2016-2017
Maxia ou ciencia
CIENCIA OU MAXIA
Mercores 31 de xaneiro
Hoxe comezaron as actividades do Clube de Ciencia Nautilus. Despois da visita de David e de María polas escolas do C.R.A. a semana pasada, hoxe comezamos a experimentar no Clube. Están inscritas no Clube 34 nenas e nenos, polo que María e Tobías lle explicaron ás familias que para que o Clube sexa auténticamente científico hai que facer dous grupos, pois tantos nenos e nenas non poden traballar ben no laboratorio.
Hoxe fixemos experimentos científicos que semellaban maxia, foron increibles, aquí podedes ver algunhas fotos e mirar vos se son cousas de ciencia ou de maxia:
IMAXES DE CIENCIA OU DE MAXIA
Un experimento con xeo seco, así se chamaba? | David será capaz de encender a vela a distancia? |
Rebotará mais o balón ou a pelota? | Dentro do tubo hai levaduras. Que son? Porque sube o que hai dentro do tubo?? |
Porque non caerá o bote de refresco? | Quimarase a man de David? e que pasará se achegamos o globo ao lume? |
Que lle pasaba aos tubiños de papel cando ardían. | Seguirá medrando a burburulla aínda? |
- APIs de Blogue
Listado dos vales concedidos para as axudas de libros de texto e material escolar
Están dispoñibles os vales correspondentes ao programa de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Primaria.
Poden recollerse na sede do C.R.A. os días 10, 11 e 12 de xullo entre as 11:00 e as 13:00.
Rianxo, 7 de xullo de 2017
O equipo directivo
- APIs de Blogue
XUNTANZA DE FIN DE CURSO
XUNTANZA DE FIN DE CURSO
23 DE XUÑO - ESCOLA DE CAPELA
9:00 Saída das escolas
9:30 Saúdos e presentacións
9:45 Os Quinquilláns “Por que é salgada a auga do mar?”
10:45 Visita á exposición
Xogos, cedidos por ARENARIA
Obradoiros:
- Herbas de San Xoán, Noel Montero Outeiral
- Pompas de Xabón: Irene Ordóñez Rial
- Maquillaxes: Cristina Rey Fernández
- Globoflexia: Cristina Ordóñez Cespón
11:45 Merenda e xogo libre
12:30 Despedida
- APIs de Blogue
FIN DE CURSO 2017
Xuntanza de fin de curso , Escola de Capela
- APIs de Blogue
- Calendario
Tardes con Daniel
Este martes 20 de xuño a nosa biblioteca abre as súas portas por derradeira vez neste curso 2016- 21017, no seu horario habitual de 16:00- 18:00 horas.
A profe Vero de Abuín vainos contar "Non quero ser un polbo". Con este contacontos rematamos as actividades de biblioteca dos martes. Daniel deséxavos que pasedes un feliz verán lector e espera que o curso que ven sigades vindo todos os martes á nosa biblioteca para gozar de tardes estupendas na compaña dos libros.
Boas vacacións!
- APIs de Blogue
VESTIDA DE ALGAS
COMA FIXERA MARUXA NA ILLA DE PASCUA COA AXUDA DE NERUDA,
TAMÉN NÓS NA ILLA DE CORTEGADA ENGALANAMOS O NOSO CORPO COAS ALGAS MARIÑAS
|
- APIs de Blogue
A SORPRESA DO TRIGO
COA SORPRESA DO TRIGO CELEBRAMOS O CANTO DE PAN E LIBERDADE DAS MULLERES.
- APIs de Blogue
MÁSCARAS CHEAS DE VIDA
CHEAS DE VIDA. ASÍ SE VIRON AS MÁSCARAS DE MARUXA MALLO POR TERRAS DE TARAGOÑA E LEIRO...
- APIs de Blogue
MÁSCARAS (CON SENTIMENTOS)
COAS MÁSCARAS, UNHA SORRINTE, A OUTRA TISTRE,
RECOÑECEMOS AS NOSAS EMOCIÓNS E AS SÚAS LINGUAXES.
- APIs de Blogue