2021-2022

Actividades desenvoltas ao longo do curso escolar 2021/2022.

CANDELORIA 2022

 

 

 

 

A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. É a festa da luz, consiste  na bendición  das candeas que despois serán utilizadas na celebración da Semana Santa. Neste día, o crego vendí as candeas que a xente mantén acesas durante a misa e que logo levan para a casa, o nome de Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa coas candeas bendicidas.

 

É unha celebración moi especial que se entremezcla coas tradicións populares. En Galiza  a Candeloria significaba o final do inverno e o comezo do ano agrícola. De modo que a candea que se acendía en cada lar para conmemorar esta data simbolizaba o regreso da luz. O seu significado propiciatorio foi recoñecido en toda a Cristiandade Occidental, e as candeas que os devotos levaban á igrexa para que as bendecira o sacerdote na misa dese día, considerábase que adquirían poderes sobrenaturais para afastar aos malos espíritos, ás treboadas e tamén para axudar a calquera nun trance difícil.

 

Por todos este motivos a linguaxe popular galega ten moitos ditos e refráns relacionados coa festa da Virxe da Candeloria, como por exemplo:

 

Algúns referidos á climatoloxía:

 

“Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.  

 

 

Algúns referidos ao comezo da primavera, como o día en que se casan os paxariños:

 

 “A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”.

 

E algúns referidos ao encantamento das cobras, xa que nalgunhas comarcas se cría que invocando o poder da Virxe podíase manter lonxe dos campos calquera tipo de serpe:

 

“Santa Candeloria me ampare esta cobra”

 

De todo isto falamos na clase de Reli onde nos gusta aprender sobre as nosas crenzas e tradicións. E fixemos estes traballiños:

 

   

 

Feliz día da Candeloria 2022. 

DÍA DA PAZ 2022: ORIXES DA POMBA COMO SÍMBOLO DA PAZ

A POMBA, SÍMBOLO DA PAZ

O concepto de Paz  é un tema fundamental dentro dos valores cristiáns, é un dos máis importantes. Según nos contan os Evanxeos é un concepto que utilizaba Xesús constantemente incluso cando saudaba ou se despedía adoitaba decir: "Que a paz sexa convosco". Na Declaración dos Dereitos Humanos aparece recollido como un dereito fundamental , todas as persoas teñen o dereito a vivir en paz.

A pomba foi considerada dende moi antigo como un símbolo de paz e entendemento entre as persoas. No século XX despois das guerras mundiais que sufriu o mundo difundiuse o debuxo da pomba branca como Símbolo Universal da Paz.

No ano 1949 o xenial pintor español Pablo Picasso debuxou unha pomba para o Congreso Internacional da Paz celebrado en París. Posteriormente Picasso creou unha colección da grabados con este símbolo, que provocou que outros artistas o  popularizaran e se convertera nun símbolo da paz a nivel mundial:

        

                                                                                                   PABLO PICASSO                                              POMBA DA PAZ, CONGRESO DE PARÍS 1949

A continuación mostramos algúns dos grabados  da Pomba da Paz máis populares de Picasso:

                              

Pero cal é a orixe deste símbolo?

A pomba é Símbolo de Paz dende os tempos da "Arca de Noé", a historia do diluvio universal recóllese en moitas culturas antigas. Na tradición xudeu-cristiá aparece nos primeiros relatos da Biblia que contan que despois do gran diluvio, Noé mandou unha pomba para que, a través dela, se puidera coñecer en que condicións estaba a Terra despois do terrible suceso que os obrigara a encerrarse na Arca. A pomba regresou portando unha ramiña de oliveira no piteiro, signo de que as augas se estaban retirando e de que xa había árbores que non estaban cubertas pola auga, polo tanto podían abandonar a Arca para voltar a vivir en terra firme. A pomba anunciaba que o perigo desaparecera e que Deus voltaba a estar en paz coa humanidade. E moi común ver o símbolo da Pomba da Paz nas ilustracións dos relatos da  Arca de Noé como a que vemos a continuación:

Picaso inspirouse nestas historias para crear a Pomba da Paz como símbolo, na actualidade vai máis alá de calquera cultura, raza ou relixión, e ven sendo o símbolo da paz máis coñecido universalmente.

Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o Día mundial da Paz ,os nenos e nenas de Relixón do CRA para conmemorar este día decidimos, ao igual que Pablo Picasso, facer as nosas pombas da paz.

       

 

CIENCIA NA ESCOLA: VULCANÓLOGOS EN CAPELA PRIMARIA

@s nos@s compañeir@s da Escola de Capela, ao igual que na Escola de Rosalía fixeron unha investigación sobre os volcáns. Ao longo do primeiro trimestre os medios de comunicación informábannos a diario da erupción do volcán Cumbre Vella na Illa da Palma. Esta información despertou tanto a curiosidade d@s nos@s nen@s por este fenómeno como a súa preocupación pola ola de destrución que creou na illa. 

Dende a escola de Capela levaron a cabo unha investigación científica para coñecer e comprender mellor este fenómeno:

    

Expresaron as súas dúbidas e inquedanzas, consultaron diversos manuais científicos, aprenderon por que se produce unha erupción, cales son as partes dos volcáns, coñeceron as principais illas volcánicas e aprenderon que é a colada da que tanto falaban na tele, entre outras cousas.

      

Para rematar a investigación puideron observar, manipular e ulir distintas pedras de orixe volcánica e  cinza de volcán.

Este proxecto culminou nunha iniciativa solidaria que están levando a cabo dende a escola para recadar fondos para todas as familias dannificadas pola erupción do volcán da Palma que perderon a súas casas e a súa forma de vida.

Moita sorte compañeir@s! 

7ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: VOLCÁNS, APRENDEMOS SOBRE ELES.

Despois do sucedido na Illa da Palma coa erupción do volcán Cumbre Vella, no club de ciencia adicámoslle unha sesión a coñecer este fenómeno natural tan espectacular e así, responder as inquedanzas do noso alumnado. Completamos a nosa investigación cunha maqueta dun volcán. A través dun experimento químico conseguimos que entrara en erupción!!

         

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas sobre os volcáns, convertindonos en vulcanólogos por un día. Sabíades que existen volcáns submariños que erupcionan no fondo dos océanos e que estas erupcións poden dar lugar  a tsunamis??

    

Ata á próxima!

 

CIENCIA NA ESCOLA 21-22: ESTUDANDO OS VOLCÁNS, ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO DE CRUCEIRO.

@s nos@s compañeir@s da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro fixeron unha investigación sobre os volcáns. Ao longo do primeiro trimestre nos medios de comunicación falábase constantemente da erupción do volcán Cumbre Vella da Illa da Palma, despertando a curiosidade das nosas crianzas por este fenómeno da natureza.

Dende a escola de Rosalía fixeron unha investigación dende o punto de vista científico para coñecer e comprender mellor este fenómeno: buscaron información por internet, consultaron libros, observaron fotografías e vídeos... a través dos que aprenderon moitas cousas!

       

Para rematar o proxecto construiron un volcán, fixeron un experimento e... conseguiron que o seu volcán entrase en erupción!!

   

Guau!! Noraboa polo voso traballo compañeir@s!

6ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 21-22: INVENTAMOS ANIMAIS E OS SEUS HÁBITOS DE VIDA.

Hoxe no club seguimos investigando a cerca dos animais e os seus hábitos de vida. Xogamos a inventarnos a vida dun animal, cómo se desenvolvería no seu hábitat, como se relacionaría co medio e con outros animais, o seu crecemento....

      

Pasámolo moi ben coñecendo a vida dos animais, neste caso do entorno mariño. María e David trouxéronnos unha sorpresa:un exemplar moi especial que puidemos observar de preto e manipular.

   

 Ata a próxima!

5ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 21-22: QUEN COME A QUEN? CADEAS TRÓFICAS

Esta semana no club de ciencia traballamos e investigamos sobre os hábitos de alimentación dos animais que conviven nun mesmo ecosistema.

              

 

Si, si e aprendemos moitas cousas....sabíades que dentro dun ecosistema cada ser vivo ten unha función? E que unha soa alteración dentro dese ecosistema pode desembocar na súa desaparición? Aprendemos tamén a recoñecer aos animais según as súas características alimentarias.

Ata a semana que ven!

 

Sesión formativa sobre AULAS MULTIGRADO

 

Seguimos dando a coñecer o noso proxecto de aula multigrado. Nesta ocasión un grupo de mestras que están a preparar a oposición, achegaronse ao CRA para coñecer de primeira  man a realidade deste tipo de aulas.

Grazas e sorte!

24 de Xaneiro de 2022: Día Internacional da Educación

"A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva" UNESCO

CIENCIA NA ESCOLA 21-22: ESTUDANDO AS OSTRAS NA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO DE CRUCEIRO

Nas nosas escolas se está desenvolvendo o proxecto de oceanografía polo que estamos traballando en base ao método científico, investigando, observando e aprendendo moitísimas cousas sobre o mar, os océanos e os seu habitantes. @s nos@s compañeir@s da escola de Rosalía de Cruceiro, fixeron unha investigación sobre as ostras.

    

Aínda que así a primeira vista nos poda parecer unha pedra, trátase dun ser vivo que habita no mar. É un animal que pertence ao grupo dos moluscos bivalvos parente do mexilón e das vieiras.

  

@snos@s compañeir@s da Escola de Rosalía fixeron unha investigación sobre este animal mariño, noraboa polo vos traballo compañeiros!

 

Distribuir contido