Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

CIENCIA NA ESCOLA: BENVIDOS E BENVIDAS AO RECANTO CIENTÍFICO DA BIBLIOTECA DE DANIEL

Con moito esforzo dende o Club de Ciencia fumos quen de crear o recanto científico na biblioteca do centro antes de rematar este curso 2020-2021. Deixamos preparado este espazo de cara ao curso que ven co obxectivo de crear unha maleta científica viaxeira que rote polas nosas escolas a partires do inicio do vindeiro curso para implementar a experiencia científica nas nosas aulas.

   

Iniciamos así esta nova aventura que se le levará a cabo nas nosas escolas a partires do curso que ven. Dotaremos a maleta viaxeira con todo este material para que os nosos nenos e nenas poidan achegarse ao mundo da ciencia tal e como corresponde ás súas idades a través da hipótese, da manipulación, da experimentación e da observación. Contamos con microscopios dixitais, placas de petri, probeta graduada, tubos de ensaio, pinzas, lupas, manga para insectos, brúxulas, prisma óptico..... e bibliografía que lles permitirá levar a cabo un sin fin de experimentos que den resposta as súas inquietudes científicas e esperten neles a cusiosidade polo mundo da ciencia.

      

Xa vos iremos contando como nos vai con esta nova experiencia. Mentres tanto dende o Club de Ciencia desexámosvos un feliz verán ! Vémonos o curso que ven!! Bicos!!

CIENCIA NA ESCOLA: EQUIPOS DE OBSERVACIÓN E EXPERIMENTACIÓN CIENTÍFICA

Despois dun arduo traballo conseguimos poñer en marcha nas nosas escolas os Equipos de Observación e Experimentación Científica. Presentamos os equipos ao noso alumnado como un agasallo do Club de Ciencia e da Biblioteca de Daniel para implementar a experimentación científica dentro das aulas:

      

Fixemos un repaso do material científico co que van contar as nosas aulas a partires de agora para poder experimentar e observar aproveitando o contacto coa natureza que ofrecen os nosos espazos exteriores:

     

Nestes días de xuño que nos restan para rematar o curso o obxectivo é ter un primeiro contacto con este material novedoso que funcionará plenamente a partires do vindeiro curso 2021-2022:

      

Os equipos tiveron unha moi boa acollida por parte dos nosos pequenos científicos e científicas. Esperamos continuar con esta aventura o vindeiro curso:

      

Bo verán a todos e todas! Vémonos en setembro!

SESIÓN DE CLAUSURA DO CLUB DE CIENCIA CURSO 2020-2021

O mércores 26 de maio tivo lugar a derradeira sesión do club de ciencia deste curso 2020-2021. Como non podía ser doutra forma, María e David quixeron poñer o broche a este curso traéndonos un montón de cousas para realizar varios experimentos que nos deixasen un bo sabor de boca e o que nos deixaron foi coa boca aberta! jajaja. Moitas grazas chicos! 

 

          

Todas e todos nós estivemos encantados de participar no club polo que esperamos poder continuar o vindeiro curso. Como despedida fixemos un experimento espectacular que nos encanta....lume!!!

              

 

Isto foi todo por este ano, pero para o curso que ven que saibades que será máis e mellor!! Queríamos dar as grazas a todo o alumnado que participou tanto dende as aulas como asistindo ás sesións do club, grazas pola acollida e a participación porque sin vós este proxecto non tería sentido. Desexámosvos que teñedes un fantástico verán!! Mil bicos!! Ata o curso que ven!!

21ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: "PULPINI"

Nesta sesión do club de ciencia coñecemos a historia de Pulpini, o polbo que non quería ser polbo pero que ao final descubreu que podía facer maxia. A través deste conto coñecemos moitas características destes curiosos animais mariños:

       

E igual ca el nós tamén fixemos un pouco de maxia.... Debuxamos o noso animal mariño cunha tinta moi especial: tinta de cefalópodo!!!

       

Foi moi divertido pintar con esta material tan asombroso! A verdade e que os debuxos nos saíron moi ben! Ata a próxima!

20ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: IMÁNS E ELECTRICIDADE

Na sesión do club de ciencia desta semana aprendemos sobre os imáns e a electricidade, puidemos experimentar e manipular un montón de cousas chulas!! Comprobamos como os imáns se poden atraer ou repeler...e que os hai de máis e menos "forza".

       

Tamén aprendemos un montón sobre electricidade, fixemos un circuito eléctrico e foi xenial observar como colocando os cables correctamente á pila e á bombilla... facíase a luz!!

        

Pasámolo súper ben! Ata a próxima!

19ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: CONSTRUIMOS

Nesta sesión do noso club de ciencia traballamos con bloques de construcción para poñer a proba a nosa imaxinación!

        

Fixemos retos a través dos que, cun tempo limitado; construimos diferentes formas seguindo as normas marcadas por María e David.

     

 

Como sempre pasámolo moi ben e entrenamos moito a nosa mente! Ata a próxima!

 

18ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: COÑECEMOS A NOSA CONTORNA

Esta semana no club de ciencia convertímonos en biólogos e botánicos para coñecer a fauna e a flora da nosa contorna.

        

Aprendemos moitas cousas sobre os animais e as plantas que viven e crecen nos montes e nos entornos naturais de Rianxo a través de xogos, láminas e mostras.

    

Pasámolo moi ben e aprendimos un montón sobre a biodiversidade da nosa terra. Ata á próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: PROXECTO VERMES DE SEDA

Ao longo dos últimos meses en tres das nosas aulas estase a desenvolver un proxecto científico común. Os nosos compañeiros e compañeiras das escolas de Quintáns, Pazo e Rosalía de Castro de Cruceiro están traballando nas súas aulas un proxecto sobre a evolución dos vermes de seda, dende que nacen dos seus ovos ata que se converten en bolboretas.

              

Os nosos compañeiros e compañeiras están moi pendentes dos seus vermes: xa que hai que alimentalos e coidalos. Tamén hai que observalos para documentar a evolución dun xeito científico. A través desta observación descubriron moitas cousas: que cando estan en estado de eiruga, os vermes de seda son supervoraces, comen moitísimo e crecen moi rápido, encántanlles as follas do moreira!! Logo tamén descubriron que para pasar ao estado de bolboreta elaboran os seus propios casulos onde permanecen durante un par de semanas para saír convertidos en bolboretas brancas.

              

Encántanos o voso proxecto compañeiras e compañeiros, noraboa! Seguide investigando!

 

 

17ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: AZUCRE E REFRESCOS

Esta semana no noso club de ciencia falamos dos refrescos e do azucre. Empezamos falando dos distintos tipos de azucre que hai, moreno, blanco, que é o azucre refinado?... Aprendemos que alimentos teñen azucre beneficioso para o noso corpo (porque o azucre como outros alimentos é necesario para o noso corpo e o noso desenvolvemento) e cales conteñen azucre que non nos aporta nada e que non deberíamos consumir de xeito habitual. Entre os alimentos deste último grupo destacan os refrescos. Así que experimentamos cos refrescos e cos seus compoñentes para descubrir por exemplo como se consiguen as burbullas que nos fan cóxegas e nos gustan tanto cando os bebemos.

            

Fixemos tamén un experimento de quentar un refresco de cola nunha sartén e descubrimos que a auga se evapora e o que queda é unha pasta de cor negra... todo o azucre da lata de refescro!!! Descubrimos que cada lata de refresco contén uns 35 gramos de azucre o equivalente a seis azucriños dos que poñen nas cafeterías cando se pide un café. Entón cando bebemos un refresco tomamos o mesmo azucre que si nos tomaramos 6 cafés!!!

     

Así que xa sabedes compañeiros e compañeiras ollo cos refrescos! Ata a próxima!

16ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: XOGANDO CON OVOS

Na sesión de onte do noso club de ciencia aprendemos a facernos preguntas sobre algo do que pensabamos que xa o sabíamos todo: o ovo! Por que os ovos son ovalados e non redondos? Somos quen de facelos xirar? Que foi antes o ovo ou a galiña?

      

Fixemos experimentos a través dos cales descubrimos que podemos facer xirar un ovo pero só si está cocido! Si está cru non!! E que si metemos un ovo nun vaso de auga afúndese, pero se á auga lle votamos sal o ovo flota!

      

Tamén aprendimos que dentro do mar poderíamos coller a mamá ou a papá ao colo porque ao flotar pesan menos e poderíamos con eles!

Pasámolo moi ben xogando con ovos. Ata á próxima!

Distribuir contido