Igualdade

Folga Alumnado - 8 de marzo de 2021

            Dirixímonos a vós para comunicarvos que o 8 de marzo está convocada por varias organización estudantís unha folga de alumnado que afecta a todos os cursos salvo a 1º e 2º ESO. Acolléndose ao dereito de reunión, e celebrando a Xunta de codelegadas e codelegados no IES Chapela en data de 4 de marzo, o alumnado do Centro sumouse á decisión colectiva de non asistencia a clase en reivindicación dos dereitos da muller.

            O alumnado que apoie a decisión colectiva de non asistencia a clase, non acudirá ao IES Chapela o día sinalado para realizar ningunha actividade. Como en situación de normalidade académica, ningún alumno ou alumna menor de idade poderá abandonar o IES Chapela sen a autorización pertinente. As faltas de asistencia do alumnado que se sume á decisión colectiva de non asistencia a clase, consideraranse xustificadas. O alumnado que non se sume a esta convocatoria ten o dereito e o deber de asistir ao Centro e recibirá clase normalmente. O profesorado proseguirá o desenvolvemento normal da materia. En ningún caso poderán realizarse exames, probas de avaliación ou recollida de traballos nestes días, sempre e cando algún alumno ou alumna do grupo onde se vaian realizar ou entregar, participe na decisión colectiva de non asistencia.

            Todo o alumnado menor de idade que participe desta decisión deberá contar cunha autorización da nai/pai ou titor/a cubrindo un modelo que poderá recoller en conserxería e que entregará á persoa titora do grupo. 

Chapela, a 4 de marzo de 2021

 

A dirección

25 N - 2020 / O IES de Chapela di NON á Violencia de Xénero

25-N 2020 Día Internacional Contra a Violencia Machista - Equipo de Igualdade e Diversidade IES de Chapela

Charla co Concello de Redondela - Violencia de Xénero (Novembro 2020)

 

 

Hoxe, o alumnado de 4º ESO do Concello de Redondela estivo invitado a participar nunha xuntanza organizada polo Concello, concretamente polo Servizo de Igualdade e o CIM (Centro de Información á Muller). Tivemos a oportunidade de compartir unhas palabras con Digna Rivas, a alcaldesa de Redondela, e a pesares dos problemiñas técnicos, puidemos falar e comentar dúas curtas, nas que a dirección é exercida por mulleres e que representaban dúas experiencias de violencia de xénero. Foi un encontro que abriu un espazo na que dúas alumnas e un alumno compartiron experiencias propias. Moitas grazas pola iniciativa!

Equipo de Igualdade do IES de Chapela - Novembro 2020

Co pulo da xente nova, o Equipo de Igualdade do IES de Chapela iniciou a súa andaina este luns 16 de novembro de 2020 nun encontro virtual que creou un espazo de liberdade e progreso onde escoitar, aprender e compartir. Comezamos coa vista próxima no 20-N, Día Internacional da Memoria Trans, e o 25-N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, mais sen esquecer o obxectivo deste grupo: a loita pola igualdade e o respecto á diversidade no noso centro e na sociedade. Moitos parabéns a todas e a todos.

Vídeo da Rede Educativa de Apoio LGTBIQ - 2020

Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+, na que participa o IES de Chapela, realiza este vídeo dedicado a todo o noso alumnado LGTBIQ+. Todo nun día 17 de maio no que celebramos e defendemos tanto o respecto pola nosa identidade galega como pola diversidade.

 

31 de Marzo de 2020 - Día Internacional da Visibilidade TRANS

Charla violencia machista - 2019

Vídeo Día Internacional contra a violencia de xénero - 2019 / 2º CS Educación Infantil

Vídeo realizado polo alumnado e profesorado de 2º de Educación Infantil do IES Chapela, para o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha interpretación da canción "Sólo quiero bailar" realizada por Miguel Ángel Maroto Negrete xunto co alumnado do IES Maestro Juan de Ávila.

Día Internacional contra a Violencia de Xénero - 2019

O 25 de novembro a comunidade educativa do IES Chapela volveu manifestar o seu rexeitamento á violencia de xénero. O alumnado de 1º ESO C leu un manifesto no que explicou o motivo polo que se identifica a cor morada coa violencia de xénero e no que que expresaron a súa opinión sobre o tema, deixando claro o que queren e o que non. Dun xeito simbólico o alumnado construíu o seu camiño sen violencia, expresando con carteis aqueles comportamentos que rexeitan e substituíndoos despois por outros que si aproban.

FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA.

SEN NINGÚN XÉNERO DE DÚBIDA

 
25N
25N
Distribuir contido