Igualdade

Día Internacional contra a Violencia de Xénero - 2016

 

 

 

 

25-11-16 / Día Internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro tivo lugar un acto no Concello de Redondela, contra a violencia de xénero, protagonizado polo noso alumnado de 2º e 3º PMAR. O acto contou coa presenza da Concelleira de Educación.

Laura, Melany, Santiago e Cong Xin, leron un manifesto no que denunciaron o elevado número de casos de violencia de xénero que sacode ano tras ano a nosa sociedade, sen que sexamos capaces de erradicala. Salientaron como unha forma de eliminala a análise con perspectiva de xénero dos nosos comportamentos na vida cotiá e a eliminación no día a día das nosas actitudes machistas.

En el tiempo de las mariposas - Julia Álvarez

Me llamo Noyud - Noyud Alí

25 de Novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Dende o Ciclo Superior de Integración Social, con motivo da celebración, o próximo 25 de Novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, estanse a organizar unha serie de actividades, das que queremos informar para animar a toda a comunidade a participar das mesmas.

Luns 23 estará instalado no vestíbulo do centro un Mural no que se formula unha pregunta: Que é para ti a violencia de xénero? O propósito deste mural é invitar á reflexión, buscando a participación colectiva, escribindo cada quen no propio mural aquelas cousas que considere que son violencia contra a muller ou o seu propio concepto de violencia contra a muller. Tamén haberá algúns pequenos carteis con frases de personaxes célebres, que pretenden convidarnos a pensar.

Martes 24, colocaranse algúns carteis máis que representan unha selección de mulleres cun papel relevante para todas e todos nós, animámosvos a coñecelas.

Mércores 25 farase unha concentración silenciosa diante do mural interactivo no tempo do recreo da tarde. Á súa finalización procederemos á lectura dun Manifesto.

Xoves 26 proxectarase, durante o recreo, unha presentación con vídeo e música, amosando a perspectiva de xénero na música.

Venres 27, proxectarase un vídeo para fomentar a visibilidade sobre o tema da violencia contra a muller e colgarase no mural interactivo unha definición oficial sobre a violencia contra a muller.

O alumnado do CS Integración Social confía en que vos guste esta inciativa e que vos animedes a participar.

CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA FACER DESTE PEQUENO ACTO ALGO SIGNIFICATIVO QUE MOSTRE A CONCIENCIACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODO O IES Chapela.

Fotos da lectura do manifesto

    

O diario azul de Carlota - Gemma Lienas

      Carlota, decide facer un traballo para o cole sobre violencia de xénero. A través das súas propias experiencias e investigando en casos que Carlota ten ao seu arredor, a protagonista do libro vai organizando fichas para a presentación do seu traballo e establecendo as diferentes definicións do que pode considerarse como violencia de xénero. Carlota vive tamén o problema directamente cunha das súas amigas máis próximas.

La vuelta a la tortilla

Andrea Pousa, estudante do Grao de Administración de Empresas e apaixonada do mundo audiovisual, coñece o IES Chapela grazas as reunións de Think Big que se mantiveron no centro entre novembro de 2013 e xaneiro de 2014. Descubre entón parte do traballo que se realiza no instituto para tratar de eliminar os estereotipos sexistas e potenciar as novas masculinidades. Colaborando con esta liña de actuación proponnos o visionado da curta A volta á tortilla no que se ofrece outro punto de vista sobre o cancro de mama moi diferente ao que recolle a curta A teta que vos falta, sobre a que xa se traballou co alumnado de 3º ESO  e PCPI. A volta á tortilla é unha curtametraxe solidaria a favor da loita contra o cancro de mama protagonizada por Paco León. Os beneficios desta curtametraxe serán destinados á Fundación Sociedade Española de Oncoloxía Média (SEOM).

Nova da estrea extraída de prsalud

 

La teta que os falta

Autor: César Ríos Aguilar / Xénero: Drama / Categoría: Ficción

  • País de produción: España
  • Reparto: Beatriz Rico, Elena Martín, Mónica Aragón, Rocío Muñoz, Myr Garrido, Albert Coma, David V. Muro, Ismael Martínez y Patxi Freytez
  • Guión: César Ríos Aguilar
  • Director de fotografía: José Arana
  • Música: Marcos Cruz
  • Produtora: Zampano
  • Distribución: César Ríos Aguilar
  • Data da estrea: 14/10/2012
  • Sinopse: CARLA é unha muller que superou un cancro de mama. Durante unha cea especial cun grupo de amigos é inevitable que xurdan temas de conversación cotiás que agora lle afecten de diferente forma. Ela prefere soportar os seus cambios psíquicos e físicos con discreción e tenta comportarse de igual forma a como era antes da operación, pero algo inesperado ocorrerá esa noite que lle fará "tomar cartas no asunto".

Comentarios do alumnado

Con la pata quebrada

Título: Con la pata quebrada / Ano: 2013 / Duración: 83 minutos / Dr.: Diego Galán / Xénero: documental

Das colaboracións que mantemos con organismos, asociacións, ONGs e expertos e expertas nos diferentes temas transversais sempre xorde un intercambio de información que fai que ampliemos os nosos recursos informativos e didácticos, e en ocasións reconduzamos a nosa liña de traballo co alumnado. Nesta ocasión Adolfo Bendoiro, mentor de Think Big Telefónica, coñecendo a liña de traballo do IES Chapela sobre Educación para a Igualdade, achéganos o documental “Con la pata quebrada”. O grupo de 3º PDC analizará a evolución da imaxe da muller desde os anos 30 do século pasado ata a actualidade partindo dos fragmentos de películas que ofrece Galán, para concluír cales foron os avances realizados e o camiño  que queda por recorrer aínda, así como para fomentar o compromiso do alumnado na loita por un mundo máis igualitario.

Ciudad Juárez

    A colaboración no traballo dos temas transversais de persoas e institucións do entorno levounos a contactar con Xavier Babarro, ex alumno do CEIP Angorén, que viviu en Ciudad Juárez entre 2012 e 2013 desempeñando un traballo de executivo nunha maquila destinada á automoción. O alumnado de 4º PDC realizoulle unha entrevista o 23 de decembro de 2013. Presentamos aquí parte do noso traballo.

Ciudad Juárez, entre balazos e decapitacións, conta con máis de 100000 persoas asasinadas na última década. Ningún candidato ou candidata á presidencia do país presenta nos seus programas solucións para este problema. A sociedade en xeral e as mulleres en particular son vítimas dunha violencia cruel por parte de narcos, militares, federais... Documental: Ciudad Juárez: mulleres asasinadas.

25 novembro de 2013: Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller

O alumnado de 3º ESO B preparou un manifesto para lembrar que a violencia contra as mulleres debe ser eliminada definitivamente. O manifesto preparouse na clase de estudo asistido e foi lido no Multiusos de Chapela o venres 22 de novembro ás 20:30 coa presenza da Concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, de Redondela.

 

Fotos do acto

  Fotos da rúa do Príncipe PDF

Distribuir contido