Skip to Content

A francofonía é un festival que se celebra todos os anos, co motivo de practicar francés, no que moitos centros de Galicia (polo momento) reúnense para cantar cancións en francés, bailalas, probar comidas francesas, debuxos e escritos en francés (acórdome de cando intercambiábamos as cartas…) e durmir cos outros institutos.

Este ano comezamos o luns cunha acampada no Pavillón de Vilanova de Arousa, onde se reuniron todos os cursos e institutos de moitos centros. Nesa acampada houbo discoteca con moita música (había moito ritmo na pista, incluso algúns institutos tiñan coreografías preparadas) e un cine antes de irse a durmir.

O martes, no Pavillón de Baión, comezou o gran espectáculo. Cancións, bailes, teatro... E todo en francés! Ademais de que contamos con dous presentadores excelentes (aínda que un deles rouboume o banco, pero que se lle vai facer...). As cancións eran do máis variadas, había un pouco de todo: cancións tristes, como Si de Zaz, alegres como Oh, ça ira e outras acompañadas de instrumentos, como a guitarra eléctrica e a acústica.

A partir do mércores, deixáronse uns periódicos nunha mesa do IES A Basella, todos eles en francés. Ata había algúns do tan famoso Charlie Hebdo!

E o venres, para culminar con esta Semana Cultural francesa, fíxose unha degustación de pratos típicos franceses. Que rico estaba o queixo de cabra con marmelada de tomate! Aínda que o que máis destacou foron as famosas crêpes, as galletas e a quiche.

 

Pois isto é todo, se viñestes este ano espero vervos para o seguinte, e os que non viñeran estades invitados!

Este foi un curso produtivo, estamos a piques de rematar todos os nosos proxectos de tecnoloxía e queremos compartilos con todos vós. Esperamos que vos gusten. Premede na seguinte imaxe se queredes velos

Imaxe adaptada co permiso do seu autor: O profesor José Pujol

Aquí vos deixamos unha mostra do que fomos facendo estes dous últimos anos desde a biblioteca: aprendemos, rímos, gozamos... Contavos con vós para o curso próximo.

 

portada

O pasado 24 de abril fomos á Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo a competir con dous printbots “renacuajo”. A competición consistía en dúas probas, unha de rastrexo (seguir unha liña branca sen saírse) e outra de persecución (alcanzar a outros robots nunha circunferencia).

Gustounos tanto a experiencia que xa estamos a idear algunhas variacións nos nosos robots para a participar na próxima edición.

No seguinte vídeo contámosvos todo o proceso de construción e programación dos nosos robots

 

Parabéns ás alumnas Carolina Baúlo, Alicia Gonçalves, María Pérez (equipo MACA) de 2º de bacharelato e aos alumnos Laura Castrelo, Iván Nogueira e Alba Santos (equipo CRIM) de 1º bacharelato, participantes na final nacional do concurso Young Business Talents, e gañadores da súa simulación, polo que obtiveron un premio de 400 euros cada equipo.

YBT é un simulador empresarial online, no que cada equipo ten que xestionar a súa empresa, tomando decisións sobre produción, prezos, recursos humanos, salarios, marketing, publicidade, etc. Trátase dun concurso que se iniciou no mes de novembro, con mais de 7500 alumnos e 458 centros participantes, no que se toman decisións semanalmente e vanse superando etapas, ata chegar á final nacional que tivo lugar no Palacio Duques de Pastrana en Madrid o pasado 24 de abril.

Nesta final compiten os 100 mellores equipos de España (16 deles galegos), dous deles, xunto coa sua profesora Esther Vázquez, representaron ao IES A Basella nesta final, obtendo un gran resultado.

Foi unha gran experiencia, na que botamos de menos ao resto dos equipos da Basella que participaron con tanto entusiasmo no concurso desde o primeiro día, experiencia que nos motiva e ilusiona para que o vindeiro ano o IES A Basella esté representado de novo na final nacional do YBT.

Preme na seguinte imaxe para ver as fotos da competición:

  

 

Queres saber máis sobre o evento? Aquí tés algunhas ligazóns:

  • 350 alumnos se disputan hoy la final de la IV edición nacional de Young Business Talents (Noticia y vídeo Europapress). (Vïdeo 2 Europapress)

logo

O alumnado de 3º e 4º de ESO estivemos en Francia desde o 19 ata o 27 de marzo.  Neses oito días fomos quen de visitar Burdeos, a Torre Eiffel, o museo do Louvre, Nôtre-Dame, Montmatre, Disneyland, le Futuroscope… E unha longa lista de etcétera…
As testemuñas desta magnífica viaxe e o ben que nolo pasamos son as fotos que vos ensinamos a continuación. Esperemos que vos gusten!

Premede na seguinte foto para ver o álbum:

 

Queredes ver unha reportaxe fotográfica do que fixemos no instituto o día do libro? Premede na seguinte imaxe:

 

Dia do libro

Dende aquí deseamoslle a Jose Antonio Vázquez Millán (2º Bach) e Belén Paz Allo (1º Bach) moitos parabéns por conseguir o 1º e 3º premio (compartido co 4ª finalista), no Concurso de microrrelatos convocado por Amnistía Internacional co lema "O meu corpo, os meus dereitos". Moi pronto poderemos ler os seus microrrelatos na nosa revista
 
Gañadores
 
 
Se queredes ver máis fotos do acto de entrega, preme na seguintr ligazón: Acto de entrega

15/03/2015

Temos unha nova sección na páxina web. Inauguramos esta nova sección felicitando aos nosos alumnos Cibrán Leal Fernández (3º ESO A) e Lucas Abal Cores (2º Bach A) polos seus logros en natación e xadrez respectivamente.

 

natacion   

Distribuir contido


by Dr. Radut