Igualdade

La ciudade del silencio/Bordertown

A película baséase nos centos de asesinatos e desaparecións de mulleres que tiveron lugar polo menos desde 1993 na fronteiriza cidade de Juárez, e que recibiron o nome de "feminicidios". A película contén unha controvertida crítica ao Tratado de Libre Comercio entre México e Estados Unidos, responsable en boa medida da precariedade e indefensión das empregadas, das maquiladoras, rapazas xoves de orixe pobre que só gañan 5 dólares ao día.

Director: Gregory Nava

Pais: USA

Ano: 2006

Homo Baby Boom

Seis familias homoparentais de Catalunya e Valencia -tres con nais lesbianas, tres con pais gays- explican como tiveron aos seus fillos e fillas, que reaccións atoparon e como lles afectaron os cambios legais do 2005, que permiten o matrimonio e a adopción por parte de parellas homosexuais. Gañador de diversos premios, seleccionado en máis de 40 festivais de todo o mundo, emitido en televisións de Catalunya e Francia.

Premio - Buentas Prácticas Educativas

O pasado 20 de decembro, o Xurado do "III Concurso de Buenas Prácticas Educativas"convocado pola Asociación Mejora tu Escuela Pública, en colaboración coa Fundación La Caixa, otorgou premios a oito centros públicos do Estado polas súas boas prácticas educativas. O IES de Chapela acadou o segundo premio na modalidade B, polo  proxecto "Necesitamos entender a educación desde a diversidade para lograr a igualdade". O traballo foi realizado polas nosas compañeiras Esther (orientadora) e Lucía (PT). Parabéns. 

Nova no Faro de Vigo. Sábado 12 de xaneiro de 2013.

 

Tierra de Mujeres - Princesas

Revolucionarias silenciadas: mulleres que fixeron historia

III Concurso De Igual a Igual.

GAÑADORAS

1º premio PATRICIA SOTO VALLADARES

2º premio MARÍA ABAL MARTÍNEZ

3º premio ARANTXA IGLESIAS OTERO

    

Las Mariposas. 25 de novembro

Las Mariposas. 25 de Novembro. Vídeos gravados na aula.

Problemas do machismo / logros da igualdade

A comunidade educativa non pode pasar por alto o problema da violencia de xénero e o maltrato, sexa este físico ou psicolóxico.

Charla Prostitución - 4º ESO e PCPI

O Martes 13 de marzo, o alumnado de 4º ESO e PCPI asistiu a unha charla impartida por FARAXA acerca da educación afectivo sexual, onde se lle explicou cal é a realidade que se esconde detrás da prostitución. A charla foi o colofón dun traballo que partiu da lectura Bangla, a historia dun matrimonio concertado en Bangladesh. Continuou coa análise da prostitución nese país a través dunhas fotos publicadas por El País, para rematar co estudo da situación na nosa cidade. Trátase de sensibilizar aos e ás xoves que se inician nas relacións sexuais, xa que se está adiantando cada vez máis a idade dos consumidores de prostitución.

 

Fotos en PDF

Voda concertada en Bangladesh

Todo bo matrimonio comeza con bágoas

Asia Pacific Premiere Asia y el Pacífico Premiere

UK 2006 / Reino Unido 2006 / 62min.
Director: Simon Chambers

Shahanara, tras ser rexeitada pola súa familia por levar unha forma de vida moi afastada da que eles cren correcta, decidirá por fin someterse aos desexos dos seus pais e asentirá casar cun mozo campesiño de Bangladesh que só viu unha vez na súa vida. No aeroporto de Londres, a moza esperará para coñecer o seu esposo cun sentimento que alberga amargura e ilusión. Pero días máis tarde, Shahanara sentirá que ese non é o destino que quere para si mesma e abandonará o seu prometido. Mentres tanto, a súa devota irmán pequena, Hushnara, prepararase tamén para o seu propio matrimonio concertado, algo para o que aos seus 19 anos non se sente preparada en absoluto, pero que irá aceptando co paso dos días. Toda a familia viaxará a Bangladesh para unha voda ao estilo tradicional, todo un evento ao que Shahanara non estará invitada por deshonrar a súa familia. A película é un fascinante e humano retrato sobre o choque entre as ideas de pais e fillos en torno a este tema tan conflitivo.

Interesante documental que recibiu unha Mención Especial do Xurado do Festival de Cine Astra 2007 de Sibiu (Rumanía).

Distribuir contido