2020-2021

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: Superniños

                                                      

20 DE NOVEMBRO: CONMEMORACIÓN DO DÍA DA INFANCIA

Como cada ano o 20 de novembro celebramos o Día da Infancia nas nosas escolas. O Día Universal da Infancia celébrase cada 20 de novembro en conmemoración da Declaración dos Dereitos das Crianzas en 1959.

Este ano as nenas e nenos da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro conmemorárono dun xeito moi especial:

 

                             

 

Recrearon na súa escola un campamento sahahuí. As crianzas dos campamentos de refuxiados en Auserd e as crianzas da escola Rosalía de Castro en Taragoña separadas pola distancia xeográfica e polas desiguais condicións de vida pero unidas polo desexo e reivindicación do recoñecemento efectivo dos dereitos das crianzas.

                   

4ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: BOTÁNICOS POR UN DÍA

Esta semana no club de ciencia falamos dos distintos tipos de vexetais: árbores, arbustos e herbas. aprendemos sobre a plantas e sobre as diferencias coas algas que hai no mar.

              

Investigamos as partes dunha planta e a súa flor, soubemos como fan para reproducirse, como se transporta o pole e como entra na flor!! E ademais descubrimos, como bos botánicos, que dentro das plantas hai agochadas máis cores que as que nós vemos! Fixemos un experimento coas cores dunha folla verde e apareceu cor amarela que os nosos ollos non estaban a ver!!

                               

 

Puidemos experimentar grazas a unha floristería  que nos facilitou as plantas , así que moitas grazas ás persoas que colaboran con nós!

Ata a próxima!

 

 

DÍA DA INFANCIA

Crianzas dos Campamentos de refuxuiad@s saharahuís en Auserd (Tindouf, Alxeria)
e crianzas da Escola Rosalía de Castro
separadas pola distancia xeográfica e polas desiguais condicións de vida pero
unidas polo desexo e a reivindicación do recoñecemento efectivo dos
Dereitos das Crianzas
independientemente da raza, cor, sexo, relixión, orixe nacional, étnica ou social
ou calquera outra condición das nenas e nenos ou das súas familias .

25-N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

TÓDOLOS DÍAS DO ANO TEMOS O DEBER DE COMBATER CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA, PERO CADA 25 DE NOVEMBRO SENTIMOS A OBRIGA DE BERRAR, CON MAIOR INTENSIDADE SE É POSIBLE, CONTRA A VIOLENCIA EXERCIDA CARA AS MULLERES.

ESTE TIPO DE VIOLENCIA EXPRESA RELACIÓNS DE DESIGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES ATENTANDO, POLO TANTO, CONTRA OS DEREITOS HUMANOS.

 

 

 NA ESCOLA DE CRUCEIRO CONMEMORAMOS ESTA DATA CUNHA INSTALACIÓN DE ARTE COMUNITARIA ELABORADA COA PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA.

TECEMOS UNHA GRAN ARAÑEIRA NO PATIO E DELA PENDURAMOS O NOSO NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DAS PEGADAS DAS NOSAS MANS.

 

ADEMAIS ESTA INSTALACIÓN TAMÉN PROVOCA DIVERTIDOS MOMENTOS DE XOGO... EN PAZ E CALMA.

CIENCIA NA ESCOLA: NEVE ARTIFICIAL EN PAZO PRIMARIA

             

Os nosos compañeiros de Pazo Primaria tamén se animaron a crear neve artificial partindo dun cueiro, experimento que aprendimos na segunda sesión do club de ciencia.

Ao igual que en Rañó o experimento foi todo un éxito! Noraboa aos científicos e científica de Pazo Primaria!

3ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: DETECTIVES DE ALIMENTOS

Esta semana na terceira sesión do Club de Ciencia, convertémonos en "Detectives de Alimentos". Investigamos sobre a composición dos alimentos envasados que podemos atopar en calquera supermercado, e descubrimos moitas cousas. Sabías que as salchichas e o fiambre, por exemplo, levan fécula de patata?? A que non o sabías? Pois agora xa o sabes cando vamos á compra hai que ler ben as etiquetas para saber realmente o que estamos a comer.

             

Fixemos un experimento para saber que alimentos do súper conteñen almidón: unha substancia de reversa vexetal.Traballamos con pan, queixo raiado, xamón cocido, paliños de cangrexo, salchichas... e fixemos unha proba química con estes alimentos, quedámonos alucinados ao comprobar cantas cousas levan almidón!

Ata á próxima!

Distribuir contido