Igualdade

Flor do deserto / Gran Torino

Flor do deserto

SINOPSE: Como nun conto de fadas, Waris Dirie, nacida en Somalia nunha familia de pastores nómades, converteuse nunha das modelos máis solicitadas da época. Percorreu un camiño fascinante ata pisar as pasarelas máis famosas e ser portada das mellores revistas de moda. Aos 13 anos fuxiu dunha voda de conveniencia e andou días polo deserto antes de chegar a Mogadiscio, capital de Somalia. Alí, os seus parentes mandárona a traballar como criada á Embaixada do seu país en Londres, onde pasou a adolescencia sen saber ler nin escribir. Antes de volver a un país esnaquizado pola guerra, preferiu permanecer ilegalmente en Londres onde coñeceu a Marilyn, unha dependenta con carácter, que a acolleu e as dúas fixéronse amigas íntimas.

A HISTORIA: Como nun conto de fadas, Waris Dirie converteuse nunha das top models máis solicitadas da época. Nada en Somalia entre pastores nómades, percorreu un camiño fascinante que a levou desde os desertos do nordés de África até as pasarelas e revistas máis prestixiosas. Mentres traballaba nun restaurante de comida rápida, foi descuberta polo famoso fotógrafo Terry Donaldson. A ambiciosa axente Lucinda supervisou a súa transformación en modelo. Pero detrás da brillante fachada da nova vida de Waris escondíase un destino conmovedor. A pesar do éxito, Waris non podía desfacerse do peso dun terrible segredo. No cume da súa carreira, revelou publicamente que fora vítima da ablación. A súa historia espertou unha onda de simpatía e controversia, polo que decidiu dedicar o resto da súa vida a loitar contra esta tradición inhumana.

 

Gran Torino

FRAGMENTO PARA REFLEXIONAR SOBRE A LINGUAXE SEXISTA. A  Linguaxe é unha convención cultural, non algo herdado bioloxicamente. Pode, polo tanto, cambiarse. Pero custará moito: tanto na súa formulación oral como escrita. Porén, somos moitas e moitos os que sabemos que outra linguaxe é posible e necesaria. E cara a ela avanzamos.

 

 

 

 

Premio IRENE - 2011 / Ojos tristes, mirada baja, boca cerrada

De trapos e siliconas

Imponse o culto ao corpo e as mulleres adoptan a imaxe hipersexuada que se espera delas ante as dificultades de achar o seu sitio nunha sociedade desequilibrada polo peso do diñeiro e os valores masculinos.

Texto de GABRIELA CAÑAS.

Vídeo - Maltrato Certo

Vídeo - Non o escondas

1º Concurso de carteis DE IGUAL A IGUAL

Unha afgana perseguida - Programa de radio

Documental - Inimigos da felicidade

Os homes que non amaban as mulleres - Stieg Larsson

Los hombres que no amaban a las mujeres
Autor: Stieg Larsson
Editorial: Destino
Páxinas: 672

 
I.S.B.N: 978-84-233-4044-6

Harriet Vanger desapareceu hai 36 anos durante un Entroido de verán na illa sueca de Hedeby, propiedade practicamente exclusiva da poderosa familia Vanger. A pesar do despregue policial, non se encontrou rastro da rapaza de 16 anos. Escapou? Foi secuestrada? Asasinada? Ningué o sabe: o caso está cerrado, os detalles esquecidos. Pero hai quen segue lembrando a Harriet, o seu tío Henrik Vanger, un empresario retirado, xa no final da súa vida e que vive obsesionado con resolver o misterio antes de morrer. Nas paredes do estudo colgan 43 flores secas e enmarcadas. As primeiras 7 foron agasallos da súa sobriña. As outras chegaron puntualmente para o seu aniversario, de forma anónima, desde que Harriet desapareceu. Vanger contrata a Mikael Blomkvist, xornalista de investigación e alma da revista Millennium, unha publicación dedicada a sacar á luz os trapos sucios do mundo da política e das finanzas. Mikael non está pasando un bo momento: está vixiado e procesado por una querela por difamación e calumnia. Detrás da querela está un grupo empresarial que ameaza con derrubar a súa carreira e destruír a súa reputación. Así que acepta estraño encargo de Vanger de retomar a investigación da desaparición da súa sobriña e intentar tirar dalgún cabo solto. Un traballo complicado para o que recibe o agasallo inesperado da axuda de Lisbeth Salander, unha investigadora privada inusual, incontrolable, socialmente inadaptada, tatuada e chea de piercings, e con extraordinarias e insólitas calidades como a súa memoria fotográfica e a súa destreza informática. Texto extraido de: http://www.serielarsson.com/libro.php

 
Curso 2009-10. Lecturas Titoría PCPI.

Guía non sexista dirixida a rapazas

No te líes con los chicos malos é o título desta interesante guía para adolescentes elaborada por Mª José Urruzola.

 

Aprendiendo a amar - Vídeo de Documentos TV

Distribuir contido