Igualdade

Charla Igualdade martes 13 marzo

O Martes 13 de marzo o alumnado de 3º ESO e PCPI participou nunha actividade do grupo Quérote

FOTOS PDF

8 de marzo de 2012 - Día Internacional da Muller

O 8 de marzo de 2012 tivemos a sorte do contar novamente entre nós con José Antonio Torres, membro de Bombeiros sen Fronteiras [BsF], esta vez para falarnos da situación da muller aquí e nas distintas partes do mundo. Coñecedor de moitas realidades sociais pola súa  colaboración en  tarefas humanitarias en diferentes países e defensor dos Dereitos Humanos [DDHH], axudounos a desvelar as ENTRETELAS DA DESIGUALDADE, desmontar prexuízos con respecto a  outras culturas, recoñecer os nosos comportamentos machistas e dar un paso máis cara á concienciación da necesidade de valorar e respectar ás mulleres.

Unha vez iniciada a  súa intervención, e cando xa nos tiña a todas e a todos interesados coas súas historias ao longo do mundo, sacou unha  prenda traída de Afganistán. A través dela entendemos un pouco máis as entretelas da desigualdade. O interese dista charla centrouse en que todas e todas déramos un paso máis cara a unha sociedade máis igualitaria, porque o machismo é unha actitude e unha conduta, individual ou colectiva, que pode ser modificada pouco a pouco a través da educación.

pica para ver as fotos

Entretelas. Conxunto de circunstancias ou sentimentos máis ocultos e íntimos.

 

FOTOS en PDF 

Igualdade 3º ESO - 1977 (Curtametraxe)

1977

 A curta fala de crecer, e de descubrir a propia sexualidade fronte á que che asignan polo corpo que tes.

Entrevista á directora, Peque Varela.

Unha historia real: Aurora

Premio IRENE - 2011 / No siempre el mar es azul ni la vida color de rosa

O IES Chapela recibe unha mención honorífica na convocatoria dos Premios Irene 2011, co seu traballo "No siempre el mar es azul ni la vida color de rosa". Os “Premios IRENE: la paz empieza en casa” están dirixidos a colaborar, desde o sistema educativo, coa erradicación da violencia e a promoción da igualdade real entre mulleres e homes.

 

Charla Faraxa: Igualdade

II Concurso de Carteis "De Igual a Igual"

Carteis presentados a Concurso

 

Premios 2011: II Concurso de Carteis "De Igual a Igual"

  • 1º premio: Gabriel Díaz Núñez. 3º ESO B
  • 2º premio: Miguel Castro Darroza. 3º ESO A
  • 3º premio: César Martínez Ríos. 3º PDC
  • Premio especial: Noelia Méndez Vázquez e Daniela Gutiérrez Albornoz. 3º ESO B

Invisibles

100 anos camiñando cara á igualdade

 

Daniel Craig celebra os 100 anos do Día da Muller

A 100 anos da primeira celebración do Día da Muller, as organizacións mundiais e por suposto a xente que se relaciona co cinema, celebran  hoxe, ese día tan especial... Tocoulle ao actor inglés Daniel Craig (James Bond), porse no lugar das mulleres e facer reflexionar á humanidade...

Daniel Craig cambia de sexo nunha nova campaña publicitaria

No anuncio da campaña, estreado con motivo da celebración do Día da Muller, Daniel Craig, vestido con traxe e gravata, fai a súa entrada nun escenario e mentres o fai, escoita unha voz de fondo. Dita voz é a da actriz Judi Dench, que interpreta á xefa de James Bond nas últimas películas do axente 007. Dench ofrece a Craig varias estatísticas sobre violencia doméstica, abusos sexuais a mulleres, e diferenzas salariais entre homes e mulleres. A continuación, Dench pregunta a Craig se lle gustaría aparecer en escena como unha muller. Instantes despois, o actor reaparece no escenario cun vestido de muller, zapatos de tacón e unha perruca loura. Unha vez máis, Dench enfronta a Craig cun torrente de datos sobre a discriminación feminina. Ao final do anuncio, un Daniel Craig desencantado desposúese da súa perruca e márchase do escenario.

 

As universitarias sacan mellores notas....

Distribuir contido