Escola de Pazo

A FERMENTACIÓN

DESPOIS DE FACER O ZUME DE UVA,

DEIXÁMOLO REPOUSAR E OBSERVAMOS

QUE FORMABA BURBULLAS:

ESTABA FERMENTANDO .

PARA ENTENDER COMO SE PRODUCE A FERMENTACIÓN

FIXEMOS ESTE EXPERIMENTO

 

 

 

DISOLVEMOS AZÚCRE E LEVADURA EN AUGA QUENTE .

AS LEVADURAS (QUE SON UNS MICROORGANISMOS)

REACCIONAN COS AZÚCARES E PRODUCEN UN GAS (DIÓXIDO DE CARBONO)

ESTE GAS OCUPA UN ESPACIO

QUE AO NON CABER NA BOTELLA

INFLA O GLOBO.

O MESMO OCURRE COS AZÚCARES DAS UVAS 

CANDO RECCIONAN COAS LEVADURAS PRESENTES NA SÚA PEL.

A VENDIMIA

A VENDIMIA

HUGO TROUXONOS UVAS DA VENDIMIA DA SÚA CASA.

TRABALLAMOS OS SENTIDOS :

TOCÁMOLAS, ARRECENDÉMOLAS, OBSERVÁMOLAS,

E SABOREÁMOLAS.

DESPOIS ESMAGÁMOLAS PARA OBTER O ZUME

E PESÁMOLO ANTES DE BEBELO..

E DEIXAMOS UN POUCO PARA VER COMO FERMENTABA.

   

  

 

 

 

 

 

 

H,AMSTER RUSO

 

 

ESTE HÁMSTER E A MASCOTA DE DIEGO.

E UN HÁMSTER RUSO.

E UN MAMÍFERO QUE NACE DESPOIS DE 18 DÍAS DE XESTACIÓN 

 AS CRIAS CARECEN DE PELO E TEÑEN AS ORELLAS E OS OLLOS PECHADOS

 MAMAN DURANTE UNS DÍAS E DESPOIS XA COMEZAN A ALIMENTARSE CON SEMENTES

OU ALGÚN INSECTO.

 

    

SON MÁIS ACTIVOS EN HORAS NOCTURNAS PERMANECENDO DORMIDOS 

DURANTE BOA PARTE DO DÍA.

VIVEN ENTRE UN ANO E MEDIO OU DOUS ANOS 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE, OS NENOS E NENAS DO NOSO CRA VIÑEMOS Á BIBLIOTECA DE DANIEL A CELEBRAR O 8 DE MARZO,

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O PROFE MARTÍN TIÑANOS PREPARADA UNHA ESTUPENDA SESIÓN DE MÚSICA ONDE,

ENTRE OUTRAS COUSAS, CANTAMOS A CANCIÓN "E TI, SÓ TI"

LOGO; AS MAMÁS DA ANPA ORGANIZARON UNHA ACTIVIDADE ADICADA

A DIFERENTES MULLERES RIANXEIRAS.

E, XA, NA BIBLIOTECA DE DANIEL ESCOITAMOS "CHOCOLATA" E FIXEMOS

UN CHAVEIROS MOI CHULOS.

MOITAS GRAZAS A TODOS/-AS OS QUE FIXESTES POSIBLE ESTA MARABILLOSA MAÑÁ!!!

(Martín; á nosa ANPA, a Irene e a Laura; a Antía e a Pablo)

VISITAMOS O MUSEO DE HISTORIA NATURAL

HOXE VISITAMOS O MUSEO DE HISTORIA NATURAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

AÍ VAI UN RESUMO DA MAÑÁ:

LAGARTOS

ESTES LAGARTOS VIMOLOS NA NOSA ESCOLA FAI UNS DÍAS.

 

OS LAGARTOS SON ANIMAIS DE SANGUE FRÍA E,

NECESITAN POÑERSE AO SOL PARA PODER MOVERSE ,

POR ISO OS VEMOS NA PRIMAVERA E NO VERÁN .

COMEN INSECTOS E ARAÑAS. 

TEÑEN 4 PATAS E UNHA COLA QUE, CANDO A PERDEN PODENA REXENERAR.

REPRODUCENSE POR OVOS (OVÍPAROS) PERO

HAI ALGUNHA ESPECIE QUE OS CONSERVA DENTRO

E DESPOIS PAREN AS CRÍAS (OVOVÍPAROS).

ENTROIDO EN QUINTÁNS!

HOXE CELEBRAMOS O ENTROIDO NA ESCOLA DE QUINTÁNS.

CANTAMOS, BAILAMOS, PREPARÁMONOS PARA O PASARRÚAS...

DÉRONNOS ORELLAS, FILLOAS, GALLETAS...TODO RIQUÍSIMO!!

 

E LOGO VOLTAMOS A DEGUSTAR A NOSA MERENDA E O CHOCOLATE QUENTIÑO

QUE NOS TIÑAN PREPARADO AS FAMILIAS DE QUINTÁNS.

PASÁMOLO XENIAL, MOITAS GRAZAS!!

ENTROIDO, 2019

 

TORIBIO, 2019

UN ANO MÁIS O TORIBIO CHEGA PARA MARCAR O INICIO DO ENTROIDO

E TRAE AS SÚAS ENCOMENDAS MOI BEN PENSADAS:

UN BIGOTE PINTADO, ALGO NO PESCOZO, UNHA LAZADA NO CU, E ALGO NA CABEZA...

E AQUÍ ESTAMOS O XOVES COA INDUMENTARIA AO COMPLETO!

DÍA DE ROSALÍA, 2019

PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA LEVAMOS PARA AS NOSAS CASAS UN CARAVEL VERMELLO

E UN LIBRO CON ALGÚNS DOS SEUS POEMAS.

PLANTAMOS NO MONTE DO PLEITO

DA MAN DE VOZ NATURA E DO COLECTIVO FOUSAS AO MONTE FOMOS PLANTAR

CARBALLOS E FREIXOS AO MONTE DO PLEITO A TARAGOÑA. ANTES FOI USADO COMO UN VERTEDOIRO,

AGORA OS NENOS E NENAS DO CRA DEIXAMOS UNHA BONITA PLANTACIÓN.

 

LOGO MERENDAMOS E XOGAMOS INVITADOS POLAS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS

DA ESCOLA DE CRUCEIRO-ROSALÍA DE CASTRO.

E XA, BEN CANSADIÑOS LOGO DUNHA INTENSA MAÑÁ, VOLTAMOS PARA A CASA.

Distribuir contido