Igualdade

20-11-2019 / Día Internacional da Memoria Trans

Día Internacional da memoria trans
 

Hoxe, 20 de novembro, conmemoramos no IES de Chapela e en todos os institutos de Redondela, o Día Internacional da Memoria Trans. Cun acto apoiado polas asociacións Irisar, Pulse, Nós Mesmas e Euforia, e que contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a comunidade do IES de Chapela afondou na loita polo recoñecemento da diversidade na orientación sexual e na identidade de xénero. Unha loita na que se denuncia a transfobia e a violencia contra as persoas que forman o colectivo trans. O IES de Chapela solidario coa súa causa. A causa dunha sociedade xusta e libre.

Día Internacional da Saída do Armario - 2019

O venres 11 de outubro, celebramos no IES Chapela o " Dia Internacional da Saída do Armario", para visibilizar  a diversidade afectivo sexual e de xénero, cun banco de cores, enchendo de cor, respecto e igualdade o centro.
 
Día Internacional da Saída do Armario Día Internacioanl da Saída do Armario 10 Día Internacioanl da Saída do Armario 12 Día Internacioanl da Saída do Armario 13
Día Internacioanl da Saída do Armario 11 Día Internacional da Saída do Armario 2 Día Internacional da Saída do Armario 3
Día Internacional da Saída do Armario 4 Día Internacioanl da Saída do Armario 5 Día Internacioanl da Saída do Armario 6
Día Internacioanl da Saída do Armario 7 Día Internacioanl da Saída do Armario 8 Día Internacioanl da Saída do Armario 9

No camiño do vento - Sesé Mateo / Marzo 2019

O IES de Chapela e a familia Mateo presentaron o xoves 7 de marzo o libro No camino do vento de Sesé Mateo. Nun acto emocionante no que se lembrou a nosa veciña, muller loitadora e comprometida, o noso alumnado deu vida aos textos de Sesé. Con forza, sentimento e orgullo, Anxo, Katia, Xela, Icíar, Claudia, Gorka, Miriam, Paula, Ilenia, Noelia e Sofía, representaron ao noso centro e fixeron bo aquilo de que a poesía é unha arma cargada de futuro. Aquí os tedes na foto na compaña de Joshua, fillo de Sesé, e de Olga, a vicedirectora, que abriu o acto. Moitas grazas a todas e a todos por ser como sodes. Nova en Faro de Vigo.

8 de Marzo de 2019 - Día Internacional da Muller

  

 

Presentación do libro: No camiño do vento - 2019

Cartel No Camiño do vento Invitación

Cabodano para a esperanza

     

No 2º cabodano de Sesé Mateo o seu fillo Joshua visita o IES de Chapela cun agasallo moi especial, o libro cos poemas da súa nai, en cuxa edición colaborou o noso instituto. No IES de Chapela as cámaras de TVE1 entrevistaron a Joshua, quen tivo palabras de amor, de loita, esperanza, xustiza e superación.

O día 7 de marzo, ás 20:00, no Multiusos do Piñeiral do Crego, presentarase a obra No camiño do vento. Alí estaremos.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia - 2019

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra hoxe 11 de febreiro, as alumnas de 3º ESO asistiron aos obradoiros Elas fan CienTec 2019 e Exxperimenta en feminino, que se celebraron na Universidade de Vigo.

A xornada comezou coa recepción por parte do reitor da UVigo, Manuel Reigosa, que lles lembrou a importancia da presenza das mulleres na ciencia e animounas a realizar carreiras de ciencias e enxeñarías, xa que son de sobra capaces, e insistiu en que a universidade precisa do seu talento.

Os talleres programados realizáronse nas distintas escolas e facultades, en concreto as nosas alumnas realizaron os talleres de ámbito tecnolóxico que tiveron lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Dirixidas por un grupo de alumnas de 3º de carreira programaron o robot  Lego Mindstorm e realizaron un pequeno videoxogo en Scratch. 

Picando na ligazón podes visitar a web das xornadas, e nela ler as biografías de sete mulleres científicas e investigadoras que fixeron grandes descubrimentos e seguramente non coñeces: Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell, descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN.

 

Programa Día da Muller e da Nena na Ciencia 1
 Día da Muller e da Nena na Ciencia 3  
 Día da Muller e da Nena na Ciencia 5  Día da Muller e da Nena na Ciencia 6
Día da Muller e da Nena na Ciencia 7 Día da Muller e da Nena na Ciencia 2

25 de novembro 2018 - O IES Chapela di NON

     
 
Alto e claro, a comunidade escolar do IES Chapela berrou hoxe NON á Violencia de xénero contra as mulleres. Desde a mañá ata a noite, o alumnado, profesorado e persoal non docente do noso instituto, realizou actividades para recordar as que están e as que non están: confección de carteis, lazos, visionado de curtas e videoclips, performances... e un sobrecolledor minuto de silencio. Desde o Concello de Redondela, Lidia Bastos González (1º ESO A), en representanción do seu grupo e de todas e todos nós, leu parte do manifesto municipal do Día contra a Violencia de Xénero redactado por alumnado de todo o concello. E por suposto, lembramos a nosa veciña e amiga, Sesé. Grazas a todas e a todos por ser como sodes.
 
     

 

Sesé na nosa memoria

Graffiti no Muro de Berlín

A Sesé, a quen lle gustaban “estas cousas”.

 

 

 

 

Chapela está sumida na tristeza e indignación por ser lugar dun novo crime machista. A morte de Sesé, nai dunha exalumna e dun exalumno do IES Chapela, muller comprometida no seu tempo coa actividade do noso Centro, deixou sen palabras ao alumnado, profesorado, persoal non docente e a calquera persoa que se dea de fronte coa nova aparecida hoxe en todos os xornais. A súa perda deixa unha pegada fonda entre os seus familiares, os seus amigos e amigas e entre toda a comunidade educativa do instituto, quen quixo renderlle no día de hoxe, 21 de febreiro de 2017, a máis sentida homenaxe cun minuto de silencio. As mostras de agarimo do alumnado coas persoas achegadas á vítima que están a estudar no Centro, son un apoio emocional nestes momentos difíciles. Sesé é outra muller máis que engrosa unha xa longa lista de vítimas por violencia machista que non deixa de crecer. Aínda sen palabras, por tocarnos moi de preto estes feitos, alzamos a nosa voz contra a violencia de xénero, unha loita que só imos gañar co compromiso real de toda a sociedade. Paremos as agresións e estaremos no camiño de lograr a igualdade. Contigo na memoria, Sesé.

 

Julián Jario Santos

Esther Mato Méndez

 

21 de febreiro de 2017

 

   

Día internacional da muller e da nena en ciencia

Distribuir contido