro da sede electrónica do Ministerior de Educación e Formación Profesional, podes atopar toda a información en:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Bujansat equipo gañador do concurso nacional da Axencia Espacial Europea

O equipo Bujansat, formado polos alumnos: Xoel García, Jacobo Núñez, Julián Ramos, Diego Rodríguez, Iago Suárez e Hugo Viqueira; e os seus profesores Isabel Parada e Pedro Rodríguez, foron o equipo gañador da fase nacional do certame Cansat da área educativa da ESA (Axencia Espacial Europea), celebrado o 14 e 15 de xullo no Parque das Ciencias en Granada.

O seguinte paso, a final europea. Bujansat representará a España na competición contra outros países da Unión Europea. 

Publicación da listaxe provisional do Fondo Solidario de libros de texto

Xa se pode consultar no centro a listaxe provisional de admitidos do Fondo Solidario de libros de texto.

O prazo de reclamacións é de dous días tras a publicación da listaxe, ata o 13 de xullo.

A listaxe definitiva publicaranse con data límite 15 de setembro.

Premio ao Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística polo seu proxecto "Ler é só o principio"

O proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística do EDNL do IES David Buján, "Ler é só o principio", obtivo a consideración de excelente pola Consellería de Educación e foi premiado cunha dotación económica. A resolución no seguinte ENLACE.

Noraboa a súa coordinadora, Irene De Concepción, e ao profesorado e alumnado colaborador. 

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

XOVES 1 DE XULLO:

  •  Período de matrícula de 1º e 2º ESO, de 9:30 – 13:30h.

 VENRES 2 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 3º e 4º ESO, de 9:30 – 13:30h.

LUNS 5 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 1º de bacharelato, de 9:30 – 13:30h.

MARTES 6 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 2º de bacharelato, de 9:30 – 13:30h.

Os días de matrícula recolleranse dos libros de texto de préstamo do ANPA.

Para facer a matrícula, os titores legais asinarán os seguintes impresos que se adxuntan. Este curso, o impreso de elección de  materias segundo a prematrícula xa cuberta, facilitarase en administración para ser asinado no momento.

En xuño só se matricula o alumnado que superaran todas as materias. O resto farano en setembro.

Documentación a presentar coa matrícula 2021/2022

Datos matrícula 2021/2022

Autorizacións xerais matrícula

Transporte escolar 

Acreditación de nivel lingüístico para o alumnado de 4º ESO e bacharelato do curso 2021/2022

A consellería acaba de publicar a posibilidade de acreditar o nivel de competencia lingüística en lingua extranxeira nos niveis B1, B2 ou C1.

As probas realizaranse, preferentemente, durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022.

O alumnado que curse 4º ESO, 1º ou 2º de bacharelato no curso 2021/2022, interesado en realizar as probas de acreditación debe entregar o seguinte compromiso asinado o día de recollida das notas (24 de xuño) na administración do centro.

Compromiso para a realización da probas de nivel lingüístico

Tedes toda a información na orde na consellería, pinchando no seguinte ENLACE.

Premio do proxecto Europeana para o profesor Juan Colao e aos seus alumnos/as de 4º ESO e 2º de bach.

O profesor de Historia, Juan Colao, co seu alumnado de 4º ESO e 2º bacharelato, acadaron o premio na Competición Educativa Europeana, cun traballo sobre as pandemias ao longo da historia. No seguinte ENLACE tedes máis información sobre esta noticia. Noraboa a todos os participantes.

Prematricula e matricula extraordinaria ABAU 2020/2021

A prematrícula debe ser realizada polo alumnado no IES David Buján o 28 ou 29 de xuño. Esta prematrícula farase a través da Aplicación Informática Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta/).

No seguinte ENLACE achégase a convocatoria da CIUG da matrícula extraordiancia (xullo 2021).

Depósito taxas obtención título de bacharelato (para todo o alumnado) no seguinte ENLACE

Impreso de matrícula.

Taxas ABAU.

Instruccións aboamento taxas ABAU de forma telemática

Libros de texto curso 2021/2022

No ENLACE publícanse os libros de texto para o curso 2021/2022

Distribuir contido


by Dr. Radut