Ed. Igualdade |
|
||||||||||||
Nacións Unidas: proclamación do día. Iniciativa 11 febreiro: Día internacional da muller e da nena en ciencia.
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Dende o Ciclo Superior de Integración Social, con motivo da celebración, o próximo 25 de Novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, estanse a organizar unha serie de actividades, das que queremos informar para animar a toda a comunidade a participar das mesmas. Luns 23 estará instalado no vestíbulo do centro un Mural no que se formula unha pregunta: Que é para ti a violencia de xénero? O propósito deste mural é invitar á reflexión, buscando a participación colectiva, escribindo cada quen no propio mural aquelas cousas que considere que son violencia contra a muller ou o seu propio concepto de violencia contra a muller. Tamén haberá algúns pequenos carteis con frases de personaxes célebres, que pretenden convidarnos a pensar. Martes 24, colocaranse algúns carteis máis que representan unha selección de mulleres cun papel relevante para todas e todos nós, animámosvos a coñecelas. Mércores 25 farase unha concentración silenciosa diante do mural interactivo no tempo do recreo da tarde. Á súa finalización procederemos á lectura dun Manifesto. Xoves 26 proxectarase, durante o recreo, unha presentación con vídeo e música, amosando a perspectiva de xénero na música. Venres 27, proxectarase un vídeo para fomentar a visibilidade sobre o tema da violencia contra a muller e colgarase no mural interactivo unha definición oficial sobre a violencia contra a muller. O alumnado do CS Integración Social confía en que vos guste esta inciativa e que vos animedes a participar. CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA FACER DESTE PEQUENO ACTO ALGO SIGNIFICATIVO QUE MOSTRE A CONCIENCIACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODO O IES Chapela. Fotos da lectura do manifesto
|
|||
|
||||||||
Andrea Pousa, estudante do Grao de Administración de Empresas e apaixonada do mundo audiovisual, coñece o IES Chapela grazas as reunións de Think Big que se mantiveron no centro entre novembro de 2013 e xaneiro de 2014. Descubre entón parte do traballo que se realiza no instituto para tratar de eliminar os estereotipos sexistas e potenciar as novas masculinidades. Colaborando con esta liña de actuación proponnos o visionado da curta A volta á tortilla no que se ofrece outro punto de vista sobre o cancro de mama moi diferente ao que recolle a curta A teta que vos falta, sobre a que xa se traballou co alumnado de 3º ESO e PCPI. A volta á tortilla é unha curtametraxe solidaria a favor da loita contra o cancro de mama protagonizada por Paco León. Os beneficios desta curtametraxe serán destinados á Fundación Sociedade Española de Oncoloxía Média (SEOM). Nova da estrea extraída de prsalud
|
|||
Autor: César Ríos Aguilar / Xénero: Drama / Categoría: Ficción
|
|||
Título: Con la pata quebrada / Ano: 2013 / Duración: 83 minutos / Dr.: Diego Galán / Xénero: documental Das colaboracións que mantemos con organismos, asociacións, ONGs e expertos e expertas nos diferentes temas transversais sempre xorde un intercambio de información que fai que ampliemos os nosos recursos informativos e didácticos, e en ocasións reconduzamos a nosa liña de traballo co alumnado. Nesta ocasión Adolfo Bendoiro, mentor de Think Big Telefónica, coñecendo a liña de traballo do IES Chapela sobre Educación para a Igualdade, achéganos o documental “Con la pata quebrada”. O grupo de 3º PDC analizará a evolución da imaxe da muller desde os anos 30 do século pasado ata a actualidade partindo dos fragmentos de películas que ofrece Galán, para concluír cales foron os avances realizados e o camiño que queda por recorrer aínda, así como para fomentar o compromiso do alumnado na loita por un mundo máis igualitario.
|
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »