2021-2022

Actividades desenvoltas ao longo do curso escolar 2021/2022.

XOVES NEGROS NO CRA

Ante o momento de incertidume e preocupación que estamos vivindo toda a comundidade educativa do CRA polas medidas de supresión adoptadas por parte da Consellería, unha das accións que decidimos levar a cabo consistirá en asistir ao cole durante todos os xoves do curso vestidos/as con roupa negra ou escura como acto simbólico, e que imos chamar "OS XOVES NEGROS".

Animamosvos a todos/as a participar!

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2021/2022

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso!

As actividades lectivas comezarán o Xoves 9 de setembro de 2021 e rematarán o 22 de Xuño de 2022.

Un agarimoso saúdo a toda a comunidade educativa.

PROTOCOLO COVID

Este curso 2021-2022 é diferente e comeza con novos retos aos que debemos afrontarnos.

Para iso elaboramos un plan de adaptación ao contexto COVID onde se recollen as medidas de seguridade e hixiene que se levarán a cabo, con todos os seus anexos.

Tamén debemos ter presente que facer ante un posible gromo, plasmado todo no plan de continxencia do CRA de Rianxo.

E para volver á escola de maneira máis segura, deixamos un tríptico coas normas COVID.

Distribuir contido